Posted in Sin categoría

DAY 11: 30/04/2020

Good morning! Onte xa nos vimos a través da nosa super videochamada de inglés. Todos guapísimos e guapísimas igual ca sempre. Espero que vos gustara moito e que lle demos caña a falar todos en inglés. A ver como sae pero seguro que fenomenal que sodes uns cracks!

ACTIVITY 1: Calendar (hoxe o calendario facémolo todos xuntos, e coa miña propia e original voz! E por fin vos vou escoitar repetir e responder!!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (si, vou ver quen se sabe máis de todas estas palabras que vos fun poñendo, a ver que tal ides e como o levades)

ACTIVITY 3: Hours explanation (as horas xa as tivéstedes que ver o ano pasado, pero vou a recordárvolas outra vez, que nos ven ben a todos e todas. En inglés xa sabedes que van ao revés, primeiro minutos e logo horas. Ánimo!).

EXAMPLES:

As dúas menos cuarto – It’s quarter to two.

As tres e media – It’s half past three.

As seis en punto – It’s six o’clock.

As dez e e cuarto – It’s quarter past ten.

ACTIVITY 4: Worksheet (esta ficha é para repasar as horas que vos intentei explicar onte pero que nos fixemos un lío. Para o próximo día máis e mellor)

WORKSHEET – online (para ir arrastrando as expresións e poñéndoas no seu sitio)

WORKSHEET – print out (para descargar e imprimir)

FINISH! Todo isto é o que fixemos onte na videochamada! Daranos tempo o próximo día a xogos e “Rabbit, rabbit, rabbit”? Depende (como voa galega que son) porque a según tardemos coas horas imos tendo máis ou menos tempo.

Love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 3º English

DAY 11: 29/04/2020

Good morning! Good morning to everyone! Outro fermosísimo día para aprender inglés. Vamos alá.

ACTIVITY 1: Calendar (clicade nel e sobre todo e como consello, hoxe fixádevos nos días da semana. Que a algún ou algunha sempre se lle olvida e moito clic pero pouco blablabla).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguide a darlle voltas a isto ata que sen abrila xa as digades todas de memoria. Que sodes súper intelixentes que o sei eu!)

ACTIVITY 3: Worksheet online 1 (esta ficha só está para facer online pero é chupada, se xa fixestes o calendario sería facilísima! Ademais, sodes chicos e chicas de case cuarto de primaria. Dádelle ao botón de escoitar e arrastradee o día para o seu sitio. Ah! Non vos esquezades de poñer o día que vai antes e o que vai despois).

ACTIVITY 4: Worksheet online 2 (outra para facer online e darlle ao botón finish e por suposto, seguir practicando os días da semana; xa case os debedes saber eh? Dádelle play ao vídeo que vos sae na ficha, escoitade ben, ignorade esas letras que non se sabe clarisimamente din: completa o crucigrama cos días da semana e iso é o que faredes).

FINISH! Mañá xa nos vemos para unha clase entretida de inglés. Limpade ben as orellas que se vén unha onda enorme de palabras en inglés por todos os lados. Estádeme preparados e preparadas!

Love,

TEACHER SANDRA 😉