Posted in 3º English, 4º English

DAY 14: 13/05/2020

Good morning! How are you today? It’s Wednesday, no medio da semana estamos xa. Como apura a pasar o tempo, xa case hai que quitar a roupa de inverno do armario eh? Pero esperaremos a que escampe. Mentres chove nós imos facer un repasiño de como describimos a unha persoa en English.

ACTIVITY 1: Calendar (hoxe xa podedes dicir a data completa con Día da semana + Día en número + Mes, o tempo que fai, a vosa cor favorita e como estades todo seguido e con pregunta e resposta directamente)

ACTIVITY 2: Vocabulary (póñovos dous posters con mogollón de palabras que algunhas delas xa sabíades seguro e outras que podedes ir aprendendo sobre os adxectivos para describir como ten o pelo unha persoa e outro sobre as partes da cara en inglés. A ver se dou feito que os posters falen pero de momento van ter que ir así).

ACTIVITY 3: Online Worksheet (lembrámonos que as cores do pelo ou dos ollos en inglés van sempre ANTES que o nome asique en vez de dicir “pelo negro” din “negro pelo” – “black hair”, en vez de dicir “ollos marróns” din “marróns ollos” – “brown eyes” e o mesmo co resto de adxectivos, en vez de dicir “pelo longo” din “longo pelo” – “long hair”. Nesta ficha tedes que escoitar no primeiro exercicio o que din e arrastrar as palbras para a imaxe que é. No segundo tedes que arrastrar as letras para poñelas en orde e que teñan sentido.)

ONLINE WORKSHEET – describing

ACTIVITY 4: Video (por suposto, déixovos un vídeo que vos fala máis de como describimos unha persoa en inglés, con moito vocabulario que vamos a empregar nun xogo que faremos mañá pola videochamada, estade preparados e preparadas!)