Posted in 1º English, Animals

DAY 10: 13/05/2020

Hello kids! How are you? Voltamos outra vez con máis English para que non vos aburrades nin un pouquiño sequera. Así que remangádevos e vamos alá…

ACTIVITY 1: Calendar (coma sempre continuamos co calendario, xa sabedes, unha vez á semana facédelle casiño e escoitade e repetide os sete días da semana, os doce meses do ano, os trinta e un días do mes, Ánimo!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (hoxe non vos vou poñer o vocabulario de sempre, póñovos un xogo para praticalo, que a estas alturas saberedes os animalejos de memoria seguro. Pronto cambiaremos de temática para que non se nos faga tan rutinario).

ACTIVITY 3: Activity Book (open the WHITE and RED book on page 44; abride o libro Branco e vermello na páxina 44. Vamos alá con esta actividade: tedes que repasar a palabra de puntiños e mirando os debuxos tedes que escribir o nome dos animais en inglés. E se queredes coloreades todos os debuxiños da historia de Tiger. Volvo a poñervos a historia a todo color porque non podo estar ahí para dicirvos a modo de dictado as cores para repasalas; se algún papá ou mamá se anima é irlle dicindo “The tiger is orange with black stripes”. “The elephant is grey”. “The giraffe is yellow with brown spots”. “The snake is green”. “The monkey is brown”. “The mouse is grey”. E practicar a destreza de escoitar e de comprender. Tamén podedes ensinarlle a páxina da historia a todo color e irlle preguntando: “What colour is the mouse?”, “What colour is the giraffe?” e así con todos para que os lembren. Pero xa sabedes, o que vós poidades que eu adáptome aos vosos contextos.)

ACTIVITY BOOK – PAGE 44 (non é para imprimir, é para que vexades que páxina é)

ACTIVITY 4: Just Dance (e como ben di o nome deste xogo, “só baila”. E iso é o que vos pido aquí! Como estamos coa temática de animais e o voso profe David é super guai e xa vos dou caña cos bailes eu vouvos poñer outro tamén. Pero con algunha que outra condición, porque resulta que este xogo é tan divertido que ata ten as letras das canción, e eu que son moito de escoitar e aprender pois vouvos pedir que vos aprendades a letra faciliña desta canción (xa vos aviso que hai unha parte en húngaro que lógicamente non fai falla que vos saibades pero a de inglés siiii) que vai sobre un “BEAR” ou o que é o mesmo, un oso. Seguro que xa vos soa, asique veña, collede todo o tempo que precisedes para aprendela pero cando saibades o baile e a letra mandádeme o vídeo que teño moita gana de vervos!! coma sempre, sabedes que vivo neste correo: showandtext@gmail.com)

FINISH! Esta semana finiquitada, e unha menos queda para poder voltar a estar todos xuntiños. Espero ter noticias vosas e que estedes a xogar tanto ou máis que do que estrades traballando. Por certo, se esa canción non vos gusta será pola morea de elas que hai, en VIDEOS – Just Dance no blog tedes unha recopilación que vos escollín por se vos apetece, algunha igual vos soa a Nadal e todo. Vós escollede unha e mandarme video de como a cantades e a bailades.

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Author:

Sandra es la autora del blog "showandtext", o lo que es lo mismo, la innovadora idea del "enseña y cuenta" de toda la vida: "enseña y chatea". Aquí podréis encontrar diversas actividades o juegos, dependiendo del nivel de los alumnos y alumnas, para repasar, practicar o revisar algunos de los contenidos adquiridos en el aula. Los niños y niñas aprenderán a ser autónomos en su búsqueda del conocimiento, al mismo tiempo que se dedica una parte a los y las "teachers" (teachers' corner) donde encontrarán propuestas, recursos y DIY (do it yourself) materiales para aplicar diariamente.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s