Posted in 5º English, 6º English, Food

DAY 19: 06/05/2020

Hi there! How are you today? Aquí estamos outra vez, para seguir aprendendo inglés (ou máis ben English). Vamos a ver se recompilamos un recetario conforme é debido. Estades listos? Are you hungry? (Tedes fame?) LET’S DO THIS!

ACTIVITY 1: Extra Vocabulary (aquí se vén unha gorda gorda, sabedes que nós temos as nosas palabrejas sobre comida en inglés, e esas son as máis importantes, pero como vos pido falar de comida non quero cortarvos liberdades para que usedes todas as palabras que necesitedes. Por iso a continuación déixovos os enlaces a 4 pósters nada máis e nada menos. Si, da repelús velos. Si, sonaranvos porque os tiñamos colgados na nosa queridísima clase de inglés. Si, son tres trillóns de palabras novas. Non, non as tedes que memorizar todas pero o que si que podedes é empregar cantas vós queirades para a seguinte actividade). Se podedes, imprimídeas e poñédelle a traducción debaixo en galego ou castelán para que vos acorden algunhas. De feito, estou segurísima de que algunhas xa as sabíades fiiiijo. Escribídemas por correo a ver cales sabíades e escribideme as 5 que vos parezan máis difíciles de aprender.

ACTIVITY 2: Recipe Worksheet (tedes aquí a ficha para facer unha receita dunha comida, da que vós queirades. Clicade no enlace da actividade 3 para ver como tedes que completala. Pero é moi típica, arriba de todo o nome da receita en inglés. Á esquerda no recadro de arriba poñedes a imaxe de como vos quedou ou de como quedaría (con debuxo ou impresa). No recadro do medio os ingredientes. E no de abaixo de todo o tempo que tardades en facela e para cantas persoas é. No recadro da dereita escribides os pasos que hai que seguir para facer a receita. Utilizade o vocabulario da comida para os ingredientes e os verbos de cociñar para empezar os pasos. Mirade o exemplo que vos poño a continuación por se vos perdededes. AHHH! E se queredes facer máis de unha receita sodes moi benvidos e benvidas! Cantas máis teñamos mellor. Animádevos!)

ACTIVITY 3: Recipe Example (e por último déixovos aquí un exemplo de receita que fixen eu para que miredes como tedes que facela. Escribide con moi boa letra que as quero colgar todas no blog; non lle poñades o nome cando lle saquedes a foto; podedes pegar a foto de como vos quedou a receita como fixen eu oooou podedes debuxala vós. Iso si, mandádema por correo.)

FINISH! Estou desexando ver as vosas receitas! E de comelas tamén! Case podo ulilas dende aquí. Mándademe moitas. E prestade atención ao exemplo que vos da moitas pistas para que vos sexan doadas de facer eh? Sobre todo nos pasos que hai que seguir: empezade sempre cun verbo como “Lavar a leituga” – “Wash the lettuce”. Cousas sencilliñas. Que eu son nivel principiante de cociña, asique nada de “canapé a la grosella con confitura de arándanos y cebolla caramelizada”. ÁNIMO!

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉