Posted in 2º English, English, Pets Trailers

DAY 10: 13/05/2020

Hello kids! How are you? Voltamos outra vez con máis English para que non vos aburrades nin un pouquiño sequera. Así que remangádevos e vamos alá…

ACTIVITY 1: Calendar (coma sempre continuamos co calendario, xa sabedes, unha vez á semana facédelle casiño e escoitade e repetide os sete días da semana, os doce meses do ano, os trinta e un días do mes, Ánimo!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (hoxe non vos vou poñer o vocabulario de sempre, póñovos un xogo para praticalo, que a estas alturas saberedes os animalejos de memoria seguro. Pronto cambiaremos de temática para que non se nos faga tan rutinario).

ACTIVITY 3: Activity Book (open the WHITE and BLUE book on page 44; abride o libro Branco e azul na páxina 16. Vamos alá con estas actividades, explícovos: no exercicio 6 tedes que mirar os debuxos e completar coma no exemplo coa mesma pregunta “Has…got a…?” que significa “ten”. No exemplo pón “Has Mary got a fish?” e quere dicir “Ten Mary un peixe?” Miramos o debuxo e xa vexo que mary non ten un FISH, ten unha TURTLE asique coloreo a resposta de abaixo que pón “No, she hasn’t” que significa que non o ten. E facemos así con todas. No exercicio 7 miramos o nome dos nenos e nenas dos debuxos e hai que poñelos a según que mascotas teñen. Por exemplo o que di “I’m John” ten un LIZARD asique busco unha frase que poña ese animal e escríbolle o nome de John ao principio porque é el o que o ten e así con todos. Calquera dúbida preguntádeme por correo que vos respondo sen problema, porque é moi difícil traballar a parte de gramática sen poder velos e velas.)

ACTIVITY BOOK – PAGE 16 (non é para imprimir, é para que vexades que páxina é)

ACTIVITY 4: Just Dance (e como ben di o nome deste xogo, “só baila”. E iso é o que vos pido aquí! Como estamos coa temática de animais e o voso profe David é super guai e xa vos dou caña cos bailes eu vouvos poñer outro tamén. Pero con algunha que outra condición, porque resulta que este xogo é tan divertido que ata ten as letras das canción, e eu que son moito de escoitar e aprender pois vouvos pedir que vos aprendades a letra faciliña desta canción (xa vos aviso que hai unha parte en húngaro que lógicamente non fai falla que vos saibades pero a de inglés siiii) que vai sobre un “BEAR” ou o que é o mesmo, un oso. Seguro que xa vos soa, asique veña, collede todo o tempo que precisedes para aprendela pero cando saibades o baile e a letra mandádeme o vídeo que teño moita gana de vervos!! coma sempre, sabedes que vivo neste correo: showandtext@gmail.com)

FINISH! Esta semana finiquitada, e unha menos queda para poder voltar a estar todos xuntiños. Espero ter noticias vosas e que estedes a xogar tanto ou máis que do que estrades traballando. Por certo, se esa canción non vos gusta será pola morea de elas que hai, en VIDEOS – Just Dance no blog tedes unha recopilación que vos escollín por se vos apetece, algunha igual vos soa a Nadal e todo. Vós escollede unha e mandarme video de como a cantades e a bailades.

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Author:

Sandra es la autora del blog "showandtext", o lo que es lo mismo, la innovadora idea del "enseña y cuenta" de toda la vida: "enseña y chatea". Aquí podréis encontrar diversas actividades o juegos, dependiendo del nivel de los alumnos y alumnas, para repasar, practicar o revisar algunos de los contenidos adquiridos en el aula. Los niños y niñas aprenderán a ser autónomos en su búsqueda del conocimiento, al mismo tiempo que se dedica una parte a los y las "teachers" (teachers' corner) donde encontrarán propuestas, recursos y DIY (do it yourself) materiales para aplicar diariamente.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s