Good morning!
How are you? I am fine, thank you.
Vamos a darlle caña ao inglés outro día máis. Propóñovos estas actividades para a clase de hoxe de inglés. READY? 5…4…3…2…1…GO
ACTIVITY 1: Calendar (facedes clic e rutina de calendario coma sempre, non perdamos a rutina non vaia a ser que nos esquezamos dos días, ou dos meses, AAAAH!, ou incluso dos números 😦 espero que non)
ACTIVITY 2: Vocabulary (dicídelo en voz alta cada unha delas, que se vos escoite ben que seguro que vos acordan e, lembrade, nada de dicir “kind” como neno en alemán eh? “kaind”)
ACTIVITY 3: Video (vamos a escoitar todo este video, colledes un folio e quero que anotedes TODOS os “adjectives” que escoitedes no vídeo, é faciliño porque tedes os subtítulos postos).
ACTIVITY 4: Writing and Speaking (no vídeo anterior puidéstedes ver xente describindo a personalidade dos seus compis, o que quero que fagades agora é escoller unha persoa ou dúas e describila igual que no vídeo; dicídelle o que escribístedes a alguén en voz alta ou mandádeme o vídeo a min por correo: showandtext@gmail.com).
FINISH! GOOD JOB!
Hoxe foi un día duro e dificilillo. Pero mañá será outro día. Levade as cousas con calma e facede o que poidades. Pero sempre escoitade algo en inglés vale? Todos os días un pouquiño. Se queredes practicar máis sobre este tema atoparedes facendo clic na UNIT 4: ADJECTIVES máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichiñas e os vosos libros do cole.
Love you all,
SANDRA 😉