Good morning! How are you today? Vamos alá a empezar outrace semana máis con inglés. Como é Tuesday dámoslle despaciño repasando o que falamos na videochamada da semana pasada: TELLING TIME (ou o que é o mesmo, as horas). Lembrádevos que cando a agulla grande está no 3 dicimos: quarter past. Se a agulla grande está no 9 dicimos: quarter to. Se a agulla grande está no 12: dicimos o’clock. Se a agulla grande está no 6 dicimos: half past. Non vos agobiedes se non vos saen vale? Cando nos vexamos esta semana xa me consultades dúbidas.

EXAMPLES:
As dúas menos cuarto – It’s quarter to two.
As tres e media – It’s half past three.
As seis en punto – It’s six o’clock.
As dez e e cuarto – It’s quarter past ten.
ACTIVITY 1: Calendar (como é o primeiro día da semana si ou si tedes que facer calendario para non esquecervos de nada, xa sei que os días tardan moito pero pensade ben como os pronunciades.)
ACTIVITY 2: Vocabulary (aínda que andamos a voltas coas horas, non quero que vos esquezades do vocabulario; en algún momento se van xuntar as horas co vocabulario e tedes que estar preparados e preparadas).
ACTIVITY 3: Online Worksheet 1 (clicamos e vamos a facile online; tedes que arrastrar as horas para o seu sitio do reloxo e no seguinte exercicio escribilas. Non esquezades que poñer “It’s” ao principio da hora).
ACTIVITY 4: Online Worksheet 2 (esta tamén é para facer online que penso que vos está gustando máis que ter que imprimir; se queredes algunha de imprimir todos os días ídeme dicindo eu fago a según vexo que me mandades. Nesta ficha practicamos as horas, máis doada que a anterior, das tres opcións que vos aparecen tedes que clicar na correcta para cada reloxo. Ánimo que vós podedes!)
FINISH! Alá vai outra clase de inglés. Vou poñendo poucas actividades para non saturarvos con cousas seguido. Se queredes máis ou menos ou como vexades decídeme por correo. Estou desexando vervos o Thursday para máis sorpresillas! Ídevos preparando.
Miss you,
TEACHER SANDRA 😉