Posted in 5º English, 6º English, Adjectives, Comparatives, Rooftops, Superlatives

DAY 10: 14/04/2020

Good morning! How are you today? I hope you are fine.

Voltamos ás clases de inglés! Seguro que as botábades de menos eh? Pois aquí van as actividades que podedes facer hoxe. De momento seguimos a repasar esa UNIT 4: Adjectives que tanto cariño lle debedes ter xa. Espero ter pronto novidades que ofrecervos. HERE WE GO (again)! 50 minutes timer please….

ACTIVITY 1: Calendar (facede clic na palabra calendario e abrirásevos nunha pestaña nova. Hoxe será o último día que vexades o calendario así, despedídevos de el conforme é debido; a partir de hoxe o calendario POR FIN terá voz, a parte da vosa que clarísimamente estades a dicir en voz alto verdade?)

ACTIVITY 2: Adjectives (a estas alturas estarán chupados, hoxe ademais de dicilas en voz alta, mirade moooito mooooito e mooooi ben como se escriben porque senón non ides dar feito a actividade seguinte; eu avisei)

ACTIVITY 3: Worksheets (vamos a escribir o adxectivo debaixo de cada imaxe, siiii, estas fichas xa as traballamos na clase así que non o digades moi alto que como vos vaia algo mal veredes! Por certo, tedes para descargalas e imprimilas e logo mandarmas por email ou tamén as tedes para facer online. Xa sei que ultimamente estades moito mirando para a pantalla do ordenador, tablet ou móbil; decidide vós se imprimilas ou non, sede responsables tanto cos vosos ollos como coa reciclaxe).

WORKSHEET 1: Online

WORKSHEET 2: Online — TODAS AS FICHAS PARA DESCARGAR AQUÍ

WORKSHEET 3: Online

WORKSHEET 4: Online (Nestas fichas online tedes que escribir a palabra na caixiña branca e darlle ao botón “FINISH” que aparece abaixo, e xa se corrixe sola)

ACTIVITY 4: Video (clicade no enlace ou dádelle play ao vídeo e escoitádeo unha vez enteiro. Da seguinte volta quero que anotedes os adxectivos que escoitástedes e os poñades en comparativo e superlativo. Fágovos eu o primeiro: MODERN – MORE MODERN THAN – THE MOST MODERN). Así con todos, understood?

UNIT 4 – Vocabulary

FINISH!

Outra clase que vai alá. A ver se temos máis indicacións por parte da Xunta e vos escoito algo falar inglés porque así soamente mandaricando non me gusta nada.

Love you,

SANDRA 😉

Author:

Sandra es la autora del blog "showandtext", o lo que es lo mismo, la innovadora idea del "enseña y cuenta" de toda la vida: "enseña y chatea". Aquí podréis encontrar diversas actividades o juegos, dependiendo del nivel de los alumnos y alumnas, para repasar, practicar o revisar algunos de los contenidos adquiridos en el aula. Los niños y niñas aprenderán a ser autónomos en su búsqueda del conocimiento, al mismo tiempo que se dedica una parte a los y las "teachers" (teachers' corner) donde encontrarán propuestas, recursos y DIY (do it yourself) materiales para aplicar diariamente.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s