Posted in Preschool

PRESCHOOL: Games

Hi there! Quería facervos unha aclaración antes de nada, aquí tedes un mogollón de xogos para que os nenos e nenas sigan a practicar inglés dun xeito máis divertido. A maior parte deles creeinos eu para personalizarllos máis co que facíamos na clase pero eses só funcionan se os abriedes cun ordenador (e con moita paciencia). Se estades a empregar un móbil ou unha tablet a opción que tedes para poder visualizalos é algo complicadilla pero anímovos a levar a cabo esta hazaña: 1) Descargar a aplicación chamada “TinyTap” que atoparedes dispoñible en “Play store” ou “App Store”. 2) Introducide o voso email para rexistrarvos. Non lle cliquedes a nada premium nin a subscribiros a nada, vós pasade de todo que eso non vos vai facer falla. Só creade unha conta co voso email. Esta aplicación é moi útil posto que tedes xogos para todas as idades e de todas as materias, non só inglés. Cando xa a teñades instalada e coa conta de correo activada podedes volver aquí a clicar neses xogos e agora, debería deixar abrirlos sen problema.

Como é moito lío e pídovos desculpas por iso, decidín poñervos outros xogos para ver se eses sí que vos deixa abrilos. De todos modos, se tedes algún problemilla ou dúbida sabedes que estou aquí para axudarvos no que precisedes, só mandádeme un correo e intentarei solucionárvolo o mellor que saiba, vivo aquí dentro: showandtext@gmail.com

  • Routines

 

  • Colours
  • Numbers

  • Various

 

Posted in 4º English

DAY 3: 02/04/2020

Hello fourth graders! How are you today?

Tócanos clase de inglés hoxe tamén. A ver que imos facer! READY! Let’s go!

ACTIVITY 1: Calendar (coma semipro clicade nesta palabra para que vos abra o calendario e a ver como vai hoxe, despois de tanta práctica seguro que ben e incluso diría eu que ata vos vou facer spoiler e igual deixo un comentario ao final desta entrada, dádelle ao rato para abaixo ata o final se queredes saber máis)

ACTIVITY 2: Vocabulary (vamos alá co repaso de vocabulario, dicímolas todas en alto para que os veciños saiban o listos que sodes en inglés)

ACTIVITY 3: Worksheet (vense unha fichiña para facer online, non vos fai falta imprimila nin nada, só a abrides e cubrídela online; esta ficha xa a levástedes algúns de vós para facer, se xa a tedes feita correxídea online, porque se a cubrides toda ao final dádeslle ao botón de terminar e divos as respostas e o resultado que tedes).

https://es.liveworksheets.com/jk63lh

FINISH! Por hoxe xa está ben de tanto inglés. Mañá será outro día, pero vouvos deixar descansar a semana que vén que o tedes moi merecido. Lembrade, se alguén quere seguir repasando sobre esta temática podedes ir a UNIT 4: BUILDINGS e atoparedes máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichas e por supostos os vosos libros de inglés.

Miss you,

SANDRA 😉

Posted in 3º English

DAY 3: 02/04/2020

Good morning Aarón! Good morning Icía! Good morning Carla! Good morning Adri! Good morning Sara! Good morning Zeus! Good morning Carol! Good morning Xan!

How are you? Temos inglés hoxe outra vez! Vamos alá coa clase do día 3. READY?

ACTIVITY 1: Calendar (facede clic na palabriña e de cabeza ao calendario de hoxe, igual ata tedes sorpresa nos comentarios se lle dades ata abaixo de todo a esta entrada do blog)

ACTIVITY 2: Vocabulary (outra volta máis ao vocabulario de deportes! non nos cansaremos nunca, que sodes moi pros)

ACTIVITY 3: Worksheet (aquí vos deixo unha ficha para facer online, non tedes que imprimir nin nada, xa a podedes facer directamente e cando rematedes dádeslle ao botón ao fondo da ficha e xa vos di a respostas e cantos acertos tivéstedes! A ver a cantos de vós lles acorda o “can” e o “can’t”)

https://es.liveworksheets.com/ly2151ko

FINISH!

Por hoxe todo listo! Cánto traballades! Así me gusta! Para a semana que vén déixovos descansar que o tedes máis que merecido.Se queredes seguir practicando podedes ir ao voso curso neste blog, e clicades en UNIT 4: SPORTS e atoparedes máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichiñas e incluso os vosos libros.

Miss you!

SANDRA 😉

Posted in 5º English, 6º English, Adjectives

DAY 9: 02/04/2020

Good morning! How are you today? I am FINE, thank you!

Outro día máis de clase de inglés! Ante xa foron moitas as actividades que fixéstedes polo tanto hoxe vamos a tomalo con máis calma e relax (si, esta última palabra é un adxectivo en inglés que usamos en galego tamén).

LET’S GO! Timer ready in…3…2…1…GO!

ACTIVITY 1: Calendar (ahí nos toca outro día máis, vouvos facer spoiler hoxe, ide ata o final desta entrada nos comentarios e veredes que eu xa fixen o calendario á perfección, a ver se alguén se anima a comentarme como está o tempo por ahí e que tal estades)

ACTIVITY 2: Vocabulary (repetimos un día máis este fermosísimo vocabulario da mellor maneira posible, é dicir, como o estades facendo, seguro)

ACTIVITY 3: Worksheet (algúns xa levástedes esta ficha para facer, outros xa a fixeron, os que a fixeron poden correxila por aquí online, os que non a fixeron poden facela online sen ter que descargala; só tedes que clicar nas caixiñas e escribir correctamente os adxectivos que están entre paréntesis e xa podedes ver as respostas cando rematedes, a ver cantas acertástedes)

https://www.liveworksheets.com/qs868si

ACTIVITY 4: Song (póñovos esta canción para que escoitedes algo en inglés, de paso, así por casual, podedes prestarlle atención porque creo que di algún adxectivo así comparando, nada do outro mundo, o que estades aprendendo bah).

FINISH!

A próxima semaniña non vos vou mandar nada polo diario, pero o que sí vos recomendo é que escoitedes e miredes todo o que poidades en inglés si? Hai que ir entrenando esas orellas!

Miss you,

SANDRA 😉