Posted in 5º English, 6º English

DAY 18: 05/05/2020

Good morning! How are you today? Vamos a empezar a semana con ganas e outra menos que nos vai quedar para vernos. Esta vez vamos a traballar con un vídeo, o de sempre, estade atentos e atentas ao que din e mirádeo cantas veces vos sexa necesario, vai a haber actividades despois. READY? 3..2…1…GOOOO

ACTIVITY 1: Calendar (semana nova, calendario novo, os martes polo menos intentade facelo ao completo, dicindo as respostas correctas, repetindo todo todito todo, con calma, amor e paciencia)

ACTIVITY 2: Vocabulary (continuamos coa temática de comidas, a ver se vos animades algo a seguir o blog e propoño unha actividade en conxunto para todos, e cando digo todos non me refiro ás dúas persoas que andan por aquí…ladies and gentlemen)

ACTIVITY 3: Video (no vídeo que ides ver vaivos a falar de diferentes mercados donde comprar comida, por sorte algún de nós pode ir collerlle os ovos directamente ás pitas do galiñeiro e outros teñen que ir a collelos a algún outro sitio.

ACTIVITY 4: Worksheet (a ficha é de resposta libre entón non a tedes dispoñible para facer online, só a versión para imprimir ou copiar nun folio ou libreta que a min tanto me ten; agora sí, despois de ver o vídeo o exercicio 1 temos que completar os ocos coas palabras do recadro que tedes arriba; seguro que algunha non a coñecedes e non pasa nada porque ides aprender algo novo e así da gusto. Fágovos o acordo de que tedes o dicionario de WORDREFERENCE para buscar o significado. No exercicio 2 son preguntas sobre vós mesmos, sobre onde ides comprar e da tres opcións: market (mercado ou plaza de abastos que lle chamamos nós), supermarket (supermercado ou hipermercado tipo Carrefour, Hipercor que atopas froita, pan, carne, bebidas, postres, peixe…) e local shop (que sería unha tenda soa para cada producto, pois unha carnicería para comprar carne, unha peixaría para comprar pescado, unha froitería para comprar froita) vós marcade a vosa. Despois pregúntavos con quen ides a comprar, que comprades normalmente, se comprades gominolas ou chocolates e se comprades comida caseira. No exercicio 3 tedes que poñer as respostas do exercicio 2 pero seguindo o exemplo dos textos do exercicio 1. Lío non, o seguinte é o que nos imos facer. Pero calquera dúbida vós correo a calquera hora).

FINISH! Ficha e vídeo…cheos de min ides quedar. Xa vos sorprenderei o venres cunha clase impresionante (ou eso espero). See you tomorrow!

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 4º English

DAY 12: 05/05/2020

Good morning! How are you today? Vamos alá a empezar outrace semana máis con inglés. Como é Tuesday dámoslle despaciño repasando o que falamos na videochamada da semana pasada: TELLING TIME (ou o que é o mesmo, as horas). Lembrádevos que cando a agulla grande está no 3 dicimos: quarter past. Se a agulla grande está no 9 dicimos: quarter to. Se a agulla grande está no 12: dicimos o’clock. Se a agulla grande está no 6 dicimos: half past. Non vos agobiedes se non vos saen vale? Cando nos vexamos esta semana xa me consultades dúbidas.

EXAMPLES:

As dúas menos cuarto – It’s quarter to two.

As tres e media – It’s half past three.

As seis en punto – It’s six o’clock.

As dez e e cuarto – It’s quarter past ten.

ACTIVITY 1: Calendar  (como é o primeiro día da semana si ou si tedes que facer calendario para non esquecervos de nada, xa sei que os días tardan moito pero pensade ben como os pronunciades.)

ACTIVITY 2: Vocabulary (aínda que andamos a voltas coas horas, non quero que vos esquezades do vocabulario; en algún momento se van xuntar as horas co vocabulario e tedes que estar preparados e preparadas).

ACTIVITY 3: Online Worksheet 1 (clicamos e vamos a facile online; tedes que arrastrar as horas para o seu sitio do reloxo e no seguinte exercicio escribilas. Non esquezades que poñer “It’s” ao principio da hora).

ACTIVITY 4: Online Worksheet 2 (esta tamén é para facer online que penso que vos está gustando máis que ter que imprimir; se queredes algunha de imprimir todos os días ídeme dicindo eu fago a según vexo que me mandades. Nesta ficha practicamos as horas, máis doada que a anterior, das tres opcións que vos aparecen tedes que clicar na correcta para cada reloxo. Ánimo que vós podedes!)

FINISH! Alá vai outra clase de inglés. Vou poñendo poucas actividades para non saturarvos con cousas seguido. Se queredes máis ou menos ou como vexades decídeme por correo. Estou desexando vervos o Thursday para máis sorpresillas! Ídevos preparando. 

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 3º English, 4º English

Posted in 1º English, 2º English, Preschool

DAY 8: 06/05/2020

Good morning! How are you today? Esta semana estivéstedes a tope coas probas do profe David, así que concentrámonos nelas a tope. E hoxe volvemos con inglés! Vamos a traballar con un conto, algo diferente para variar.

ACTIVITY 1: Storytelling (facede clic no vídeo e atendede ben de que vai a historia. Ides aprender algunhas palabras novas, e iso está xenial! E incluso vos fago algunhas preguntas, polo tanto, intentade responder a ver quen é capaz? Andade con ollo que se non prestades atención non ides saber facer as seguintes actividades. Ahh! Si, as uñas téñoas pintadas das cores dos ratos, ou de case todos eles porque vos din “rato” por lebre e en vez de azul que non tiña puxen verde. Espero que vos guste!)

ACTIVITY 2: Worksheet 1 (comezamos por unha faciliña, repasamos todas as cores en inglés primeiro para non esquecernos delas. Repasamos a palabra perfectamente e coloreamos o rato dese mesmo color.)

ACTIVITY 3: Worksheet 2 (esta ficha é opcional, non sei que me daba poñer só dúas actividades pero se vos leva moito a anterior non fagades esta. Nesta hai que repasar as palabras de puntiños con lápiz, colorear os debuxo e o máis importante: nos recadriños que hai en cada viñeta tedes que ordenalas segundo pasan na historia. O número 1 xa o puxen eu para que non vos cánseles moito).

FINISH! Como non sei como ides de tempo e ganas, por hoxe só vos poño estas actividades. Pero fixen algunhas fichas máis para os que queiran facer máis ou ampliar a historia. Facede clic AQUÍ e atoparedes o PDF con todas elas. Seleccionades imprimir a que vós queirades, poñedes a páxina e listo. Hai incluso ata unha careta dun MOUSE e unha careta dun CAT por se queredes pintalas e recortalas. Cada un que faga o que poida. Iso si, estas fichas non podo poñérvolas online ao ser de colorear, se tedes algún problema ídeme dicindo.

Miss you,

SANDRA