Posted in 5º English, 6º English, English, Food

DAY 14: 22/04/2020

Good morning! How are you today? Non me contestedes, gardade a resposta para o calendario. I am happy, thank you. It’s Wednesday and IT’S ENGLISH TIME! Ready?

ACTIVITY 1: Calendar (outro día máis repasando tooodas estas cousiñas, sede pacientes cos números ata o 31, xa sei que seguramente os saibades pero non está demais que vos luzades falando inglés diante de todos e todas).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos a practicar as nosas novas palabras en inglés sobre “FOOD”, seguro que hai algunha que nunca vos acorda, de ser así cal é? a ver se adiviño, strawberries?).

ACTIVITY 3: Worksheet (temos unha ficha nova, resulta que o Professor Oak ten a neveira baleira, coma case todos nesta cuarentena, que vos parece se lle axudamos a enchela? Seguide o exemplo e debuxade comida dentro dela coa palabra debaixo de cada unha. Por certo, unha hamburguesa pode estar na neveira se a pobre ten moito calor fóra asique debuxade o que vos apeteza que se coma Mr. Oak que de seguro non está moi caprichoso, que cando hai fame comemos calquera cousa).

WORKSHEET 1 – online (aquí o enlace para facela no ordenador, que non recomendo porque ao ter que debuxar non vos vai deixar, pero se non vos queda outra poñédeme soamente as palabras sen os debuxos se elixides esta opción).

WORKSHEET 1 – print out (para descargar e imprimir, que vos recomendo para esta actividade e así podedes debuxar perfectamente como vós facedes sempre que estados feitos uns artistas).

ACTIVITY 4: Song (déixovos esta canción, douvos dúas opcións: a miña favorita, aprendela e grabarvos cantando, que seguro que David se pón moi contento ao ver que levades a música no corpo; a outra opción é que a escoitedes e apuntedes as palabras de comida ou bebidas nun folio e mo mandedes. Decidades o que decidades parecerame ben).

FINISH! Acabouse outro día con menos cousiñas para facer. Vémonos mañá para máis e mellor!

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 4º English, English, School

DAY 8: 22/04/2020

Good morning! How are you today? Non me respondades, gardádeo para o calendario. IT’S ENGLISH TIME AGAIN! Today is Wednesday. Aquí tedes as actividades que vos propoño para hoxe.

ACTIVITY 1: Calendar (comezamos co noso adorable e para nada repunante calendario, levade con paciencia os números ata o 31 e repetídeos por suposto).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos practicando o vocabulario, dicindo comigo cada unha das palabras, para que non se nos escapen da cabeza e fixándonos sobre todo en como se escriben; xa sabedes que os ingleses non escriben igual que falan, senón sería moi fácil).

ACTIVITY 3: Timetable (tedes versión para descargar e imprimir e versión para facer online aquí abaixo; clicade na que vós queirades. O que tedes que facer? Pois escribir antes de nada nos recadriños de cores monísimas os días da semana, que non vos acordan? Ide ao calendario e non me sexades trampulleiros e trampulleiras! E despois completades co voso horario de clase as asignaturas en inglés claro! TIP: sociais en inglés dise “social science” pero podedes poñerlle “geography” ou “history” que dadas nesa materia; e naturais dise “natural science” pero podedes ponerlle “science”). Ensinádeme a ver que chulos vos quedaron. Se queredes tamén podedes debuxar un vós! Anímovos a que sexades creativos e creativas.

TIMETABLE – online (aquí para facer no ordenador, tablet ou móbil)

TIMETABLE – print out (aquí para descargar e imprimir na casa)

ACTIVITY 4: Game (toca relax e volta á calma, repasando máis vocabulario pero desta vez máis divertido, cun xogo! Apetécevos unha partida de puzzles? Tan de moda nestes días de confinamento, pois a profe de inglés dixo: “seguro que queren MÁIS puzzles que non han ter abondo”; xa me contaredes que puntuación tedes ao final!).

FINISH! Clase rematada e a outra cousa. Como vos digo sempre, estas actividades son voluntarias para quen as poida facer. Eu anímovos a seguilas xa que só tedes que darlles clic aos enlaces. Ultimamente o Internet está a facer das súas, pero con paciencia e calma que tempo temos de sobras. Se precisades de axuda ou non entendedes calquera cousa xa sabedes onde atoparme (no correo ou coma hoxe, retransmitindo en directo).

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 2º English, Animals, English

DAY 5: 22/04/2020

Hello kids! How are you today? It’s Wednesday e como todos os Wednesdays temos clase de inglés, sen Leif e botándoo moito de menos pero nós podemos. Ready para outra clase repasando ANIMALS? 3…2…1…GOOOOO!

ACTIVITY 1: Calendar (esta é a vosa oportunidade para deixar aos vosos papás e mamás coa boca aberta mentras faladas en inglés; demostrádelle o que sabedes).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos repasando o vocabulario, xa sabedes, tres niveis cada vez máis difíciles e unha proba pequena ao final, a ver quen saca 100, seguro que todos e todas).

ACTIVITY 3: Pupil’s Book (vamos a utilizar os libros de clase, os que non os teña pode imprimilos ou facelos nun folio, esta actividade é de pegatinas asique non pasa nada se non a podedes facer, pasades á seguinte e tan contentos). Collemos o book que é de color BLUE. Open the book on page seventeen (17), exercise three (3) IT’S STICKER TIME! Abride o libro na páxina 17, exercicio 3 HORA DAS PEGATINAS. Tedes as pegatinas ao final do libro, ledes a palabra e poñédelas onde teñan que ir, ollo que hai dous interrogantes asique mirade ben que palabras poñen para non confundirnos que non é o mesmo “fish” que “puppy”, xa sabedes uns fan “glu, glu” e outros “woof, woof”).

CLICADE AQUÍ PARA VER A PÁXINA DO PUPIL’S BOOK

ACTIVITY 4: Activity Book (seguimos utilizando máis libros de clase, esta vez o que é de color WHITE AND BLUE). Open the book on page thirteen (13) and let’s do exercises one (1) and two (2) ou o que é o mesmo: abride o libro na páxina 13 e facede os exercicios 1 e 2. No exercicio 1 tedes que les esas oracións, buscar de que animal falan no debuxo e logo poñer o número do animal no recadriño do lado. Por exemplo “It’s a bird” (é un paxaro), hai que buscar un paxaro nese debuxo e ao lado ten o número 6, pois escribimos 6 no recadriño. Se tedes tempo podedes colorear ese debuxo dicindo o nome das cores en inglés ou a modo de dictado: “the fish is orange”, “the kitten is black”, “the bird is green”, “the hamster is yellow and grey”, “the lizard is brown”, “the puppy is purple”, “the rabbit is pink” and “the turtle is red”). Como vós poidades e vos veña mellor. No exercicio 2 tedes que contar cantos “Tigers” hai nesa páxina, están escondidos por todas partes (psssst…vexo un no libro que suxeita o “bird”).

CLICADE AQUÍ PARA VER A PÁXINA DO ACTIVITY BOOK

ACTIVITY 5: Game 1 (este xogo é o que vos puxen onte, seguimos facendo puzzles e dicindo as palabras en inglés, a ver quen o fai no menor tempo posible desta vez).

ACTIVITY 6: Game 2 (este é novo, tedes que ir clicando nos animais que vos digo, escoitádeme ben, ao principio vai ser fácil porque só haberá un, pero despois, despois será horrible porque haberá ata incluso catro do mesmo animal e teredes que clicar en todos eles. Xa me contaredes que tal vos foi!).

FINISH! Acabóusenos a semana de inglés, ata a que vén nada. Ca de cousas que temos que facer a que si? Por se vos sobra algo de tempo na vosa carpeta que pón UNIT 5: PETS (que podedes clicar aquí e xa vos leva directamente a ela) atoparedes todo o necesario para non aburrirse como por exemplo vídeos en inglés, cancións en inglés e todos os xogos que fun facendo ata agora para que os repitades as veces que queirades. O venres volvo con ARTS AND CRAFTS, a ver se vos propoño unha clase tamén, que as manualidades e a creatividade estes días non poden faltar.

Posted in 1º English, Animals, English

DAY 5: 22/04/2020

Hello kids! How are you today? It’s Wednesday e como todos os Wednesdays temos clase de inglés, sen Leif e botándoo moito de menos pero nós podemos. Ready para outrace clase repasando ANIMALS? 3…2…1…GOOOOO!

ACTIVITY 1: Calendar (esta é a vosa oportunidade para deixar aos vosos papás e mamás coa boca aberta mentras faladas en inglés; demostrádelle o que sabedes).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos repasando o vocabulario, xa sabedes, tres niveis cada vez máis difíciles e unha proba pequena ao final, a ver quen saca 100, seguro que todos e todas).

ACTIVITY 3: Pupil’s Book (imos traballar cun dos nosos libro de inglés, si o que é de color RED, open your book on page fifty-one (abride o libro na páxina 51) exercise three, exercicio 3, IT’S STICKER TIME! PEGATINAS! Collédelas ao final do libro e son as de animaliños, intentade ler fixándovos na palabra de debaixo de cada debuxo e pegade a pegatina onde corresponda). Se non tedes este libro na casa NON pasa nada. Non fagades esta actividade; déixovos aquí a páxina da que vos falo para que vos orientedes mellor.

FACEDE CLIC AQUÍ PARA VER A PÁXINA DO PUPIL’S BOOK

ACTIVITY 4: Activity book (alá vamos con outro libro, este é o WHITE AND RED; open the book on page forty-one (41) exercises 1 and 2, exercicios 1 e 2). No primeiro hai que lee as palabras e unilas co animal que din, se tedes tempo podedes colorear. No segundo exercicio hai que seguir a serie: parrot – frog – mouse / parrot – frog – (cal virá agora?) escribimos o nome e debuxámolo o mellor que poidamos.

FACEDE CLIC AQUÍ PARA VER A PÁXINA DO ACTIVITY BOOK

ACTIVITY 5: Game 1 (se vos gustou o xogo de puzzles de onte, aquí o deixo outra vez, para que lle dedes outra volta e a ver se o facedes máis rápido que a primeira vez campeóns)

ACTIVITY 6: Game 2 (aquí traio un xogo novo e reluciente recién grabado por min con voceciña monísima (é a que teño, que remedio me queda), este tedes que escoitar e escoller cal resposta é a correcta, para iso tedes que saber como se escriben as palabras asique estade preparados vale?)

FINISH! Acabóusenos a semana de inglés, ata a que vén nada. Ca de cousas que temos que facer a que si? Por se vos sobra algo de tempo na vosa carpeta que pón UNIT 5: Wild Animals (que podedes clicar aquí e xa vos leva directamente a ela) atoparedes todo o necesario para non aburrirse como por exemplo vídeos en inglés, cancións en inglés e todos os xogos que fun facendo ata agora para que os repitades as veces que queirades. O venres volvo con ARTS AND CRAFTS, a ver se vos propoño unha clase tamén, que as manualidades e a creatividade estes días non poden faltar.

Posted in 5º English, 6º English, English, Food

DAY 13: 21/04/2020

Hello Hello! How are you today? It’s Tuesday and it’s English time again. Esta semana os que me mandástedes fichas voltaréivolas corrixidas, e xa me diredes se as vedes ben ou non porque esto das tecnoloxías está moi ben pero ás veces unha soluciona un problema con outro, un desastrillo.

Comezamos tema novo!! UNIT 5: FOOD, vamos a falar de comida, non é hora ainda de comer pero vai ser unha unidade divertida nestes días que moita xente se dedica á cociña que tantas cousas ricas nos da. Vamos alá coa clase de hoxe…3…2…1…GO!

ACTIVITY 1: Calendar (seguimos co calendario todo fashion que estrenamos a semana pasada, repetide moito as palabras e podedes escribirme as respostas ás preguntas que vos fai, podedes ata incluso grabarvos como facíamos na clase e mandarmo por correo; vós a falar moito inglés que é o que quero desta actividade).

ACTIVITY 2: New Vocabulary (facede clic e a aprender palabriñas novas, son moitas pero a metade son de repaso e outras tantas que seguro que sabedes; tedes tres niveis e cada un máis difícil que o anterior asique a ver que puntuación tedes ao final).

ACTIVITY 3: Worksheet (unha ficha para repasar ese vocabulario anterior; se queredes imprimila podedes ata pegala na libreta de inglés para recordar vellos tempos; facede boa letra e prestade atención a como se escriben)

WORKSHEET 1 part 1 – online (enlace para facer no ordenador e darlle a “FINISH”)

WORKSHEET 1 part 2 – online (segundo enlace, porque son dúas distintas e para facer online non mas deixa poñer xuntas, asique van separadas en clics distintos pero “FINISH” nas dúas eh)

WORKSHEET 1 – print out (enlace para descargar e imprimir e mandarme por correo)

ACTIVITY 4: Brainstorming (vamos a darlle ao coco hoxe coa comida/FOOD e como decía antes, que vos parece se escribides nun papel tooooooodas as palabras que sabedes de comida (SEN MIRAR NO DICIONARIO NIN POR NINGURES pero podedes utilizar as que acabades de aprender 😉 ) e se xuntamos Arts and Crafts con inglés e facemos algo chuli?) Déixovos aquí abaixo un “exemplo” (QUE NON TEN PORQUE SER UNHA HAMBURGUESA, copiotas todos e todas, pode ser outra cousa pero relacionada sempre coa comida). Este é un exemplo do que quero que fagades con todas as palabras sobre FOOD que saibades e co que vos gustan os debuxos Kawaii, espero grandes cousas de vós! e utilizádeme algunha cor, non me sexades sosos, e rotus de cores (felt-tips) que sempre me pedíades permiso para usalos na clase e agora que vos dou a oportunidade pois dádelle uso (se os tedes na casa claro, cada un sabe o que hai).

Por último, NON VOS ESQUEZADES DE FACER A “DESCRIPTION” DA SEMANA PASADA!! Que soamente me checaron 4 e sodes 18 na clase. Se non podedes ou tedes problemillas para facela mandádeme correo: showandtext@gmail.com

FINISH! Hoxe todo listo e menuda clase de vocabulario acabamos de ter! Estades sudando do cansos e cansas que estades? Seguro que xa estades para outra. Vémonos prontiño!

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉