Posted in 1º English, 2º English, Preschool

PRESCHOOL: Storytelling

Hello Hello! Aquí vos estou deixando historias e conta contos que vou recopilando mentras non subo as miñas. Son enlaces a Youtube e deberíades poder reproducilos en calquera dispositivo. Pode que algúns deles non estén dispoñibles pero intentarei estar pendente. Calquera cousa vós dicídeme que hai veces que non dou chegado a todo, xa sabedes o meu correo: showandtext@gmail.com

ORIGINAL STORYTELLING:

MUSICAL STORYTELLING:

Posted in 5º English, 6º English, Adjectives, English

DAY 8: 01/04/2020

Good morning!

How are you? I am fine, thank you.

Vamos a darlle caña ao inglés outro día máis. Propóñovos estas actividades para a clase de hoxe de inglés. READY? 5…4…3…2…1…GO

ACTIVITY 1: Calendar (facedes clic e rutina de calendario coma sempre, non perdamos a rutina non vaia a ser que nos esquezamos dos días, ou dos meses, AAAAH!, ou incluso dos números 😦 espero que non)

ACTIVITY 2: Vocabulary (dicídelo en voz alta cada unha delas, que se vos escoite ben que seguro que vos acordan e, lembrade, nada de dicir “kind” como neno en alemán eh? “kaind”)

ACTIVITY 3: Video (vamos a escoitar todo este video, colledes un folio e quero que anotedes TODOS os “adjectives” que escoitedes no vídeo, é faciliño porque tedes os subtítulos postos).

ACTIVITY 4: Writing and Speaking (no vídeo anterior puidéstedes ver xente describindo a personalidade dos seus compis, o que quero que fagades agora é escoller unha persoa ou dúas e describila igual que no vídeo; dicídelle o que escribístedes a alguén en voz alta ou mandádeme o vídeo a min por correo: showandtext@gmail.com).

FINISH! GOOD JOB!

Hoxe foi un día duro e dificilillo. Pero mañá será outro día. Levade as cousas con calma e facede o que poidades. Pero sempre escoitade algo en inglés vale? Todos os días un pouquiño. Se queredes practicar máis sobre este tema atoparedes facendo clic na UNIT 4: ADJECTIVES máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichiñas e os vosos libros do cole.

Love you all,

SANDRA 😉

Posted in 4º English, Buildings, English

DAY 2: 01/04/2020

Good morning Lara! Good morning Diego! Good morning Sheyla! Good morning Diego! Good morning Borja! Good morning Alicia!

How are you? I am HAPPY.

Vamos alá coa clase de hoxe de inglés. READY?

ACTIVITY 1: Calendar (dádelle ao link e abriravos o calendario de clase, hoxe cada un de vós será o encargado, a dicir as palabras todas moi alto para que se vos escoite o ben que o facedes)

ACTIVITY 2: Vocabulary (se facedes clic atoparedes todas as palabras desta unidade, intentade escribir cada unha polo menos unha vez nun papel o máis rápido que deades; canto tardastes? cinco minutos?? eso é moitísimo!! tedes que facelo en menos! vós podedes!)

ACTIVITY 3: Video (neste vídeo ides ver a unha familia en London, están de turismo “sightseeing”, quero que o vexades unha vez só escoitándoo, e a segunda vez ides anotando os lugares e edificios que van vendo vale? podedes deixarme a vosa resposta nun comentario desta entrada aquí abaixo, ou podedes mandarmo por correo showandtext@gmail.com)

FINISH! Good job!

Por hoxe xa traballástedes moito con inglés. Pero se alguén quere seguir repasando sobre esta temática podedes ir a UNIT 4: BUILDINGS e atoparedes máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichas e por supostos os vosos libros de inglés.

See you tomorrow!

Love you all!

SANDRA 😉

Posted in 3º English, English, Sports

DAY 2: 01/04/2020

Good morning Adri! Good morning Sara! Good morning Xan! Good morning Carla! Good morning Aarón! Good morning Zeus! Good morning Icía! Good morning Carol!

How are you? I am HAPPY.

Vamos alá con outra clase de inglés, hoxe vai estar chupada! Xa o veredes! READY?

ACTIVITY 1: Calendar (facede clic aquí e levaravos ao calendario da clase, hoxe cada un de vos é un encargado, asique dicide todas as palabras ben eh? e en voz moi alta, para que se vos escoite todo o listos que sodes!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (clicade na palabra e a repasar o vocabulario de “sports”, intentade poner pronunciación como se forades totalmente ingleses)

ACTIVITY 3: Song (aquí tedes unha canción sobre “sports” para escoitar as palabras que seguro pronunciastedes fenomenal antes, a que si?)

ACTIVITY 4: Online Game (clicade e levaravos a un xogo, é unha sopa de letras ou como lle chaman en inglés “wordsearch” e tedes que atopar todas as palabras que aparecen á dereita, algunhas son incluso noviñas de todo para nós; así aprendemos aínda máis!)

FINISH! Great job!

Ata aquí a clase de inglés de hoxe! Se queredes seguir practicando podedes ir ao voso curso neste blog, e clicades en UNIT 4: SPORTS e atoparedes máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichiñas e incluso os vosos libros.

See you tomorrow!

Love you a lot!

SANDRA 😉

Posted in 2º English, English, House

DAY 2: 01/04/2020

Good morning Andrea! Good morning Neri! Good morning Manu! Good morning Dani! Good morning Ainara! Good morning Alexia! Good morning Breo! Good morning Joaquín! Good morning Ainhoa! Good morning Hugo! Good morning Adri!

How are you? I am HAPPY!
Vamos a organizar a nosa clase de inglés de hoxe, propóñovos catro actividades chupadas de facer, READY?

ACTIVITY 1: Calendar (facedes clic nesa palabra e abrirásevos o calendario, dicide as palabras en voz alta, hoxe cada un de vos é o encargado)

ACTIVITY 2: Vocabulary (facede clic na palabra “vocabulary” e veredes as palabras sobre a casa, a ver se xa as sabedes todas! Seguro que si!)

ACTIVITY 3: Song (clicade na palabra e escoitaredes unha canción sobre as partes da casa, para que comprobedes que estades dicindo as palabras ben, non vale facer trampa)

ACTIVITY 4: Online Game (tedes que mirar a imaxe e facer clic na palabra correcta)

Se queredes seguir aprendendo máis sobre este tema, só tedes que ir á UNIT 4: House e atoparedes máis palabras, máis xogos, máis vídeos, moreas de fichas e incluso os vosos libros.

FINISH! GREAT JOB!

See you next week!

Love you all!

SANDRA 😉

Posted in 1º English, English, Family

DAY 2: 1/04/2020

Good morning Celia! Good morning Xoel! Good morning Xandre! Good morning Lía!

How are you? I am HAPPY!

Vamos a preparar a clase de hoxe de inglés. READY? Catro actividades faciliñas de todo e que facedes seguro rapidísimo:

ACTIVITY 1: Calendar (calendario da clase, hoxe cada un de vós é o encargado, a decir as palabriñas todas moi alto para que se escoiten)

ACTIVITY 2: Vocabulary (facede clic na palabra “vocabulary” e repasamos as palabras de vocabulario tamén en voz alta)

ACTIVITY 3: Song (facede clic na palabra “song” e escoitamos esta canción para repasar que xa sabemos todo o que están a dicir e intentamos cantarla que hoxe fai moi bo día)

ACTIVITY 4: Online Game (vamos a xogar a un xogo, dádelle ao botón de play e escoitade o que di para arrastrar a palabra ao seu ladiño)

Se queredes seguir traballando sobre este vocabulario ide á UNIT 4: FAMILY e atoparedes as palabras, máis xogos, máis vídeos, os vosos libros e incluso fichas .

FINISH! GOOD JOB!

See you next week!

Love you very much!

SANDRA 😉