Posted in 1º English, Animals, English

DAY 6: 27/04/2020

Good morning! How are you today?

Bueno, hoxe é un día algo especial, sobre todo para os que estabades nun piso. Por fin podemos pisar a rúa, pero con algunha que outra condición. Debido a isto, e que algunhas persoas se me facían un lío con tanta actividade, a partir de agora vou poñer menos. IT’S ENGLISH TIME!! Ready? 3…2…1…GOO!

ACTIVITY 1: Calendar (o noso calendario si que non pode faltar, é o pan de cada día para non esquecernos da profe de inglés que vos bota tanto de menos)

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos con “ANIMALS” que penso que vos animades bastante cando a traballamos; a decir as palabras ben alto para que vexan e escoiten todos os veciños o ben que as sabedes).

ACTIVITY 3: Activity Book (abrimos o WHITE AND RED book, o libro Branco e Vermello para non confundir máis, page 42 exercise 3: páxina 42 exercicio 3. Que hai que facer? Chupadísimo!! Hai que poñer o nome debaixo destes animais e por suposto sacar a vena artística e colorealos). Déixovos a páxina do activity book a continuación para que non vos perdades. Se o tedes na casa mirade que a páxina é esta e non necesitades nin imprimir nin nada, é meramente decorativo para axudarvos mellor a visualizar o que toca facer).

ACTIVITY BOOK – page 42 exercise 3

ACTIVITY 4: Story (vamos ver a historia desta unidade, a ver que lle pasa a Tiger. Clicade no vídeo para saber quen lle axuda a Tiger con esa patiña (paw en inglés).

FINISH! Algo penso que reducín. Para aqueles nenos e nenas que lle pareceu pouco traballo ou que queren máis porque están sedentos de inglés facede clic aquí na UNIT 5: ANIMALS para seguir practicando con máis xogos, máis vídeos e máis recursos. E xa sabedes, calquera dúbida tédesme á vosa disposición no correo: showandtext@gmail.com

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, Animals, English

DAY 5: 22/04/2020

Hello kids! How are you today? It’s Wednesday e como todos os Wednesdays temos clase de inglés, sen Leif e botándoo moito de menos pero nós podemos. Ready para outrace clase repasando ANIMALS? 3…2…1…GOOOOO!

ACTIVITY 1: Calendar (esta é a vosa oportunidade para deixar aos vosos papás e mamás coa boca aberta mentras faladas en inglés; demostrádelle o que sabedes).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos repasando o vocabulario, xa sabedes, tres niveis cada vez máis difíciles e unha proba pequena ao final, a ver quen saca 100, seguro que todos e todas).

ACTIVITY 3: Pupil’s Book (imos traballar cun dos nosos libro de inglés, si o que é de color RED, open your book on page fifty-one (abride o libro na páxina 51) exercise three, exercicio 3, IT’S STICKER TIME! PEGATINAS! Collédelas ao final do libro e son as de animaliños, intentade ler fixándovos na palabra de debaixo de cada debuxo e pegade a pegatina onde corresponda). Se non tedes este libro na casa NON pasa nada. Non fagades esta actividade; déixovos aquí a páxina da que vos falo para que vos orientedes mellor.

FACEDE CLIC AQUÍ PARA VER A PÁXINA DO PUPIL’S BOOK

ACTIVITY 4: Activity book (alá vamos con outro libro, este é o WHITE AND RED; open the book on page forty-one (41) exercises 1 and 2, exercicios 1 e 2). No primeiro hai que lee as palabras e unilas co animal que din, se tedes tempo podedes colorear. No segundo exercicio hai que seguir a serie: parrot – frog – mouse / parrot – frog – (cal virá agora?) escribimos o nome e debuxámolo o mellor que poidamos.

FACEDE CLIC AQUÍ PARA VER A PÁXINA DO ACTIVITY BOOK

ACTIVITY 5: Game 1 (se vos gustou o xogo de puzzles de onte, aquí o deixo outra vez, para que lle dedes outra volta e a ver se o facedes máis rápido que a primeira vez campeóns)

ACTIVITY 6: Game 2 (aquí traio un xogo novo e reluciente recién grabado por min con voceciña monísima (é a que teño, que remedio me queda), este tedes que escoitar e escoller cal resposta é a correcta, para iso tedes que saber como se escriben as palabras asique estade preparados vale?)

FINISH! Acabóusenos a semana de inglés, ata a que vén nada. Ca de cousas que temos que facer a que si? Por se vos sobra algo de tempo na vosa carpeta que pón UNIT 5: Wild Animals (que podedes clicar aquí e xa vos leva directamente a ela) atoparedes todo o necesario para non aburrirse como por exemplo vídeos en inglés, cancións en inglés e todos os xogos que fun facendo ata agora para que os repitades as veces que queirades. O venres volvo con ARTS AND CRAFTS, a ver se vos propoño unha clase tamén, que as manualidades e a creatividade estes días non poden faltar.

Posted in 1º English, Animals, English, Sin categoría

DAY 4: 20/04/2020

Hello Lía! Hello Celia! Hello Xoel! Hello Xandre! How are you? I am happy, thank you. IT’S ENGLISH TIME!

Aquí comenzamos outra semaniña nova, e para máis estreos ides ver palabras novas hoxe! Seguro que vos vai encantar esta unidade, e alá imos: UNIT 5 – ANIMALS (si, como ledes, imos traballar os animais en inglés).  Estas son as actividades que vos propoño para hoxe. Ide facendo a según poidades e para calquera dúbida xa sabedes o meu correo: showandtext@gmail.com READY?….3….2….1….GOOOOOOOO!

ACTIVITY 1: Calendar (coma todos os días nas nosas clases de inglés, sentadiños vamos a escoller ao encargado do calendario ou o que nós chamamos “calendar helper” para que diga moi alto e seguro os días, os números, os meses e choquemos para ver que tal estades, por certo, estrenades calendario hoxe tamén!! Por fin ides ter con quen falar, comigo para ser precisos, agora ides poder escoltarme sempre así que non me deixedes soa falando eh? tedes que contestarme).

ACTIVITY 2: New vocabulary (clicade no enlace para ver o novo vocabulario sobre animais que vamos a traballar a partir de agora, repetidos moitas veces comigo vale? e clicade dúas veces para asegurarvos de que

ACTIVITY 3: Worksheet (imos practicar as palabras que acabades de aprender con esta ficha, agora que xa as sabedes dicir en alto, temos que aprender como se escriben en inglés, que xa sabedes que non se escriben como as falamos; somos así de especiais e guais! clicade para facer a ficha online ou para imprimila nestes enlaces que vos poño aquí abaixo).

WORKSHEET 1 – online (para facer no ordenador, tablet ou móbil e non vos esquezades de cando rematedes darlle ao botón azul de “FINISH” para que me chegue a min xa directamente e vos aparezca a vós correxida automaticamente).

WORKSHEET 1 – print out (para descargar a mesma ficha e imprimila en papel; se escolledes esta opción non vos esquezades de sacarlle unha foto cando rematedes e mandarma por correo: showandtext@gmail.com así corríxovola ou vexo simplemente o moito que estades a traballar).

ACTIVITY 4: Game (como a todos e todas nos gusta moito xogar, clicade na palabriña e ides ter un xogo para practicar como se dicían todas, podedes xogar cantas veces queirades!)

ACTIVITY 5: Song (déixovos esta canción que trae moitos outros animais pero que seguro que vos encanta! podedes debuxalos nun folio todos os que van aparecendo e escribirlle o nome debaixo en inglés ou simplemente escoitala e intentar aprendela)

FINISH! Por hoxe xa foi moito moito traballo. Iso que estamos a luns! Xa sabedes, ide facendo pouquiño a pouquiño algo de inglés, igual que eu vos vou subindo os recursos pouquiño a pouquiño porque me leva a viiidaaa. E escoitade todo o que poidades en inglés, que cando nos volvamos a ver seguro que vou quedar alucinada.

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉