Posted in 2º English, English, Pets Trailers

DAY 10: 13/05/2020

Hello kids! How are you? Voltamos outra vez con máis English para que non vos aburrades nin un pouquiño sequera. Así que remangádevos e vamos alá…

ACTIVITY 1: Calendar (coma sempre continuamos co calendario, xa sabedes, unha vez á semana facédelle casiño e escoitade e repetide os sete días da semana, os doce meses do ano, os trinta e un días do mes, Ánimo!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (hoxe non vos vou poñer o vocabulario de sempre, póñovos un xogo para praticalo, que a estas alturas saberedes os animalejos de memoria seguro. Pronto cambiaremos de temática para que non se nos faga tan rutinario).

ACTIVITY 3: Activity Book (open the WHITE and BLUE book on page 44; abride o libro Branco e azul na páxina 16. Vamos alá con estas actividades, explícovos: no exercicio 6 tedes que mirar os debuxos e completar coma no exemplo coa mesma pregunta “Has…got a…?” que significa “ten”. No exemplo pón “Has Mary got a fish?” e quere dicir “Ten Mary un peixe?” Miramos o debuxo e xa vexo que mary non ten un FISH, ten unha TURTLE asique coloreo a resposta de abaixo que pón “No, she hasn’t” que significa que non o ten. E facemos así con todas. No exercicio 7 miramos o nome dos nenos e nenas dos debuxos e hai que poñelos a según que mascotas teñen. Por exemplo o que di “I’m John” ten un LIZARD asique busco unha frase que poña ese animal e escríbolle o nome de John ao principio porque é el o que o ten e así con todos. Calquera dúbida preguntádeme por correo que vos respondo sen problema, porque é moi difícil traballar a parte de gramática sen poder velos e velas.)

ACTIVITY BOOK – PAGE 16 (non é para imprimir, é para que vexades que páxina é)

ACTIVITY 4: Just Dance (e como ben di o nome deste xogo, “só baila”. E iso é o que vos pido aquí! Como estamos coa temática de animais e o voso profe David é super guai e xa vos dou caña cos bailes eu vouvos poñer outro tamén. Pero con algunha que outra condición, porque resulta que este xogo é tan divertido que ata ten as letras das canción, e eu que son moito de escoitar e aprender pois vouvos pedir que vos aprendades a letra faciliña desta canción (xa vos aviso que hai unha parte en húngaro que lógicamente non fai falla que vos saibades pero a de inglés siiii) que vai sobre un “BEAR” ou o que é o mesmo, un oso. Seguro que xa vos soa, asique veña, collede todo o tempo que precisedes para aprendela pero cando saibades o baile e a letra mandádeme o vídeo que teño moita gana de vervos!! coma sempre, sabedes que vivo neste correo: showandtext@gmail.com)

FINISH! Esta semana finiquitada, e unha menos queda para poder voltar a estar todos xuntiños. Espero ter noticias vosas e que estedes a xogar tanto ou máis que do que estrades traballando. Por certo, se esa canción non vos gusta será pola morea de elas que hai, en VIDEOS – Just Dance no blog tedes unha recopilación que vos escollín por se vos apetece, algunha igual vos soa a Nadal e todo. Vós escollede unha e mandarme video de como a cantades e a bailades.

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 2º English, English, House

DAY 2: 01/04/2020

Good morning Andrea! Good morning Neri! Good morning Manu! Good morning Dani! Good morning Ainara! Good morning Alexia! Good morning Breo! Good morning Joaquín! Good morning Ainhoa! Good morning Hugo! Good morning Adri!

How are you? I am HAPPY!
Vamos a organizar a nosa clase de inglés de hoxe, propóñovos catro actividades chupadas de facer, READY?

ACTIVITY 1: Calendar (facedes clic nesa palabra e abrirásevos o calendario, dicide as palabras en voz alta, hoxe cada un de vos é o encargado)

ACTIVITY 2: Vocabulary (facede clic na palabra “vocabulary” e veredes as palabras sobre a casa, a ver se xa as sabedes todas! Seguro que si!)

ACTIVITY 3: Song (clicade na palabra e escoitaredes unha canción sobre as partes da casa, para que comprobedes que estades dicindo as palabras ben, non vale facer trampa)

ACTIVITY 4: Online Game (tedes que mirar a imaxe e facer clic na palabra correcta)

Se queredes seguir aprendendo máis sobre este tema, só tedes que ir á UNIT 4: House e atoparedes máis palabras, máis xogos, máis vídeos, moreas de fichas e incluso os vosos libros.

FINISH! GREAT JOB!

See you next week!

Love you all!

SANDRA 😉

Posted in 2º English, English

EMERGENCY PLAN: Diary

Estas mochiliñas van a ser o noso diario. Hoxe teríades clase de inglés. Facede clic no día que queirades, recoméndovos que vaiades por orde. E xa sabedes, calquera dúbida ou cousiña que vos ocorra a vosa teacher está aquí para axudarvos. Mandádelle un correo sen falta: showandtext@gmail.com

Posted in 2º English, English

2nd GRADERS – ENGLISH

Hello! How are you?

Alexia, Manu, Dani, Hugo, Neri, Andrea, Joaquín, Ainhoa, Adri, Ainara e Breo: aquí atoparedes todo o que necesitades para seguir practicando inglés.

EMERGENCY PLAN: dentro deste Pokemon atoparedes as clases de inglés como un diario xa feitas e organizadas por min. Unha para cada día.

Se queredes practicar outras unidades libremente, aquí abaixo tédelas todas. Facede clic sobre a que vos gustaría traballar e dentro atoparedes mogollón de xogos e recursos.

UNIT 1: Places
UNIT 2: Illnesses
UNIT 3: Games
UNIT 6: Clothes