Hello Hello! Story time! Déixovos por aquí unha recopilación de todo o material elaborado por min para acompañar esta fermosa historia duns animaliños que ven moito por eses ollos.
VOCABULARY: colours and animals (blue, purple, green, yellow, orange, red, brown, black, white, horse, cat, frog, duck, fish, bird, bear, sheep, dog, teacher, children).
GRAMMATICAL STRUCTURES: What do you see? I see a… looking at me.
STORYTELLING: Video
BOOK: libro en imaxes que podedes descargalas e ler vós mesmos o libro pasando as imaxes no ordenador ou na tablet. Ou se queredes imprimilas como vós queirades. Por se alguén se anima póñovos o enlace de Amazon para mercalo pero tamén o hai en moitas librerías locais de por aquí: AMAZON – BROWN BEAR.
Este é o enlace con todas as fichas “WORKSHEETS” relacionadas co conto “Brown Bear, Brown Bear, What do you see?”. Poño o enlace de todas xuntas e logo unha a unha.
WORKSHEET COMPILATION: Brown Bear
Agora póñovos por grupos para que vos sexan máis sinxelas de imprimir e a min máis doado de explicar o que hai que facer.
DOMINÓ desta historia: Este enlace é un dominó cun animal dun lado e coas palabras escritas do outro. O que hai que facer é imprimilo (mellor que sexa a color xa que os estamos a traballar) e recortar as pezas. Cando estean listas hai que emparellar as palabras coa imaxe do animal do que falan. Así ata conseguir xuntalas todas en ringleira.
PUZZLE con números e os personaxes da historia: A continuación está o enlace cos puzzles dos protagonistas da historia. Hai que imprimilos preferiblemente a todo cor e logo recortar polas liñas. Mesturámolos todos e imos buscando as pezas para facelos. É recomendable que mentras atopan as pezas digan o número que colleron en inglés e cando formen un puzzle completo digan a cor e o animal en inglés para practicalos. Podemos engadirlle máis dificultade imitando a linguaxe do conto entón preguntámoslle ao neno ou nena repetindo o seu nome dúas veces seguido da pregunta “What do you see?” e ten que responder coma no conto “I see a … looking at me”. Con isto facemos que aprendan a expresarse con confianza e seguridade en inglés.
PUZZLE con palabras de cores e animais desta historia: Neste puzzle de aquí é diferente ao anterior. Gústame máis porque así ven as palabras escritas e acostúmanse a poñer o adxectivo antes do nome, a cor antes do animal. Hai que imprimilo tamén, recortar as fichas, cortalas pola liña do medio e emparellar o adxectivo co animal que é. Promover que os nenos e nenas digan as palabras en voz alta e así fan que se motiven porque parece como se xa soubesen lelas en inglés eles sós.
MEMORY GAME cos personaxes da historia: Aquí abaixo tedes o enlace a un “MEMORY GAME”. Hai que imprimilo con cores, recortar as fichas e poñelas boca abaixo. Logo imos levantando de unha en unha e se fallamos temos que deixala boca abaixo outra vez. A finalidade é atopar as parellas. Dun lado temos a imaxe do animal e temos que buscarlle a parella coas palabras.