Posted in 2º English, English, Pets Trailers

DAY 6: 27/04/2020

Good morning! How are you today?

Bueno, hoxe é un día algo especial, sobre todo para os que estabades nun piso. Por fin podemos pisar a rúa, pero con algunha que outra condición. Debido a isto, e que algunhas persoas se me facían un lío con tanta actividade, a partir de agora vou poñer menos. IT’S ENGLISH TIME!! Ready? 3…2…1…GOO!

ACTIVITY 1: Calendar (o noso calendario si que non pode faltar, é o pan de cada día para non esquecernos da profe de inglés que vos bota tanto de menos)

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos con “PETS” que penso que vos animades bastante cando a traballamos; a decir as palabras ben alto para que vexan e escoiten todos os veciños o ben que as sabedes).

ACTIVITY 3: Story (dádelle play a esta historia e prestade atención senón non ides saber facer a seguinte actividade! Clicade nela cantas veces vos fagan falta e fixádevos ben que animais aparecen).

ACTIVITY 4: Activity Book  (open your WHITE AND BLUE book on page 14 – exercises 3 and 4; ou o que é o mesmo, abride o libro Branco e Azul na páxina 14 – exercicios 3 e 4. No exercicio 3 tedes que poñer un tick (V) se vístedes o animal na historia anterior e colorealos todos. Os que non os vístedes non lle poñedes tick no recadriño. No exercicio 4 esa nena chámase Li (her name is Li) e ten unha mascota nova! Tedes que colorear o debuxo e escribir o nome dese animaliño que ten Li). Déixovos aquí un enlace para que vexades que páxina é a que quero que fagades. Non necesitades imprimir nin nada se xa tedes o libro na casa é soamente para que saibades por onde andamos.

ACTIVITY BOOK – page 14 exercises 3 and 4

FINISH! Algo penso que reducín. Para aqueles nenos e nenas que lle pareceu pouco traballo ou que queren máis porque están sedentos de inglés facede clic aquí na UNIT 5: PETS para seguir practicando con máis xogos, máis vídeos e máis recursos. E xa sabedes, calquera dúbida tédesme á vosa disposición no correo: showandtext@gmail.com

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, Animals, English

DAY 6: 27/04/2020

Good morning! How are you today?

Bueno, hoxe é un día algo especial, sobre todo para os que estabades nun piso. Por fin podemos pisar a rúa, pero con algunha que outra condición. Debido a isto, e que algunhas persoas se me facían un lío con tanta actividade, a partir de agora vou poñer menos. IT’S ENGLISH TIME!! Ready? 3…2…1…GOO!

ACTIVITY 1: Calendar (o noso calendario si que non pode faltar, é o pan de cada día para non esquecernos da profe de inglés que vos bota tanto de menos)

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos con “ANIMALS” que penso que vos animades bastante cando a traballamos; a decir as palabras ben alto para que vexan e escoiten todos os veciños o ben que as sabedes).

ACTIVITY 3: Activity Book (abrimos o WHITE AND RED book, o libro Branco e Vermello para non confundir máis, page 42 exercise 3: páxina 42 exercicio 3. Que hai que facer? Chupadísimo!! Hai que poñer o nome debaixo destes animais e por suposto sacar a vena artística e colorealos). Déixovos a páxina do activity book a continuación para que non vos perdades. Se o tedes na casa mirade que a páxina é esta e non necesitades nin imprimir nin nada, é meramente decorativo para axudarvos mellor a visualizar o que toca facer).

ACTIVITY BOOK – page 42 exercise 3

ACTIVITY 4: Story (vamos ver a historia desta unidade, a ver que lle pasa a Tiger. Clicade no vídeo para saber quen lle axuda a Tiger con esa patiña (paw en inglés).

FINISH! Algo penso que reducín. Para aqueles nenos e nenas que lle pareceu pouco traballo ou que queren máis porque están sedentos de inglés facede clic aquí na UNIT 5: ANIMALS para seguir practicando con máis xogos, máis vídeos e máis recursos. E xa sabedes, calquera dúbida tédesme á vosa disposición no correo: showandtext@gmail.com

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉