Posted in 4º English, Buildings

DAY 6: 16/04/2020

Good morning or good afternoon! How are you? I am fine, thank you. Today is Thursday and IT’S ENGLISH TIME!

Hoxe é o último día que traballamos esta UNIT 4, para a vindeira semana comenzaremos con palabriñas novas, así que toca clase de repaso xeral. Non sei como ides coas fichas que vos mandara, nin coas actividades estas do diario pero espero que todo vaia ben, pero de todos modos, se queredes que eu corrixa algunha ou non entendedes algo xa sabedes que teño á vosa disposición o meu correo, aínda que sexa para que Borja, Alicia, Dani, Diego, Sheyla, Lara ou Diego me manden algún debuxo ou manualidade que estean facendo.

READY? 3…2…1…timer in 50 minutes…GOOOOOOO!

ACTIVITY 1: Calendar (onte estrenamos calendario novo, seguídelle dando caña que dentro de pouco ídelo saber xa sen mirar! Que profesionais vos estades convertendo en inglés!)

ACTIVITY 2: Game 1 (facede clic na palabra e repasamos o vocabulario cunha tandada de puzzles, a ver quen os fai mellor e en menos tempo; deixádeme as puntuacións nos comentarios de aquí abaixo).

ACTIVITY 3: Worksheet 1 (outra fichiña para facer dende o PC ou para imprimir de repaso, que seguro que os que forades polo cole xa a teredes nos folios de inglés).

WORKSHEET – online (para facer dende o ordenador, tablet ou móbil)

WORKSHEET – print out (para descargar e imprimila en papel)

ACTIVITY 4: Game 2 (un xoxo un pelín máis dificilillo para practicar esta unidade, a ver quen acerta as preguntas? A min lévame mil anos facérvolos e a vós tres minutos contestadas, que desastrillos somos).

ACTIVITY 5: Video (clicade para ver o vídeo e responde as seguintes preguntas: Is there a bus stop? Is there a newsagent’s? Is there a library? Are there shops? Are there museums? Is there a police station? Are there two cinemas? Is there a school?)

FINISH! Acabouse a UNIT 4! Ata a semana que vén

A virtual hug,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 4º English, Buildings

DAY 5: 15/04/2020

Good morning! How are you today? It’s English time. Are you ready?

Today is going to be difficult. Hoxe o día vai de fichas, entre moitas outras actividades. Lembrade que agora as fichas podedes facelas online (que xa tiven problemas para que se visen pero creo que xa está arranxado) ou imprimilas, dacordo coas vosas necesidades.

3…2…1…GOOOOO! counting 50 minutes

ACTIVITY 1: Calendar (facede clic na palabriña e abrirásevos un NOVO e a estrenar calendario; a ver que vos parece, pero a min estupendísimo porque agora non vos vai quedar outra que escoitarme e contestarme, non me deixedes ahí colgada falando sola eh? vós a tope con inglés)

ACTIVITY 2: Vocabulary (facede clic e veredes as palabras que seguimos a repasar desta unidade e que vamos a traballar nas seguintes fichas, e algunhas outras máis para que non vos aburrades).

ACTIVITY 3: Worksheet 1 (xusto aquí debaixo tedes as dúas opcións, a de online e a de descargar, clicade na que vós queirades, son a mesma ficha)

WORKSHEET 1 – online (clic aquí para facela no ordenador, tablet ou móbil)

WORKSHEET 1 – print out (clic aquí para descargar a ficha)

ACTIVITY 4: Worksheet 2 (xa vos dixen que iba ser durillo, dúas fichas para hoxe, pero na miña defensa direi que co traballadores que sodes facédelas nun “plis” porque son faciliñas)

WORKSHEET 2 – online (clic neste link para facela no ordenador, tablet ou móbil)

WORKSHEET 2 – print out (clic neste link para descargala e imprimila)

ACTIVITY 4: Game (algo para rematar a clase de hoxe, e asegurarnos de que está todo controlado e aprendido, unha colección de puzzles; a ver quen os da resolto? Deixádeme as puntuacións nos comentarios e facemos unha batalla de puntos).

Posted in 4º English, Buildings

DAY 4: 14/04/2020

Good morning kids! How are you today? I am happy and tired.

Volta coas clases de inglés. De momento vamos a seguir dándolle caña á UNIT 4: Places. Xa sei que estamos todos e todas un pouco cansos dela pero seguro que pronto temos novidades. De momento, hoxe tócannos unhas actividades un pouco aburridillas. Pero prométovos que pola tarde ides ter no blog o apartado de xogos listo para poder seguir aprendendo pero de maneira un pouco máis diver. Así que botádelle un ollo.

TIMER READY…3, 2, 1…GOOOOO!

ACTIVITY 1: Calendar (Facede clic sobre a palabra e a falar sós ou con alguén en inglés; teño de dicirvos que hoxe é o último día que este calendario está tan silencioso, pronto poderá falar e así acordámonos ben dalgunha que outra palabra; así que despedídevos del como se merece).

ACTIVITY 2: Vocabulary (facede clic na palabra e intentade recordar todas as palabras, nun folio podedes escribir a ver de cantas vos lembrades)

ACTIVITY 3: Worksheet (abaixo veredes dous links para entrar na ficha, un deles é para facer a ficha no ordenador, na tablet ou no móbil sen necesidade de descargala e xa se vos corrixe sola; a outra opción é para descargar a ficha e poder imprimila. Sede responsables e escollede a opción que prefirades, non esforcedes moito os ollos se xa empregástedes moito unha pantalla hoxe e non imprimades demasiado que temos que ter en conta a reciclaxe).

Worksheet 1 – online (para facer online)

Worksheet 1 – print out (para imprimir)

ACTIVITY 4: Song (un pouco de música para os nosos oídos ingleses).

FINISH! Por hoxe xa estades listos e listas de inglés. Ide botándolle un ollo ou dous ao blog estes días que vou subir máis cousiñas.

Love you,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 4º English, Buildings, English

DAY 2: 01/04/2020

Good morning Lara! Good morning Diego! Good morning Sheyla! Good morning Diego! Good morning Borja! Good morning Alicia!

How are you? I am HAPPY.

Vamos alá coa clase de hoxe de inglés. READY?

ACTIVITY 1: Calendar (dádelle ao link e abriravos o calendario de clase, hoxe cada un de vós será o encargado, a dicir as palabras todas moi alto para que se vos escoite o ben que o facedes)

ACTIVITY 2: Vocabulary (se facedes clic atoparedes todas as palabras desta unidade, intentade escribir cada unha polo menos unha vez nun papel o máis rápido que deades; canto tardastes? cinco minutos?? eso é moitísimo!! tedes que facelo en menos! vós podedes!)

ACTIVITY 3: Video (neste vídeo ides ver a unha familia en London, están de turismo “sightseeing”, quero que o vexades unha vez só escoitándoo, e a segunda vez ides anotando os lugares e edificios que van vendo vale? podedes deixarme a vosa resposta nun comentario desta entrada aquí abaixo, ou podedes mandarmo por correo showandtext@gmail.com)

FINISH! Good job!

Por hoxe xa traballástedes moito con inglés. Pero se alguén quere seguir repasando sobre esta temática podedes ir a UNIT 4: BUILDINGS e atoparedes máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichas e por supostos os vosos libros de inglés.

See you tomorrow!

Love you all!

SANDRA 😉

Posted in 4º English, Buildings, English

DAY 1: 31/03/2020

Hello!

How are you?

Aquí vos poño unha rutina para facer. Irei poñendo unha por cada día que temos inglés (ou intentareino). Hoxe temos clase, así que a traballar in English! As actividades para facer son:

ACTIVITY 1Calendario (facédelo como se estivésemos na aula, en voz alta a ver se nos acordamos de como se din todas as palabrejas)

ACTIVITY 2: Repasar o vocabulario da unit 4 (por se non vos lembrades, que seguro que si, estábamos dando “buildings” ou edificios; decide as palabras en alto a ver cantas sabedes).

ACTIVITY 3: Escoitamos unha song en English (intentade escoitar e ver todo o que poidades en English; sei que sodes moi fans do rock nesta aula así que hoxe tocou esta).

Non vos agobiedes por querer facer todo. O que pode faino, e o que non pois non pasa nada. Pero dedicádelle sempre un pouquiño do día ao inglés vale?

ÁNIMO QUE VÓS PODEDES!

Un abrazo moi forte da vosa teacher,

SANDRA 😉