Good morning! How are you today? Esta semana estivéstedes a tope coas probas do profe David, así que concentrámonos nelas a tope. E hoxe volvemos con inglés! Vamos a traballar con un conto, algo diferente para variar.
ACTIVITY 1: Storytelling (facede clic no vídeo e atendede ben de que vai a historia. Ides aprender algunhas palabras novas, e iso está xenial! E incluso vos fago algunhas preguntas, polo tanto, intentade responder a ver quen é capaz? Andade con ollo que se non prestades atención non ides saber facer as seguintes actividades. Ahh! Si, as uñas téñoas pintadas das cores dos ratos, ou de case todos eles porque vos din “rato” por lebre e en vez de azul que non tiña puxen verde. Espero que vos guste!)
ACTIVITY 2: Worksheet 1 (comezamos por unha faciliña, repasamos todas as cores en inglés primeiro para non esquecernos delas. Repasamos a palabra perfectamente e coloreamos o rato dese mesmo color.)
ACTIVITY 3: Worksheet 2 (esta ficha é opcional, non sei que me daba poñer só dúas actividades pero se vos leva moito a anterior non fagades esta. Nesta hai que repasar as palabras de puntiños con lápiz, colorear os debuxo e o máis importante: nos recadriños que hai en cada viñeta tedes que ordenalas segundo pasan na historia. O número 1 xa o puxen eu para que non vos cánseles moito).
FINISH! Como non sei como ides de tempo e ganas, por hoxe só vos poño estas actividades. Pero fixen algunhas fichas máis para os que queiran facer máis ou ampliar a historia. Facede clic AQUÍ e atoparedes o PDF con todas elas. Seleccionades imprimir a que vós queirades, poñedes a páxina e listo. Hai incluso ata unha careta dun MOUSE e unha careta dun CAT por se queredes pintalas e recortalas. Cada un que faga o que poida. Iso si, estas fichas non podo poñérvolas online ao ser de colorear, se tedes algún problema ídeme dicindo.
Miss you,
SANDRA