Posted in 2º English, English, Pets Trailers

DAY 10: 13/05/2020

Hello kids! How are you? Voltamos outra vez con máis English para que non vos aburrades nin un pouquiño sequera. Así que remangádevos e vamos alá…

ACTIVITY 1: Calendar (coma sempre continuamos co calendario, xa sabedes, unha vez á semana facédelle casiño e escoitade e repetide os sete días da semana, os doce meses do ano, os trinta e un días do mes, Ánimo!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (hoxe non vos vou poñer o vocabulario de sempre, póñovos un xogo para praticalo, que a estas alturas saberedes os animalejos de memoria seguro. Pronto cambiaremos de temática para que non se nos faga tan rutinario).

ACTIVITY 3: Activity Book (open the WHITE and BLUE book on page 44; abride o libro Branco e azul na páxina 16. Vamos alá con estas actividades, explícovos: no exercicio 6 tedes que mirar os debuxos e completar coma no exemplo coa mesma pregunta “Has…got a…?” que significa “ten”. No exemplo pón “Has Mary got a fish?” e quere dicir “Ten Mary un peixe?” Miramos o debuxo e xa vexo que mary non ten un FISH, ten unha TURTLE asique coloreo a resposta de abaixo que pón “No, she hasn’t” que significa que non o ten. E facemos así con todas. No exercicio 7 miramos o nome dos nenos e nenas dos debuxos e hai que poñelos a según que mascotas teñen. Por exemplo o que di “I’m John” ten un LIZARD asique busco unha frase que poña ese animal e escríbolle o nome de John ao principio porque é el o que o ten e así con todos. Calquera dúbida preguntádeme por correo que vos respondo sen problema, porque é moi difícil traballar a parte de gramática sen poder velos e velas.)

ACTIVITY BOOK – PAGE 16 (non é para imprimir, é para que vexades que páxina é)

ACTIVITY 4: Just Dance (e como ben di o nome deste xogo, “só baila”. E iso é o que vos pido aquí! Como estamos coa temática de animais e o voso profe David é super guai e xa vos dou caña cos bailes eu vouvos poñer outro tamén. Pero con algunha que outra condición, porque resulta que este xogo é tan divertido que ata ten as letras das canción, e eu que son moito de escoitar e aprender pois vouvos pedir que vos aprendades a letra faciliña desta canción (xa vos aviso que hai unha parte en húngaro que lógicamente non fai falla que vos saibades pero a de inglés siiii) que vai sobre un “BEAR” ou o que é o mesmo, un oso. Seguro que xa vos soa, asique veña, collede todo o tempo que precisedes para aprendela pero cando saibades o baile e a letra mandádeme o vídeo que teño moita gana de vervos!! coma sempre, sabedes que vivo neste correo: showandtext@gmail.com)

FINISH! Esta semana finiquitada, e unha menos queda para poder voltar a estar todos xuntiños. Espero ter noticias vosas e que estedes a xogar tanto ou máis que do que estrades traballando. Por certo, se esa canción non vos gusta será pola morea de elas que hai, en VIDEOS – Just Dance no blog tedes unha recopilación que vos escollín por se vos apetece, algunha igual vos soa a Nadal e todo. Vós escollede unha e mandarme video de como a cantades e a bailades.

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 2º English, Pets Trailers

DAY 7: 29/04/2020

Good morning Breo! Good morning Andrea! Good morning Ainara! Good morning Adri! Good morning Hugo! Good morning Manu! Good morning Ainhoa! Good morning Joaquín! Good morning Neri! Good morning Alexia! Good morning Dani! How are you today? I am fine, thank you.

It’s Wednesday, e como bo Wednesday que é tócanos English outrace vez! O Monday mandeivos algo de libro e hoxe vamos ir máis ás actividades online se vos parece ben e espero que todos poidades acceder sen problema. Seguimos baixando a cantidade pero espero que non coa calidade. READY? 3…2…1…GO!

ACTIVITY 1: Calendar (como vos dixen xa, facédeo polo menos unha vez á semana repetindo todo que tampouco quero vos aburrades moito del. Estou mirando de cambialo xa que se está facendo velliño, que vos parece a idea?).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos repasando as palabras, repetídeas comigo cando as escoitedes. Se podedes acostumádevos á pregunto “What’s this?” e ás respostas “It’s a..”.)

ACTIVITY 3: Game (aquí tedes este xogo para seguir practicando as palabriñas que aprendimos, escoitádeas ben e escollede a opción correcta. Coméntovos que esta aplicación “Tiny Tap” tédela para descargar na tablet e nela atoparedes máis xogos; pero recomendo utilizar un ordenador para abrila)

ACTIVITY 4: Yoga (exactamente, o que ledes, en inglés tanto aprendemos animais como nos poñemos a estarricar as patas para representalos. Cando estedes listos dádelle play ao vídeo e fixádevos ben que animais ides facer, a ver se por un casual xa sabíades como se dicía en English)

FINISH! Así de relaxados rematamos hoxe a clase de inglés. No vídeo falaban igual algo rápido pero tivéstedes uns profesores un tanto animales! Que se un “cat”/gato, un “dog”/can, unha “bee”/abella… Ata a vindeira semana!

Love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 2º English, English, Pets Trailers

DAY 6: 27/04/2020

Good morning! How are you today?

Bueno, hoxe é un día algo especial, sobre todo para os que estabades nun piso. Por fin podemos pisar a rúa, pero con algunha que outra condición. Debido a isto, e que algunhas persoas se me facían un lío con tanta actividade, a partir de agora vou poñer menos. IT’S ENGLISH TIME!! Ready? 3…2…1…GOO!

ACTIVITY 1: Calendar (o noso calendario si que non pode faltar, é o pan de cada día para non esquecernos da profe de inglés que vos bota tanto de menos)

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos con “PETS” que penso que vos animades bastante cando a traballamos; a decir as palabras ben alto para que vexan e escoiten todos os veciños o ben que as sabedes).

ACTIVITY 3: Story (dádelle play a esta historia e prestade atención senón non ides saber facer a seguinte actividade! Clicade nela cantas veces vos fagan falta e fixádevos ben que animais aparecen).

ACTIVITY 4: Activity Book  (open your WHITE AND BLUE book on page 14 – exercises 3 and 4; ou o que é o mesmo, abride o libro Branco e Azul na páxina 14 – exercicios 3 e 4. No exercicio 3 tedes que poñer un tick (V) se vístedes o animal na historia anterior e colorealos todos. Os que non os vístedes non lle poñedes tick no recadriño. No exercicio 4 esa nena chámase Li (her name is Li) e ten unha mascota nova! Tedes que colorear o debuxo e escribir o nome dese animaliño que ten Li). Déixovos aquí un enlace para que vexades que páxina é a que quero que fagades. Non necesitades imprimir nin nada se xa tedes o libro na casa é soamente para que saibades por onde andamos.

ACTIVITY BOOK – page 14 exercises 3 and 4

FINISH! Algo penso que reducín. Para aqueles nenos e nenas que lle pareceu pouco traballo ou que queren máis porque están sedentos de inglés facede clic aquí na UNIT 5: PETS para seguir practicando con máis xogos, máis vídeos e máis recursos. E xa sabedes, calquera dúbida tédesme á vosa disposición no correo: showandtext@gmail.com

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉