Good morning kids! How are you today? I am happy and tired.
Volta coas clases de inglés. De momento vamos a seguir dándolle caña á UNIT 4: Places. Xa sei que estamos todos e todas un pouco cansos dela pero seguro que pronto temos novidades. De momento, hoxe tócannos unhas actividades un pouco aburridillas. Pero prométovos que pola tarde ides ter no blog o apartado de xogos listo para poder seguir aprendendo pero de maneira un pouco máis diver. Así que botádelle un ollo.
TIMER READY…3, 2, 1…GOOOOO!
ACTIVITY 1: Calendar (Facede clic sobre a palabra e a falar sós ou con alguén en inglés; teño de dicirvos que hoxe é o último día que este calendario está tan silencioso, pronto poderá falar e así acordámonos ben dalgunha que outra palabra; así que despedídevos del como se merece).
ACTIVITY 2: Vocabulary (facede clic na palabra e intentade recordar todas as palabras, nun folio podedes escribir a ver de cantas vos lembrades)
ACTIVITY 3: Worksheet (abaixo veredes dous links para entrar na ficha, un deles é para facer a ficha no ordenador, na tablet ou no móbil sen necesidade de descargala e xa se vos corrixe sola; a outra opción é para descargar a ficha e poder imprimila. Sede responsables e escollede a opción que prefirades, non esforcedes moito os ollos se xa empregástedes moito unha pantalla hoxe e non imprimades demasiado que temos que ter en conta a reciclaxe).
Worksheet 1 – online (para facer online)
Worksheet 1 – print out (para imprimir)
ACTIVITY 4: Song (un pouco de música para os nosos oídos ingleses).
FINISH! Por hoxe xa estades listos e listas de inglés. Ide botándolle un ollo ou dous ao blog estes días que vou subir máis cousiñas.
Love you,
TEACHER SANDRA 😉