Posted in 1º English, Animals, English

DAY 6: 27/04/2020

Good morning! How are you today?

Bueno, hoxe é un día algo especial, sobre todo para os que estabades nun piso. Por fin podemos pisar a rúa, pero con algunha que outra condición. Debido a isto, e que algunhas persoas se me facían un lío con tanta actividade, a partir de agora vou poñer menos. IT’S ENGLISH TIME!! Ready? 3…2…1…GOO!

ACTIVITY 1: Calendar (o noso calendario si que non pode faltar, é o pan de cada día para non esquecernos da profe de inglés que vos bota tanto de menos)

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos con “ANIMALS” que penso que vos animades bastante cando a traballamos; a decir as palabras ben alto para que vexan e escoiten todos os veciños o ben que as sabedes).

ACTIVITY 3: Activity Book (abrimos o WHITE AND RED book, o libro Branco e Vermello para non confundir máis, page 42 exercise 3: páxina 42 exercicio 3. Que hai que facer? Chupadísimo!! Hai que poñer o nome debaixo destes animais e por suposto sacar a vena artística e colorealos). Déixovos a páxina do activity book a continuación para que non vos perdades. Se o tedes na casa mirade que a páxina é esta e non necesitades nin imprimir nin nada, é meramente decorativo para axudarvos mellor a visualizar o que toca facer).

ACTIVITY BOOK – page 42 exercise 3

ACTIVITY 4: Story (vamos ver a historia desta unidade, a ver que lle pasa a Tiger. Clicade no vídeo para saber quen lle axuda a Tiger con esa patiña (paw en inglés).

FINISH! Algo penso que reducín. Para aqueles nenos e nenas que lle pareceu pouco traballo ou que queren máis porque están sedentos de inglés facede clic aquí na UNIT 5: ANIMALS para seguir practicando con máis xogos, máis vídeos e máis recursos. E xa sabedes, calquera dúbida tédesme á vosa disposición no correo: showandtext@gmail.com

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉

Author:

Sandra es la autora del blog "showandtext", o lo que es lo mismo, la innovadora idea del "enseña y cuenta" de toda la vida: "enseña y chatea". Aquí podréis encontrar diversas actividades o juegos, dependiendo del nivel de los alumnos y alumnas, para repasar, practicar o revisar algunos de los contenidos adquiridos en el aula. Los niños y niñas aprenderán a ser autónomos en su búsqueda del conocimiento, al mismo tiempo que se dedica una parte a los y las "teachers" (teachers' corner) donde encontrarán propuestas, recursos y DIY (do it yourself) materiales para aplicar diariamente.

Leave a comment