Posted in 2º English, English, Pets Trailers

DAY 10: 13/05/2020

Hello kids! How are you? Voltamos outra vez con máis English para que non vos aburrades nin un pouquiño sequera. Así que remangádevos e vamos alá…

ACTIVITY 1: Calendar (coma sempre continuamos co calendario, xa sabedes, unha vez á semana facédelle casiño e escoitade e repetide os sete días da semana, os doce meses do ano, os trinta e un días do mes, Ánimo!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (hoxe non vos vou poñer o vocabulario de sempre, póñovos un xogo para praticalo, que a estas alturas saberedes os animalejos de memoria seguro. Pronto cambiaremos de temática para que non se nos faga tan rutinario).

ACTIVITY 3: Activity Book (open the WHITE and BLUE book on page 44; abride o libro Branco e azul na páxina 16. Vamos alá con estas actividades, explícovos: no exercicio 6 tedes que mirar os debuxos e completar coma no exemplo coa mesma pregunta “Has…got a…?” que significa “ten”. No exemplo pón “Has Mary got a fish?” e quere dicir “Ten Mary un peixe?” Miramos o debuxo e xa vexo que mary non ten un FISH, ten unha TURTLE asique coloreo a resposta de abaixo que pón “No, she hasn’t” que significa que non o ten. E facemos así con todas. No exercicio 7 miramos o nome dos nenos e nenas dos debuxos e hai que poñelos a según que mascotas teñen. Por exemplo o que di “I’m John” ten un LIZARD asique busco unha frase que poña ese animal e escríbolle o nome de John ao principio porque é el o que o ten e así con todos. Calquera dúbida preguntádeme por correo que vos respondo sen problema, porque é moi difícil traballar a parte de gramática sen poder velos e velas.)

ACTIVITY BOOK – PAGE 16 (non é para imprimir, é para que vexades que páxina é)

ACTIVITY 4: Just Dance (e como ben di o nome deste xogo, “só baila”. E iso é o que vos pido aquí! Como estamos coa temática de animais e o voso profe David é super guai e xa vos dou caña cos bailes eu vouvos poñer outro tamén. Pero con algunha que outra condición, porque resulta que este xogo é tan divertido que ata ten as letras das canción, e eu que son moito de escoitar e aprender pois vouvos pedir que vos aprendades a letra faciliña desta canción (xa vos aviso que hai unha parte en húngaro que lógicamente non fai falla que vos saibades pero a de inglés siiii) que vai sobre un “BEAR” ou o que é o mesmo, un oso. Seguro que xa vos soa, asique veña, collede todo o tempo que precisedes para aprendela pero cando saibades o baile e a letra mandádeme o vídeo que teño moita gana de vervos!! coma sempre, sabedes que vivo neste correo: showandtext@gmail.com)

FINISH! Esta semana finiquitada, e unha menos queda para poder voltar a estar todos xuntiños. Espero ter noticias vosas e que estedes a xogar tanto ou máis que do que estrades traballando. Por certo, se esa canción non vos gusta será pola morea de elas que hai, en VIDEOS – Just Dance no blog tedes unha recopilación que vos escollín por se vos apetece, algunha igual vos soa a Nadal e todo. Vós escollede unha e mandarme video de como a cantades e a bailades.

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, 2º English, 3º English, 4º English, 5º English, 6º English, English, Preschool, Storytelling

RABBIT! RABBIT! RABBIT!

Today I bring you a new book. As always, you will find the book in PDF to download or print out and also the individual pictures of the book. And do not forget the activities which go with this book. Enjoy!

Aquí está o libro das imaxes que vedes arriba pero en versión PDF todas xuntas e para imprimir e descargar. Facede clic sobre o enlace que tedes a continuación.

RABBIT! RABBIT! RABBIT! – pdf

E por suposto a ficha de comprensión lectora ou “READING COMPREHENSION” para traballalo un pouquechiño/bastante máis en profundidade. Son dúas páxinas recomendables para imprimir. Na primeira escribimos o título, o nome do autor/a, os persoaxes da historia, unha descripción dun personaxe, un resumo, a nosa opinión, a frase favorita de todo o conto e por suposto anotamos as palabras que aprendimos novas xunto co seu significado.

WORKSHEET – reading comprehension

E propóñovos algunha manualidade a maiores, para facer desta historia un mundo novo e poder volver a contala vós mesmos con todo o material que precisedes e a quen vós queirades e tantas veces como queirades.

  • CRAFT 1: Paper Rabbit (un coello feito con papel; só se necesita un folio branco ou de calquera cor, unhas tesoiras e un rotulador para debuxarlle os ollos xigantes).
  • CRAFT 2: Rabbit Mask (por suposto non podía faltar a careta para meternos máis neste persoaxe tan especial; coma sempre recoméndovos empregar cartulina).
  • CRAFT 3: Origami Rabbit (outra manualidade faciliña, só fan falta as nosas mans e un papel branco ou de calquera cor)

E último de último para rematar, un vídeo que vos fala un pouco máis en profundidade de como son os coellos no seu día a día.

Posted in 1º English, 2º English, 3º English, 4º English, 5º English, 6º English, English, Videos

VIDEOS: Film Trailers

  • ANIMALS
  • PEOPLE

  • MEANS OF TRANSPORT

Posted in 1º English, 2º English, 3º English, 4º English, 5º English, 6º English, English, Just Dance, Preschool, Songs, Videos

VIDEOS: Just Dance

Posted in 1º English, 2º English, 3º English, 4º English, 5º English, 6º English, English, Magic English, Videos

VIDEOS: Magic English

Posted in 1º English, 2º English, 3º English, 4º English, 5º English, 6º English, Books, English, Preschool

STORYTELLING

COMICS
CAT AND MOUSE: Colours
PIG THE PUG
THE COLOUR MONSTER
FRIDA KAHLO
PETE THE CAT BUTTONS
MOUSE PAINT
MAISY’S WEATHER BOOK
MUSICAL STORIES
BROWN BEAR
PIG THE STINKER
RABBIT, RABBIT, RABBIT
BOB DYLAN
PETE THE CAT SHOES
ROOM ON THE BROOM
CAT AND MOUSE: Food
OUR STORIES
MET COLOURS
PIG THE WINNER
COLLECTING CATS
COCO CHANEL
PETE THE CAT SCHOOL
SUPERBRITÁNICO