Posted in 2º English

DAY 19: 17/06/2020

Hello there! How are you today? Último día de traballo, non nos queda nada e así despedímonos deste curso tan raro e tan complicadillo para todos. Asique primeiro e antes de nada quería darvos un aplauso moi forte para todos e cada un/unha de vós porque o tedes máis que gañado e merecido e tamén un aplauso grande para as familias que tanto vos axudaron e se esforzaron tanto ou máis que vós. E agora ao temilla,

ACTIVITY 1: Vocabulary (aquí vos deixo o enlace ao vocabulario do tema por se algún ou algunha precisa dun repaso ou de lembrarse de como falamos en English)

ACTIVITY 2: Worksheet (temos que unir os animais coa súa comida e unha vez feito isto, temos que escribir as palabras do recadro de arriba na parte de abaixo da ficha seguindo os números, por exemplo o número 1 é un loro asique está escrito “parrot” e logo a comida coa que o unistes “fruit” and “seeds”. E así con todos todiños).

ACTIVITY 3: Song (e para despedirnos vamos a empregar esta canción que seguro que vos soa raro pero é o que temos que dicir cando alguén nos da as “gracias” que en English nos din “THANK YOU” e temos que responder como canta Maui “YOU’RE WELCOME” que viría a ser o noso “de nada” de toda a vida).

FINISH! Pois nada chicos e chicas xa máis maiores e seguramente máis grandes e guapos e guapas, rematamos un curso e agora toca o merecido descanso. Asique de traballo mándovos rascar a barriguiña con unha man o que nos queda de xuño (JUNE), coa outra man en xullo (JULY) e rascamos outro pouco máis a barriguiña coas dúas mans en agosto (AUGUST). Por supostísimo, tedes á vosa disposición o blog e o meu correo por se precisades calquera cousa nos meses vindeiros. Coidádevos moito, lavade ben as mans e a desfrutar do verán! A vosa teacher ten moitas ganiñas de vervos pronto! Mándovos un biquiño enorme e un abrazo xigantesco!

A million hugs,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 2º English

DAY 18: 16/06/2020

Good day! How are you? Empezamos a recta final, ou semana final que xa bastante nos costou chegar dunha peza a ela pero agora nada, quedan dúas clases de English contadas e aínda que no libro falta un tema por dar, non nos imos agobiar. Para o curso vindeiro se todo vai ben con esta nova normalidade continuaremos co que nos queda e con contidos máis fresquiños. Así que nada, a por esta última semana! ÁNIMO!

ACTIVITY 1: Calendar (como non, acabamos o curso co noso super mega repunantis calendario, non o deixedes agora que xa lle debedes coller cariño e todo)

ACTIVITY 2: Vocabulary (aquí vos deixo o repaso dos animais desta unidade, solo por se se vos olvidaron entre tanto conto e xogo, fixádevos como se escriben que a seguinte ficha vai sobre iso, AH! E a pronunciar con acentazo xa estas palabras)

ACTIVITY 3: Worksheet (fichiña para darlle outra volta a como se escriben estas palabras en English que sempre está ben acordarnos, miramos os nomes dos nenos e nenas da ficha e escribimos o animal que teñen por ahí rondando)

ACTIVITY 4: Numbers (e por último déixovos aquí o enlace para facer dun repasiño dos números online, cando cliquedes ábrevos unha ficha que tedes que facer clic sobre a imaxe do audio para escoitar o número e arrastrar o número que di no recadro. Só se pode facer online e ao final clicades na opción de comprobar respostas e xa vos di cantas van ben e cantas mal. Calquera problemilla xa me dicides polo correo: showandtext@gmail.com)

FINISH! Por hoxe non vos poño nada máis que sei que nos está sendo costa arriba a todos e todas. Vémonos o mércores con máis e incluso mellor. 

Love you all,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º ARTS AND CRAFTS, 1º English, 2º ARTS AND CRAFTS, 2º English

DAY 17: 10/06/2020

Hello there! How are you today? It’s Wednesday, e rematamos outra semana máis con English, só nos quedan dúas claseciñas máis e alá vai o curso e vós todos e todas a desfrutar do verán. Último esforciño e vamos alá.

ACTIVITY 1: Video (levamos uns cuantos días preparándonos para esta historia, e hoxe por fin está aquí e vos seguro que xa sabedes todos estes animais e partes do corpo co listos que sodes. Asique agora a desfrutar deste conto, que por certo cando pregunta “Can you do it?” significa “podes facelo?” e tedes que intentar mover esa parte coma os nenos do conto e se podedes berrade con ganas “I can do it” e se non podedes berrade con gana igual “I can’t do it” pero intentade imitar e así será unha historia máis divertida).

ACTIVITY 2: Storytelling (e aquí vos deixo as imaxes do conto e o conto en PDF por se queredes contalo vós ou contarllo a alguén da vosa family ou algún animaliño ou mascota que teñades por ahí a ver se da feito todo o que facedes vós)

FROM HEAD TO TOE – PDF (enlace para descargar)

ACTIVITY 3: Worksheet (dúas fichiñas para facer hoxe, sei que non vos apetecen moito pero pensade que son as últimas de todo o curso asique facédeas por todo lo alto e que queden perfectas ata o ano que vén. Que hai que facer? Esta vez si que si, dificilillo o puxen, tedes que completar os ocos co nome do animal que vedes á esquerda e a parte do corpo que movía na historia. Se non sabedes escribilas mirade polas fichas da semana pasada que algúns e algunhas xa me mandaron e copiádelas sen comervos ningunha letra lambóns e lambonas).

WORKSHEET – print out (enlace para descargar e imprimir)

ACTIVITY 4: Crafts (rematamos con algo de Arts and Crafts e propóñovos diversas ideas. Xa que comer temos que comer sempre, a poder ser sanamente, porque non “xogar” un pouquiño coa comida? Probade a facer algún destes animais da historia e mandádeme a foto de como vos quedou por suposto á miña casa virtual que tantos problemas me está dando ultimamente: showandtext@gmail.com)

FINISH! Unha semana menos, dous días máis con English nos quedan e hai que ver o ben que o estades facendo. Como me gusta a min presumir de vós que sodes uns cracks! Ánimo que xa rematamos!

Miss you all,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, 2º English

DAY 16: 08/06/2020

Hello! How are you? Xa só nos quedan dúas semaniñas de nada para rematar este curso tan especial que tivemos e no que vos felicito a todos e todas polo esforzo feito ante esta situación; porque nos costou moito pero estou segurísima de que fixestes o que puidestes e non se pide máis. E agora vamos alá coa clase de English de hoxe, tócanos repasar partes do corpo! Algunhas delas seguro que non vos soan como por exemplo “hips” que son “caderas” e outras xa vos son máis coñecidas como “hands” que son “mans”.

ACTIVITY 1: Calendar (como hoxe é Monday, comezamos a semana repasando o calendario para saber a que día andamos, que con eso de estar na casa todos os días un xa non sabe se é Tuesday ou Saturday.)

ACTIVITY 2: Vocabulary (clicade para abrir o xogo e escoitar a pronunciación das partes do corpo e iso si, repetide todo todiño para tragar a palabra e que vos vaia directiña ata o cerebro e non se vos olvide. AH! Ao final tedes unha actividade de escoitar a parte do corpo e clicar sobre ela, a ver quen as acerta todas!!)

ACTIVITY 3: Worksheet (vamos alá cunha fichiña sinxeliña, agora que xa sabedes dicir as palabras novas imos ver se sodes capaces de escribilas tamén. Xa sabedes, facédelle caso a David que sempre nos da bos consellos: despaciño e con boa letra!!! AH! E se facedes esto antes de xantar ou cear tede coidado de non comervos ningunha letra vale? Que hai que facer? Repasar puntiños coma sempre e escribir a palabra na liña de puntiños de cada flecha. A palabra “back” significa “espalda” é algo complicadilla de sinalar pero estou segura de que saboredes onde poñela)

WORKSHEET – trace and write (clicade aquí para descargar e imprimir a ficha)

ACTIVITY 4: Song (e aquí seguro que acerto que vos lembrades, como non vos ides acordar de bailar e cantar nas clases de English esta canción de “Head, shoulders, knees and toes”. Pois ala, a seguir festexando que estades a traballar moito e a menear o esqueleto, polo menos unha vez eh?)

FINISH! Despois dunha semaniña de probas non vos poño máis, tamén merecedes un bo descanso, iso si, aguantádeme tres clases máis e despois xa desfrutades do verán como é debido e lavando moito esas mans que quero ver como brillan!

A very big hug,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, 2º English

DAY 15: 03/06/2020

Happy Wednesday! Espero que as probas de David fosen todas ben e que vos esforzarades moito, igual que facedes sempre. A vindeira semana vamos a traballar un conto dun gran ilustrador chamado Eric Carle e que trae imaxes de animais e ademais accións (que sei que o de moverse o levades moi pero que moi ben, como me gusta a min). Ready?

ACTIVITY 1: Calendar ( facede clic na palabra “calendar” que esta semana aínda non o fixéstedes asique comezades e acabares hoxe xa con el. Prestádelle atención sobre todo aos días da semana e meses do ano en English que non vaia a ser que nos esquezamos de a que día andamos).

ACTIVITY 2: Vocabulary (como vos dixen antes temos novas palabriñas para traballar este conto, facede clic no enlace e escoitade ben como pronuncio para repetir vós e dádelle clic na imaxe para pasar á seguinte. Por certo, prestade moita moita atención que ao final tedes un mini xogo onde tedes que escoitar o que digo e clicar na imaxe que é (non vaia a ser que non vos acordedes).

ACTIVITY 3: Worksheet (son dúas páxinas e con elas seguimos repasando sempre pero sempre cores en English para que non se nos olviden e engadimos palabriñas novas de animais. Pero que listos e listas me ides ser con inglés! Non vos esquezades de mandarme unha fotiño da ficha ao correo para que vexa o moito que traballades: showandtext@gmail.com)

WORKSHEET – Vocabulary (clic para descargar e imprimir)

ACTIVITY 4: Magic English (se algún ou algunha non pasa suficiente tempo diante dunha pantalla déixovos esta actividade para que escoitedes en inglés e non me perdades esas orelliñas tan fermosas que tedes para aprender. Xa sabedes, esta actividade é opcional! Só é para escoitar e practicar máis sobre os animais).

FINISH! Non vos meto máis presión, por esta semana creo eu que máis que merecido tedes o voso descanso. Estade preparados para a que vén! Que xa case rematamos o curso e eu boto moito de menos os vosos abrazos e as vosas caras de malos e malas malísimas cando digo a palabra “LIBRO” na clase. Moito ánimo!

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 2º English

DAY 14: 27/05/2020

Hello everyone! How are you today? Hoxe ao igual que o luns continuamos co noso libro de inglés, a ver se damos acabado a unidade de animais antes de que acabe o bo tempo. Asique nada, vamos a ello!

ACTIVITY 1: Calendar (se xa o fixéstedes, hoxe déixovos descansar de calendario ou ir máis rápido para apurar todo o que poidamos para ir a brincar por fóra.)

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos repasando o vocabulario co mesmo xogo ca luns e centrándonos de novo nese vocabulario: “leaves” (follas), “grass” (herba), “insects” (insectos), “meat” (carne), “seeds” (semillas) e “fish” (peixe) que as imos empregar hoxe.)

ACTIVITY 3: Song + Activity Book (imos a escoitar esta canción primeiro unha vez enteira, que seguro que algunha palabriña coñeceredes xa. Despois de escoitala unha vez repasamos a ver cantos animais lembrades que dixo na canción en English. E por último, abrimos o Activity Book que é o libro branco e azul na páxina 15 (“open the activity book on page 15 please”). Volvendo escoitar a canción tedes que escribir o nome dos animais, e non me sexades vagos e vagas! Que xa vos estou vendo eu de listillos e listillas (e facedes sempre vén, hai que ser intelixentes) e sen escoitar a canción xa escribades todo.) 

ACTIVITY 4: Activity Book (seguimos co mesmo libriño, o Activity Book, e imos á páxina 17 para facer os ejercicio 8 e 9 (“go to page 17, exercises 8 and 9 please”). No exercicio 8 tedes un mogollón de letras por ahí postas, pois entre ese todo conxunto de letras tedes que rodear a palabra da comida que sae no debuxo, por exemplo no primeiro son follas que en English dicimos “leaves” e redondeamos onde aparece escrita. No exercicio 9 hai que mirar e contar o que nos manda escribindo o número de cantos hai. O primeiro debuxo é un lagarto (“lizard”) e di “insects” asique temos que contar os insectos que vai comer o lagarto e poñer o número no recadro. E así con todos! Recoméndovos que contedes sempre en voz alta para practicar os números que a algún ou algunha xa non os vai nin a lembrar.)

ACTIVITY 5: Just Dance (non me despedía de vós sen un pouco de música e educación física, que inglés danos sempre para todo. E a verdade é que decidín unha canción que estou segura segurísima de que a todos vos soa de algo casualmente. Agradecédelle ao voso super profe David que nos da moita cultura musical. E o peor é, que a canción ata fala de animais!!! Sabedes de cales fala? Porque alguén os deixou soltos…. A menear o esqueleto mentres nos fixamos na letra da canción que nos sae).

FINISH! Deixamos o libro de ladiño por esta semana, que pouco amiga son eu dese libro. Para a que vén tócanos conto contiño, a ver se vos gusta a elección que fixen! Estade preparados e preparadas que cando nos demos conta xa acabou o curso. E seguro que todos altísimos e altísimas e eu sen poder vervos!!! Vós medrade todo o que poidades e aproveitade para estar coas persoas que máis queremos deste mundo.

Lots of Love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 2º English

DAY 13: 25/05/2020

Hello Andrea! Hello Hugo! Hello Ainara! Hello Adri! Hello Joaquín! Hello Alexia! Hello Breo! Hello Dani! Hello Ainhoa! Hello Manu! Hello Neri! How are you today? Empezamos outra semana polo principio de todo, polo MONDAY! Espero que desfrutárades moito do bo tempo que tivemos durante o fin de semana e agora vamos con English.

ACTIVITY 1:  Calendar (non podía ser doutro xeito, intentamos repetir todas todiñas as palabras, lévenos o tempo que nos leve! (perdónovos os números, que contar ata 30 seguro que vos leva un bo cacho) e non vos esquezades de mirar pola ventá para ver que tempo fai!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (volvemos outra vez coas nosas mascotas de andar por casa, e hoxe vamos a centrarnos máis no que comen: “leaves” (follas), “grass” (herba), “insects” (insectos), “meat” (carne), “seeds” (semillas) e “fish” (peixe) ahh! Que case me esquezo!! En English para dicir comer temos que dicir “EAT”. Así por exemplo se queredes dicir que o “Os cans comen carne” en English dríades “The dogs eat meat”. )

ACTIVITY 3: Listening (vamos alá e collemos o pupil’s book que é o libro azul e abrímolo na páxina 22 ou como vos diría na clase “Open your pupil’s book on page twenty-two, ready?” E tócannos dúas actividades de escoitar. No exercicio 11 tedes que escoitar o vídeo que vos poño ahí abaixo, repetir as palabras que vos vai dicindo e pegándolle as pegatinas debaixo da imaxe que teñan que ir; lembrade que as pegatinas as tedes ao final do libro. AH! Podedes parar o vídeo para buscalas e escoitalo cantas veces queirades. No exercicio 12 vaivos contar esa historia de Ping que é o nome do gato e Pong que é o nome do can, xa vedes que moi orixinais, e tedes que fixarvos en como falan porque por exemplo Ping di “Rabbits don’t eat meat” que quere dicir que “Os coellos non comen carne”; “Parrots eat fruit and seeds” significa “Os loros comen frita e semillas”. Asique fixádevos ben que se temos que dicilo nós empregaríamos “EAT” para cando comen e “DON’T EAT” para cando NON comen. Podedes facerlles preguntas aos nenos e nenas na casa para practicalo: “What do parrots eat?” (que comen os loros?) e terían que respondervos “Parrots eat fruit and seeds”. Outras preguntas poden ser: “What do hamsters eat?” (que comen os hamsters?) e o mesmo tipo de resposta “Hamsters eat…”; “What do kittens eat?”, “What do frogs eat?”, “What do lizards eat?”. Que lembren a estructura de poñer o animal primeiro, logo o verbo “EAT” ou “DON’T EAT” e despois as comidas que estudaron. Non vos agobiedes se non sodes capaces de explicarllo, para o ano que vén van a volver a estudalo e se todo vai ben estarei eu ahí ao pé do cañón para repasar todo esto de novo. Aquí vos deixo o vídeo e a imaxe da páxina do libro que tedes que facer por se vos perdedes).

ACTIVITY 4: Activity Book (collemos agora o libro branco e azul que é o activity book e abrímolo na páxina 18. Imos facer os exercicios 10 e 11. No exercicio 10 o que hai que facer é escribirlle o nome ao animal en inglés, seguir os camiños para unilos coa comida que comen e poñer debaixo de cada comida o nome en inglés tamén. No exercicio 11 temos que mirar cara o exercicio 10 para escribir as oración con cada animal e co que comen. No exemplo xa nos pón “Lizards eat…insects” (os lagartos comen insectos) pois temos que facer o mesmo co resto: “Parrots eat…” e teñen que poñer mirando o exercicio de arriba con que comida uniron os loros. E se queren poden pintar os debuxos ao final. Déixovos a imaxe da páxina que teñen que facer por se vos perdedes).

FINISH! Espero que non fose moito traballo e o poidades ir facendo cando teñades tempo nos días que vos fagan falta. Calquera cousiña xa sabedes que tedes o meu correo á vosa total disposición: showandtext@gmail.com Moito ánimo!

Best wishes,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, 2º English, Preschool, Storytelling

DAY 12: 20/05/2020

Hey there! How are you today? O Monday comezamos coa historia “Brown bear, Brown bear, What do you see?” e hoxe vamos a seguir con ela. Son moitas as actividades que íbamos a facer ao longo deste curso, e non hai virus que nos quite de facelas. Asique anímovos a todos a seguir traballando moito.

ACTIVITY 1: Calendar (por supostísimo, que non se me esqueza! O noso adorable calendario con todas as nosas adoradas rutinas non podían faltar polo menos unha vez á semana! A ver se se nos vai olvidar a que día andamos xa).

ACTIVITY 2: Story (é a mesma historia do outro día pero en vez de contárvola eu, tráiovos a esta chica tan maja que no lo conta cantando. Eque un non teño unha voz moi de cantar, xa bastante tortura tedes. Así lembrádesvos de como iba esta historieta de animais que ven a outros animais).

ACTIVITY 3: Worksheets (e a ficha do outro día xa puiden ver que a fixestes xenial, asique animástesme a poñervos outras dúas para hoxe, nada máis e nada menos. Que hai que facer? Pois primeiro e antes de nada explicarvos que son dúas fichas que van xuntas, aínda que en folios separados. Hai que completar o que ven os animais, por exemplo, no debuxo da ovella que di: Black sheep, black sheep, what do you see? Repasamos os puntiños de “I see a..” e escribimos a cor e nome do animal que ve a señora ovella. E canto xa os teñades todos, tócavos o máis difícil, ordenalos. Douvos unha pista, o primeiro animal de todos que primeiro ve é o noso protagonista: Brown Bear, Brown Bear. E poñédeslle onde aparece o seu debuxo o número 1 (ou máis ben repasádelo porque xa está posto 😉 E o que queira pode colorear, pero é voluntario que xa bastante vos fixen traballar).

WORKSHEET – Complete the sentences and put in order (para descargar e imprimir)

ACTIVITY 4: Dance (non vos esperabades esto, pero co que me gusta a min bailar non me dei resistido a poñervos un bailecito sinxeliño con esta historieta. Estou segurísima que o facedes e o cantades moito mellor que os nenos do vídeo! Mandádeme as vosas grabacións para ver que tan ben o facedes! Sabedes que vivo virtualmente aquí dentro: showandtext@gmail.com).

FINISH! Despedímonos doutra semana de inglés e ata a próxima con máis cousiñas diferentes para facer e para seguir divertíndonos mentres aprendemos, que é a mellor maneira do mundo. Ala, a xogar o resto do día e a desfrutar do tempazo de verán que estamos a ter (despois de facer os exercicios do profe David, claro).

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉