Posted in 5º English, 6º English, Food

DAY 17: 29/04/2020

Good morning people! It’s Wednesday and it’s English time. Hoxe tráiovos unha clase moi virtual. Como estes días xa estivéstedes a traballar moito, hoxe vamos a facer un repaso xeral de toooodo o vocabulario. Como? Pois a través de xogos! Déixovos 5 xogos que podedes facer e escollede vós o que máis vos apeteza.

HERE WE GO AGAIN!

ACTIVITY 1: Calendar (unha vez á semana non pasa nada, ídelle dando que pronto o vamos a facer xuntiños coma quen di)

ACTIVITY 2: Game 1 (xa clicástedes, pois picástedes! Aquí dentro está o vocabulario todo muahaha! Son perversa, agora tedes que rematalo ata o final).

ACTIVITY 3: Game 2 (este si que si, a escribir co ordenador que hai que practicar tamén a mecanografía ou o que é o mesmo, o arte de escribir nas teclas do ordenador).

ACTIVITY 4: Video (por se vos entra a fame póñovos este vídeo aquí. Dádeslle a play e escribide nun folio os ingredientes que leva esta receita. Por certo, vamos a incluír a palabra “HEALTHY” sabedes que significa? Agora vos digo… “SAUDABLE”. E aquí a pregunta do millón e importantísima: Is this recipe healthy? ou o que é o mesmo en galego “É esta receita saudable?” A ver que me contades).

FINISH! Descansamos sen presa pero sen pausa que non podemos estar seguido traballando. O dito, non me deixedes inglés de lado pero atendede primeiro ao que manda Iván e Juan eh?

Love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 2º English, Pets Trailers

DAY 7: 29/04/2020

Good morning Breo! Good morning Andrea! Good morning Ainara! Good morning Adri! Good morning Hugo! Good morning Manu! Good morning Ainhoa! Good morning Joaquín! Good morning Neri! Good morning Alexia! Good morning Dani! How are you today? I am fine, thank you.

It’s Wednesday, e como bo Wednesday que é tócanos English outrace vez! O Monday mandeivos algo de libro e hoxe vamos ir máis ás actividades online se vos parece ben e espero que todos poidades acceder sen problema. Seguimos baixando a cantidade pero espero que non coa calidade. READY? 3…2…1…GO!

ACTIVITY 1: Calendar (como vos dixen xa, facédeo polo menos unha vez á semana repetindo todo que tampouco quero vos aburrades moito del. Estou mirando de cambialo xa que se está facendo velliño, que vos parece a idea?).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos repasando as palabras, repetídeas comigo cando as escoitedes. Se podedes acostumádevos á pregunto “What’s this?” e ás respostas “It’s a..”.)

ACTIVITY 3: Game (aquí tedes este xogo para seguir practicando as palabriñas que aprendimos, escoitádeas ben e escollede a opción correcta. Coméntovos que esta aplicación “Tiny Tap” tédela para descargar na tablet e nela atoparedes máis xogos; pero recomendo utilizar un ordenador para abrila)

ACTIVITY 4: Yoga (exactamente, o que ledes, en inglés tanto aprendemos animais como nos poñemos a estarricar as patas para representalos. Cando estedes listos dádelle play ao vídeo e fixádevos ben que animais ides facer, a ver se por un casual xa sabíades como se dicía en English)

FINISH! Así de relaxados rematamos hoxe a clase de inglés. No vídeo falaban igual algo rápido pero tivéstedes uns profesores un tanto animales! Que se un “cat”/gato, un “dog”/can, unha “bee”/abella… Ata a vindeira semana!

Love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, Animals

DAY 7: 29/04/2020

Good morning Celia! Good morning Xandre! Good morning Xoel! Good morning Lía! How are you today? I am fine, thank you.

It’s Wednesday, e como bo Wednesday que é tócanos English outrace vez! O Monday mandeivos algo de libro e hoxe vamos ir máis ás actividades online se vos parece ben e espero que todos poidades acceder sen problema. Seguimos baixando a cantidade pero espero que non coa calidade. READY? 3…2…1…GO!

ACTIVITY 1: Calendar (como vos dixen xa, facédeo polo menos unha vez á semana repetindo todo que tampouco quero vos aburrades moito del. Estou mirando de cambialo xa que se está facendo velliño, que vos parece a idea?).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos repasando as palabras, repetídeas comigo cando as escoitedes. Se podedes acostumádevos á pregunto “What’s this?” e ás respostas “It’s a..”.)

ACTIVITY 3: Game (aquí tedes este xogo para seguir practicando as palabriñas que aprendimos, esta vez tócavos escribirlle as letras que lles faltan ás palabras. Comentarios que esta aplicación “Tiny Tap” tédela para descargar na tablet e nela atoparedes máis xogos; pero recomendo utilizar un ordenador para abrila)

ACTIVITY 4: Yoga (exactamente, o que ledes, en inglés tanto aprendemos animais como nos poñemos a estarricar as patas para representalos. Cando estedes listos dádelle play ao vídeo e fixádevos ben que animais ides facer, a ver se por un casual xa sabíades como se dicía en English)

FINISH! Así de relaxados rematamos hoxe a clase de inglés. No vídeo falaban igual algo rápido pero tivéstedes uns profesores un tanto animales! Que se un “cat”/gato, un “dog”/can, unha “bee”/abella… Ata a vindeira semana!

Love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 5º English, 6º English, Food

DAY 16: 28/04/2020

Hey there! English time! How are you today? Espero que todos e todas estedes ben e que deixe de chover algunha vez nesta vida, que para unha vez que nos deixan saír ponse a diluviar. Dende logo…non damos feito con esta vida tan ajetreada. ENGLISH TIME! Aquí vos van as actividades para hoxe… Levádeas con calma que pronto teremos novidades. Os de 6º xa están ao tanto pero aos de 5º espero poder contar convosco pronto (fingers crossed).

ACTIVITY 1: Calendar (non é necesario que fagades o calendario todos os días, pero se podedes facédeo unha vez á semana, os Tuesdays por exemplo para non o deixar abandoado)

ACTIVITY 2: Vocabulary (continuamos a babear co vocabulario de comidas, espero que esta semana xa estean todas sabidísimas e requetesabidísimas, así que non me defraudedes eh? Vós sempre a por todas)

ACTIVITY 3: Worksheet (vense unha ficha algo especial, agora que podedes saír da casa vamos a falar do imprescindible, encher as nosas barrigas. Vouvos levar virtualmente ao súper (ou SUPERMARKET en inglés, como prefirades vós) E tráivos a lista da compra xa preparada con unha oración única: “I AM GOING TO BUY…” (que en galego diríamos “vou a mercar…”) e diso se trata, de mirar que vos fai falta para comer estes días toda a familia e por suposto para beber, e dende logo imaginade que vos poñedes a ello coa repostería e se vos da por facer moitos pasteis. Hai que pensar en todo asique enchede todos os ocos dispoñibles copiando a estructura “I AM GOING TO BUY…” e a continuación a comida que precisedes mercar. Se non está no voso vocabulario non pasa nada temos un fermosísimo dicionario: WORD REFERENCE e con toda a liberdade, buscade o que necesitades. POR CERTO, non vos esquezades de anotar o prezo das cousas que no supermarket non regalan nada a que non? a ver quen gasta máis e quen aforra máis).

WORKSHEET – print out (só vos dou a opción de imprimir porque o de online non me deixa hoxe, debeuse poñer de cuarentena a páxina web, asique sentíndoo moito hoxe toca fotocopiar unha folliña OUUUUU nun folio en branco copiar o mesmo debuxo con todo).

FINISH! Foi curta pero intensa, intentade facer algo do que vos propoño posto que imos traballalas todos xuntos nos días seguintes. Espero contar con que todos fagades algo ou senón que me mandedes correos cos problemas que vos vaian xurdindo; xa sabedes que vivo virtualmente aquí: showandtext@gmail.com

Love,

TEACHER SANDRA 😉