Posted in 3º ARTS AND CRAFTS, 3º English, 4º Arts And Crafts, 4º English

WEEK 1: 25/05/2020 – 21/05/2020

Good morning kids! It’s English time. Como vos fun comentando nas videochamadas da semana pasada a partir de agora vou a subirvos unha mochilita por semana en vez de por día para que vaiades facendo as actividades cando poidades. A de hoxe é para os vindeiros sete días, a organizar como vexades. Lembrade mandarme sempre unha ao correo por semana (showandtext@gmail.com) e se as facedes online non vos preocupedes que me chegan sempre. Vamos alá logo!

ACTIVITY 1: Calendar (comezamos a semana co noso super calendario, unha vez por semana repetindo todo sen presa e con calma para ver todos os profesionais que estades feitos).

ACTIVITY 2: Video (vamos a volver a recuperar as horas, a ver se damos avanzado algo con elas. Intentádeo pouquiño a pouquiño, neste delicioso vídeo explícanvolas moi ben cunha pizza moi apetitosa que eu xa non sei se mover as manecillas ou comermas. Prestade atención ao que din!)

ACTIVITY 3: Review (dámoslle outro repasiño ás horas agora con este xogo interactivo que vos fixen para esta xusta ocasión. Clicade na pantalla, nas expresións e por suposto a ver se acertades a clicar na hora que cando vos pregunto. Xa me contaredes o resultado).

ACTIVITY 4: Worksheet 1 (póñovos esta ficha para facer online e para imprimila, como vos veña mellor. Tedes que escribir as horas debaixo de cada reloxo. De principio comezamos con “o’clock” que en galego de toda a vida sería “en punto”. Ide despaciño e fixándonos nesas comas e liñas raras como en “It’s” ou en “o’clock”).

WORKSHEET 1 – online (para facer no ordenador)

WORKSHEET 1 – print out (para imprimir)

ACTIVITY 5: Worksheet 2 (esta ficha é igual que a anterior pero en vez de practicar “o’clock” tócavos “half past” que é o que nós dicimos “e media”.)

WORKSHEET 2 – online (para facer no ordenador)

WORKSHEET 2 – print out (para imprimir)

ACTIVITY 6: Worksheet 3 (outra máis faciliña sobre “quarter past” ou o que é o mesmo “e cuarto” e onde tedes para descargala ou facela online coma sempre)

WORKSHEET 3 – online (para facer no ordenador)

WORKSHEET 3 – print out (para imprimir)

ACTIVITY 7: Worksheet 4 (por último e para rematar quedábamos a ficha sobre o “quarter to” que ven sendo “menos cuarto” para ser uns auténticos campeóns das horas. Xa sabedes, escribídeas debaixo dos reloxos).

WORKSHEET 4 – online (para facer no ordenador)

WORKSHEET 4 – print out (para imprimir)

ACTIVITY 8: Craft (que vos parece se facedes o voso propio reloxo? Déixovos aquí algunhas ideas por se vos apetece, temos o típico reloxo de recortar e montar, un de sol, de muñeca… clicade nunha das imaxes que vos poño por aquí para imprimila ou para ampliala e ver como habería que facer. Algunhas son só imprimir e recortar, a que ten o sol é para poñerlle un pau no medio e a sombra diranos que hora é o resto son faciliños de facer. E por supostísimo, mandádeme unha foto del oooouuuu un vídeo voso con el dicindo a hora).

ACTIVITY 9: Song (e rematamos así por todo lo alto cunha canción que nos pregunta nada máis e nada menos “What time is it?” que qué hora é, por se vos apetece aprendela).

FINISH! Listos e máis que listos, que vos van saír as horas polas orellas. Pero tranquilos que desta non morredes, que vós sodes moi traballadoriños. Ide facendo ao longo da semana e sempre o que poidades, non todo o que poño hai que facelo obligatoriamente, o que vós poidades facer. E por favor, saídeme a xogar moito fóra que temos un témpano galeguiño espectacular! Vémonos por Skype!

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 3º English, 4º English

DAY 19: 21/05/2020

Hello family! How are you today? Pois aquí vos deixo a nosa super entrada co conto desta semana. Xa vos estiven informando nas videochamadas que a partir de agora en vez de ter unha mochilita por día ídela ter por semanas, asique a vindeira semana ides ter unha nova que poña “WEEK 1: 25-29/05/2020” con actividades para que vaidades facendo cando poidades. Recórdovos de novo que aínda que fagamos videochamada todas as semanas, procurade mandarme un correo con algunha actividade das que vos propoño, polo menos unha á semana vale?, ou facédeas online, iso como queirades pero necesito cousiñas vosas para ver que estades traballando (que eu xa sei que é así, pero hai que ter algo para demostrarlle ao resto do mundo seicas). Déixovos aquí o correo ao que tedes que mandarme as fichiñas ou as actividades para que non vos esquezades: showandtext@gmail.com e calquera dúbida que teñades xa me ides contando nas videochamadas.

Ao tema, esta semana lemos o conto “SUPERBRITÁNICO AND THE QUEEN’S BIRTHDAY” asique déixovolo aquí en vídeo para que lle prestemos atención á pronunciación das palabras así máis dificilillas en inglés, que non vos olvidedes do noso mini proxecto de contacontos profesionais. Bueno, por orden: primeiro o vídeo.

ACTIVITY 1: Video (o vídeo tédelo en Youtube e aquí está o enlace, dádelle a play para escoitalo. Estou segurísima de que vós o ides contar moitísimo mellor que min, que sodes uns artistazas).

ACTIVITY 2: Storytelling (aquí déixovos as imaxes para ver do libro, ou o PDF para que o descarguedes no voso ordenador e o que queira pode imprimilo pero non é para nada obligatorio, só se vos é máis cómodo). Lembrades que dixen que contar vós o conto esta vez? Pois a ver se o damos feito: vou darvos a páxina que quero que leades cada un de vós, grabádesvos en vídeo dicíndoa (sen que pareza que ledes vale?) e mandádesma por correo a: showandtext@gmail.com

PÁXINA 1 (reina na carruaxe co can asomando e os cabalos): Diego Pita

PÁXINA 2 (peluca da reina voando): Sara

PÁXINA 3 (ardillas): Xan

PÁXINA 4 (reina coas ardillas na cabeza): Adri

PÁXINA 5 (primeira parte onde sae a reina coas ardillas e o carruaxe): Zeus

PÁXINA 5 (segunda parte onde sae só Superbritánico cun dedo levantado): Lara.

PÁXINA 6 (a primeira vez que Superbritánico vai a pola peluca): Dani

PÁXINA 7 (reina con peluca rosa): Carla

PÁXINA 8 (segunda vez que Superbritánico vai pola peluca): Borja

PÁXINA 9 (peluca de mohicana): Carol

PÁXINA 10 (terceira vez que Superbritánico vai pola peluca): Alicia

PÁXINA 11 (peluca afro): Icía

PÁXINA 12 (cuarta vez que Superbritánico vai pola peluca): Diego García

PÁXINA 13 (primeira parte coa reina e a súa nova peluca): Sheyla

PÁXINA 13 (segunda parte co carruaxe, superbritánico, a reina e o can): Aaron.

SUPERBRITÁNICO – print out (este é todo o conto completo para descargar)

ACTIVITY 3: Reading Comprehension (coma sempre temos as actividades da lectura, recordade poñer o título, o autor (que vos dou unha pista porque é facilísimo pero difícil de atopar: o autor deste libro é un dos protagonistas da historia), os nomes dos personaxes, de describir un personaxe dos que saen, de facer un resumo cortiño, a opinión (empezade sempre con “I think this book is…” e escolledes un destes adxectivos “boring – aburrido”, “funny-divertido”, “good-bo”, “Easy-fácil”, “difficult-difícil”, “entertaining-entretido”), a vosa oración favorita do libro, as palabras novas que buscástedes no dicionario e co significado posto, as preguntas e por supostístimo un debuxo).

READING COMPREHENSION – print out (clicade aquí para abrir as dúas fichas xuntas)

ACTIVITY 4: New vocabulary (esta ficha xa a fixemos na videochamada coas palabras novas que saen na historia, tedes a versión para facer online e a versión para imprimir, son a mesma e tedes que escribir as palabras que saen ahí na ficha debaixo da imaxe que sexa)

WORKSHEET 1 – online (enlace para facer no ordenador, tablet ou móbil)

WORKSHEET 1 – print out (enlace para descargala e imprimila)

ACTIVITY 5: Craft (non podía ser doutro xeito, como non vos fago clases de plástica pois póñovos esta aquí para o que queira e poida facela, douvos dúas manualidades para escoller, con que fagades unha soa váleme. Tedes toda a semana seguinte vale? Asique sen presa pero sen pausa).

CRAFT 1: Facer un Big Ben con comida ou coa merenda (e nada de tirar comida eh? Unha vez feito no plato ou na fuente despois vai para a barriga! Déixovos un exemplo pero vós podedes empregar outros alimentos que vos gusten e teñades pola casa)

CRAFT 2: Debuxar o Big Ben seguindo os pasos nunha folla cuadriculada, centrádevos moito que é importante que as liñas estean rectas, non quero unha torre inclinada de Pisa quero un Big Ben dereitiño)

Posted in 3º English, 4º English

DAY 18: 20/05/2020

Hello! How are you today? Continuamos a nosa semana de inglés, seguimos practicando as descripcións de persoas, que a estas alturas xa seguro que as sabedes de memoria.

ACTIVITY 1: Calendar (esta semana non podía pasar sen o noso calendario querido, que seguro que o botades de menos).

ACTIVITY 2: Vocabulary (empezamos por esta ficha sinxeliña para repasar as palabriñas, clicades e escoltades como se din, repetides en voz alta e facedes os exercicios seguintes para practicar. O primeiro é de unir o que escoitedes co debuxo e o seguinte clicar na palabra correcta).

ACTIVITY 3: Worksheet 1 (nesta ficha tedes para facela online ou para imprimila. O que hai que facer é mirando para a imaxe, completamos con “HAS GOT” (ter) ou “IS” (ser). A persoa da imaxe recórdavos algo moi importante para que non piquedes coma sempre…os ingleses non din que “teñen tantos anos”, din que “son así de vellos”.)

WORKSHEET 1 – online (para facer online)

WORKSHEET 1 – print out (para descargar e imprimir)

ACTIVITY 3: Describing yourself (colledes un folio ou unha folla da libreta e ides facer o mesmo pero en vez de Ed Sheeran esta vez ides describir a outra persoa. Quen vós queirades! Recordade que se é chica empezamos con “she” e se é chico imos empezar con “he”. Tedes que dicir como ten o pelo, de que cor ten os ollos, se é alto (tall) ou baixo (short), se é xoven (young) ou vello (old), como se chama, cantos anos ten e a maiores o que vos queirades. Por supostísimo facédeme un debuxo desa persoa para comprobar que o estades dicindo ben. E claro, mandádemo por correo: showandtext@gmail.com)

FINISH! Como xa vai tocando videochamada, esta clase vai ser máis lixeiriña, porque vense unha gorda para traballar nos próximos días! Moito ánimo e descansade algo tamén, que o tedes máis que merecido!

Posted in 3º English, 4º English

DAY 17: 19/05/2020

Good morning everyone! Con este sol estupendísimo comezamos o día Tuesday. Por se a algún se lle olvida a que día estamos xa. Facemos memoria do que traballamos na videochamada a semana pasada. Estivemos repasando as descripcións de persoas e para iso xogamos a un xogo de adiviñar a persoa. Vóuvolo deixar por aquí por se vos apetece xogalo na casa. Pero hoxe vamos a facelo distinto. Propóñovos 5 retos, nin un máis nin un menos. Vouvos describir un dos personaxes que vedes nas imaxes e vós mandádesme por correo o número do reto e a solución, a ver quen os acerta todos!

Pero primeiro os nosos personaxes e un pouquechiño de vocabulario en inglés para non esquecernos das palabrejas.

WHO IS WHO – Download and print out (versión para descargar e imprimir)

READY? Lembrade que pode ser calquera persoa das dúas primeira imaxes que tedes ahí arriba vale?

RETO 1: He is a boy. He has got blue eyes. He has got long, straight hair. He has got brown hair. He has got a big mouth. He is young. Who is he?

RETO 2: She is a girl. She has got long, straight hair. She has got blue eyes. She has got pink lips. She is middle-aged. She is bad. Who is she?

RETO 3: She is a girl. She has got long, curly hair. She has got brown eyes. She has got grey hair. She is old. She has got a big nose. Who is she?

RETO 4: He is a boy. He is bald. He has got brown eyes. He has got a big nose. He is evil. He is old. He is wearing a bowtie. Who is he?

RETO 5: He is a boy. He has got long, curly hair. He has got brown eyes. He has got dark hair. He has got a big mouth and a big tongue. Who is he?

A ver quen me sorprende! Son algo complicadillos eh? Mandádeme as vosas solucións ao correo: showandtext@gmail.com AH! E se queredes podedes propoñerme un reto a min, a ver se o adiviño. Ou tamén o podedes deixar nos comentarios do blog para que adiviñen os vosos compis. GOOD LUCK!

E non me esquezo de nada, para rematar de repasar as descripcións póñovos esta ficha para que respondades ás preguntas sobre a imaxe. Estas son as preguntas que nos preguntábamos o venres, xa as tedes sabidísimas seguro. Mirade a imaxe, lede a pregunta e clicade na resposta correcta. Mandádeme a solución sacándolle foto ou clicando en “send the answer to the teacher” escribindo o voso nome e correo. E despois dádelle a comprobar a ver que resultado tedes. Seguro que moi bo! Pois o dito, aquí vos deixo a versión para facer online e tamén a de descargar e imprimir:

WORKSHEET 1 – Online (para facer no pc, tablet ou móbil)

WORKSHEET 1 – Print out (para descargar e imprimir)

FINISH! Agora si que si…a brincar por ahí con estes diazas que estamos tendo. See you tomorrow!

A virtual hug,

TEACHER SANDRA 😉