Posted in 1º English, 2º English

DAY 15: 03/06/2020

Happy Wednesday! Espero que as probas de David fosen todas ben e que vos esforzarades moito, igual que facedes sempre. A vindeira semana vamos a traballar un conto dun gran ilustrador chamado Eric Carle e que trae imaxes de animais e ademais accións (que sei que o de moverse o levades moi pero que moi ben, como me gusta a min). Ready?

ACTIVITY 1: Calendar ( facede clic na palabra “calendar” que esta semana aínda non o fixéstedes asique comezades e acabares hoxe xa con el. Prestádelle atención sobre todo aos días da semana e meses do ano en English que non vaia a ser que nos esquezamos de a que día andamos).

ACTIVITY 2: Vocabulary (como vos dixen antes temos novas palabriñas para traballar este conto, facede clic no enlace e escoitade ben como pronuncio para repetir vós e dádelle clic na imaxe para pasar á seguinte. Por certo, prestade moita moita atención que ao final tedes un mini xogo onde tedes que escoitar o que digo e clicar na imaxe que é (non vaia a ser que non vos acordedes).

ACTIVITY 3: Worksheet (son dúas páxinas e con elas seguimos repasando sempre pero sempre cores en English para que non se nos olviden e engadimos palabriñas novas de animais. Pero que listos e listas me ides ser con inglés! Non vos esquezades de mandarme unha fotiño da ficha ao correo para que vexa o moito que traballades: showandtext@gmail.com)

WORKSHEET – Vocabulary (clic para descargar e imprimir)

ACTIVITY 4: Magic English (se algún ou algunha non pasa suficiente tempo diante dunha pantalla déixovos esta actividade para que escoitedes en inglés e non me perdades esas orelliñas tan fermosas que tedes para aprender. Xa sabedes, esta actividade é opcional! Só é para escoitar e practicar máis sobre os animais).

FINISH! Non vos meto máis presión, por esta semana creo eu que máis que merecido tedes o voso descanso. Estade preparados para a que vén! Que xa case rematamos o curso e eu boto moito de menos os vosos abrazos e as vosas caras de malos e malas malísimas cando digo a palabra “LIBRO” na clase. Moito ánimo!

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English

DAY 14: 27/05/2020

Hello everyone! How are you today? Hoxe ao igual que o luns continuamos co noso libro de inglés, a ver se damos acabado a unidade de animais antes de que acabe o bo tempo. Asique nada, vamos a ello!

ACTIVITY 1: Calendar (se xa o fixéstedes, hoxe déixovos descansar de calendario ou ir máis rápido para apurar todo o que poidamos para ir a brincar por fóra.)

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos repasando o vocabulario co mesmo xogo ca luns e centrándonos de novo nese vocabulario: “jump” (saltar), “walk” (camiñar), “swim” (nadar), “fly” (voar), “run” (correr), “climb” (escalar) que as imos empregar hoxe.)

ACTIVITY 3: Song + Activity Book (imos a escoitar esta canción primeiro unha vez enteira, que seguro que algunha palabriña coñeceredes xa. Despois de escoitala unha vez repasamos a ver cantos animais lembrades que dixo na canción en English. E por último, abrimos o Activity Book que é o libro branco e vermello na páxina 43 (“open the activity book on page 43 please”). Volvendo escoitar a canción ides rodeando os animais que digan de cada vez e contestamos a pregunta en negrilla “Who can help? – quen pode axudar?” e redondeamos cal deses dous animais pode.

ACTIVITY 4: Activity Book (seguimos co mesmo libriño, o Activity Book, e imos á páxina 46 para escribir as palabras do recadro encima de cada imaxe, por exemplo a primeira rapaza está andando e pón “I can… – Eu podo” e teríamos que escoller cal palabra en English significa andando que neste caso xa a puxeron “walk – andar”. E así con todas!)

ACTIVITY 5: Just Dance (non me despedía de vós sen un pouco de música e educación física, que inglés danos sempre para todo. E a verdade é que decidín unha canción que estou segura segurísima de que a todos vos soa de algo casualmente. Agradecédelle ao voso super profe David que nos da moita cultura musical. E o peor é, que a canción ata fala de animais!!! Sabedes de cales fala? Porque alguén os deixou soltos…. A menear o esqueleto mentres nos fixamos na letra da canción que nos sae).

FINISH! Deixamos o libro de ladiño por esta semana, que pouco amiga son eu dese libro. Para a que vén tócanos conto contiño, a ver se vos gusta a elección que fixen! Estade preparados e preparadas que cando nos demos conta xa acabou o curso. E seguro que todos altísimos e altísimas e eu sen poder vervos!!! Vós medrade todo o que poidades e aproveitade para estar coas persoas que máis queremos deste mundo.

Lots of Love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English

DAY 13: 25/05/2020

Hello Celia! Hello Xoel! Hello Lía! Hello Xandre! Que tal o fin de semana? Con este tempazo de verán espero que moi ben. Comezamos outra semaniña máis con inglés. Tócanos libro! A ver se nos acordamos dos animalejos que estivemos aprendendo, que seguro que si.

ACTIVITY 1: Calendar (non podía ser doutro xeito, intentamos repetir todas todiñas as palabras, lévenos o tempo que nos leve! (perdónovos os números, que contar ata 30 seguro que vos leva un bo cacho) e non vos esquezades de mirar pola ventá para ver que tempo fai!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (póñovos este xogo para que clicedes na opción correcta segundo o debuxo que vexades, pero fixádevos sobre todo en “jump” (saltar), “walk” (camiñar), “swim” (nadar), “fly” (voar), “run” (correr), “climb” (escalar) que as imos empregar hoxe.

ACTIVITY 3: Listening (vamos a abrir o libro que é vermello na páxina 56 e imos facer dous exercicios de escoitar. No exercicio 11 temos que escoitar o que van dicindo e repetir e sinalar a imaxe desas 6 que di (podedes parar o vídeo cantas veces vos faga falta) e imitar a acción con xestos. No exercicio 12 temos que escoitar unha historia un gato chamado “Ping” e un can chamado “Pong” moi orixinal todo. Vós fixádevos nas expresións: “The elephant can walk” (o elefante pode camiñar), “The crocodile can swim” (o cocodrilo pode nadar), “The frog can jump” (a rá pode saltar), “the monkey can climb” (o mono pode escalar). E o gato pregúntalle a Pong: “Can you fly?” (podes voar) e contesta “No, you can’t” (non podes). Para resumir, empregamos “CAN” cando os animais PODEN facer algo e “CAN’T” cando non poden facer algo. Podedes facerlles preguntas aos nenos e nenas utilizando o exemplo do gato “Can a parrot fly?” (pode voar un loro) e que vos respondan: “Yes, it can” (si que pode) ou “No, it can’t” (no pode). Déixovos outras por aquí por se queredes practicar o oral pero facede como poidades e non vos preocupedes se non o entenden ben ou non sodes capaces de explicarlles, para o curso que vén van a volver a dalo. “Can an elephant climb?”, “Can a giraffe walk?”, “Can a dog swim?”, “Can a crocodile run?”. Déixovos aquí a imaxe coa páxina que tedes que facer por se non dades chegado a ela ou tedes problemas para atopala, son dous exercicios pero están na mesma páxina.

ACTIVITY 4: Activity book (agora toca coller o outro libro, o que é branco e vermello que ponto activitiy book. Na clase diríalles o típico de: “Open the activity book on page forty-five, exercise 6… are you ready?” Abrímolo pola páxina 45 e imos facer o exercicio 6 que nos di “Read and match” (le e une) e vai ser o que teñen que facer, len os textos e teñen que unilos cos animais dos que falan. Se queren poden colorear os debuxos. Déixovos aquí unha imaxe da páxina para que ninguén se me perda).

FINISH! Espero que non fose moito traballo e o poidades ir facendo cando teñades tempo nos días que vos fagan falta. Calquera cousiña xa sabedes que tedes o meu correo á vosa total disposición: showandtext@gmail.com Moito ánimo!

Best wishes,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, 2º English, Preschool, Storytelling

DAY 12: 20/05/2020

Hey there! How are you today? O Monday comezamos coa historia “Brown bear, Brown bear, What do you see?” e hoxe vamos a seguir con ela. Son moitas as actividades que íbamos a facer ao longo deste curso, e non hai virus que nos quite de facelas. Asique anímovos a todos a seguir traballando moito.

ACTIVITY 1: Calendar (por supostísimo, que non se me esqueza! O noso adorable calendario con todas as nosas adoradas rutinas non podían faltar polo menos unha vez á semana! A ver se se nos vai olvidar a que día andamos xa).

ACTIVITY 2: Story (é a mesma historia do outro día pero en vez de contárvola eu, tráiovos a esta chica tan maja que no lo conta cantando. Eque un non teño unha voz moi de cantar, xa bastante tortura tedes. Así lembrádesvos de como iba esta historieta de animais que ven a outros animais).

ACTIVITY 3: Worksheets (e a ficha do outro día xa puiden ver que a fixestes xenial, asique animástesme a poñervos outras dúas para hoxe, nada máis e nada menos. Que hai que facer? Pois primeiro e antes de nada explicarvos que son dúas fichas que van xuntas, aínda que en folios separados. Hai que completar o que ven os animais, por exemplo, no debuxo da ovella que di: Black sheep, black sheep, what do you see? Repasamos os puntiños de “I see a..” e escribimos a cor e nome do animal que ve a señora ovella. E canto xa os teñades todos, tócavos o máis difícil, ordenalos. Douvos unha pista, o primeiro animal de todos que primeiro ve é o noso protagonista: Brown Bear, Brown Bear. E poñédeslle onde aparece o seu debuxo o número 1 (ou máis ben repasádelo porque xa está posto 😉 E o que queira pode colorear, pero é voluntario que xa bastante vos fixen traballar).

WORKSHEET – Complete the sentences and put in order (para descargar e imprimir)

ACTIVITY 4: Dance (non vos esperabades esto, pero co que me gusta a min bailar non me dei resistido a poñervos un bailecito sinxeliño con esta historieta. Estou segurísima que o facedes e o cantades moito mellor que os nenos do vídeo! Mandádeme as vosas grabacións para ver que tan ben o facedes! Sabedes que vivo virtualmente aquí dentro: showandtext@gmail.com).

FINISH! Despedímonos doutra semana de inglés e ata a próxima con máis cousiñas diferentes para facer e para seguir divertíndonos mentres aprendemos, que é a mellor maneira do mundo. Ala, a xogar o resto do día e a desfrutar do tempazo de verán que estamos a ter (despois de facer os exercicios do profe David, claro).

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉