Posted in 5º English, 6º English

DAY 20: 07/05/2020

GOOD MORNING! How is your day? Un novo día comeza na nosa nova vida sen ir ao cole, xa case lle estamos collendo o ritmillo eh? Algúns seguro que máis que outros. Moitísimos ánimos. Por iso vos poño esta entrada, na anterior mandeivos escribir; e escribir non vos debe molar moito que pouca cousa me mandástedes. Pero aínda estades a tempo, sabedes que non poño límite de data, cada un vai facendo a según pode. Nesta vamos a facer unha das vosas queridas fichas online. Ahí si que vexo eu que participades moito, por algo será, e eu toda contenta claro.

ACTIVITY 1: Calendar (non vos olvidedes del, saltade se queredes o de repetir e dicide a resposta directamente; só tedes que darlle a un cadradiño cunha frechiña que vos aparece pequeniña abaixo á dereita, pero vós non digades que o dixen eu eh?)

ACTIVITY 2: Vocabulary (sempre repaso do vocabulario, a ver se se vos vai esquecer un día menos pensado e cando levanten a cuarentena e nos tropecemos con alguén que non sabe galego, poidamos presumirlle da nosa deliciosa comida galega).

ACTIVITY 3: Worksheet (como vos dixen, hoxe vai ficha online complicadilla eh? Dádeslle a play ao vídeo que vos aparece nela, orellas abertas prestando atención e aparece un raparigo falándonos de comida (non o recomendo ver se tedes fame, asique xantade, merendade ou cenade antes vale?) E despois hai que contestar ás preguntas sobre o video a ver cantas vos saen ben.)

WORKSHEET – online (clicade aquí para abrir a ficha)

FINISH! Non vos dou máis leria por esta semana, mañá xa nos vemos de novo con invitado especial incluído para contar uns contos coma sempre. A ver que tal se nos porta Skype esta vez pero seguro que non temos moita dúbida ou que decides? Levade a paciencia cargada ao tope eh? Que nos vai facer falta a todos e todas.

See you tomorrow,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 3º English, 4º English

DAY 13: 07/05/2020

Hello everyone! How is your day? Xa estivemos véndonos estes días asique póñovos a historia que vos contamos Leif e mais eu e que por supostísimo vós tammen, que ledes moi ben en inglés. Así podedes volver a velo todas as veces que queirades. Como xa vos dixen a historia é sinxeliña pero as palabritas en inglés non tanto…asique vamos a traballalas todos xuntos e xuntas.

ACTIVITY 1: Calendar (non podía ser doutra maneira, vamos a darlle outra volta ao calendario que seguro que xa fai tempo que non o facedes)

ACTIVITY 2: Story (facede clic aquí para ver o libro todo coa historia e podedes volver a lelo en voz alta; desta seguro que ides sobrados de confianza! Incluso podedes contarllo ao voso pai, nai, irmán ou irmá. Así tamén lle ensinades inglés. Sodes alumnos e profes ao mesmo tempo!)

RABBIT! RABBIT! RABBIT! – Story (versión para descargar e se queredes mirádelo dende o ordenador, tablet ou móbil; non vos fai falla imprimir pero déixovolo á vosa elección).

ACTIVITY 3: Reading Comprehension Worksheet (este é o enlace á ficha guai para ver canto sabedes deste libro; se atendéstedes moito e como escribides vós en inglés. Seguro que moi ben pero lembrade, non me respondades só cunha palabra de sosainas eh? Se a pregunta empezar por “Do” contestaremos “Yes, I do” ou “No, I don’t”. E na opinión comezade sempre con “In my opinion this book is…” que quere dicir “Na miña opinión este libro é…” seguido pois dun adxectivo que diga como vos pareceu: good(bo), bad (malo), terrible (terrible), boring (aburrido), entertaining (entretido), difficult to read (difícil de ler), easy to read (doado de ler)… o que vos queirades.)

WORKSHEET (2 pages) – print out (enlace para imprimir)

ACTIVITY 4: Craft (esta actividade é voluntaria e opcional para o que queira e poida facela, xa que igual non temos todos os materiais para poder realizada. Necesitaríades un papel (pode ser branco e vós pintádelo da cor dalgún dos Rabbits da historia para personalizamos mellor e que nos valgan de marionetas para contar a historia na casa outra vez) e non vos esquezades dos “big eyes” (ollos grandes) que sabedes que estes Rabbits deben ver moi ben con semellantes ollos. Facédeos nun papel e recortádellos e pegádellos por suposto na cara. O dito, o que queira e poida que lle dea play ao vídeo e se poña manos a la obra. AHH! E que me mande a foto por mail de como lle quedou eh?

ACTIVITY 5: Video (como estamos lendo unha historia sobre “Rabbits” póñovos este vídeo que vos da información de como son día a día estos animalejos; todo en inglés por suposto. Podedes poñerlle subtítulos ao vídeo se vos é mais doado de entender pero centrádevos en abrir ben as orellas para escoitar todas as palabriñas en inglés vale?)

FINISH! Estes días son así, como xa nos vemos un día á semana con terceiro os xoves e con cuarto os mércores e vamos a seguir con historietas cada vez mellores pois todos os xoves ides atopar un diario similar a este. Coas historias aprendemos moito inglés! E reforzamos moitos dos contidos que xa estudaramos. Porque os animais xa os deramos fai mil anos atrás a que si?

Love you very much,

TEACHER SANDRA 😉