Posted in 5º ARTS AND CRAFTS, 5º English, 6º ARTS AND CRAFTS, 6º English

WEEK 2: 05/06/2020 – 12/06/2020

Good day to you all! How are you? A videochamada foi perfectísima, iso que o vocabulario da historia era complicadillo eh? Nunca tantas veces vimos sinónimos da palabra “asqueroso” en English. Pero bueno, así aprendemos moito máis e sobre todo se é con este carismático can.

ACTIVITY 1: Calendar (sempre empezamos co calendario unha vez á semana, intentade facelo aínda que non vos apeteza vale? Unha vez polo menos cada sete días que xa case acabamos o curso).

ACTIVITY 2: Video (déixovos o conto pero contado por min por se queredes practicar a pronunciación daquelas palabras que son máis complicadillas como “Hygiene” que se escribe coma en español pero nanai coa pronunciación).

ACTIVITY 3: Storytelling (e aquí vos van as imaxes páxina a páxina por se queredes contalo vós a alguén, familiar, animal, ser vivo…dame igual. Iso si, se llo contades a alguén mandádeme o vídeo de como falades e como vos escoitan as pitas ou quen sexa 😉

STORYTELLING – PDF (para descargar)

ACTIVITY 4: Vocabulary (comezamos a traballar a historia con algún vocabulario que sae dela, máis que nada para aprender moitas máis palabras novas en English e repasar algunhas que seguro que xa sabíades como “ears” ou “clean”. Tedes opción de imprimir ou facela online pero se a facedes online escribide todo con maiúsculas para que o dea por válido vale? E mandádeme foto ao correo: showandtext@gmail.com)

PIG THE STINKER – Vocabulary to do online (para facer no PC, tablet ou móbil)

PIG THE STINKER – Vocabulary to print out (para descargar e imprimir)

ACTIVITY 5: Reading comprehension (e aquí con estas dúas fichiñas analizamos máis de cerca o conto. Fixádevos ben nas preguntas de comprensión vale? En secundaria traballan moito con elas e así xa ides preparadísimos en English)

READING COMPRENHENSION – print out (para descargar e imprimir)

ACTIVITY 6: Worksheet 1 (outra fichiña máis facilísima sobre o conto. No primeiro exercicio tedes que poñer se son verdadeiras ou falsas (se a facedes online escribide “true” e “false” todo en minúsculas) e no segundo exercicio tedes que ordenar esas oracións segundo van acontecendo na historia; nos cadradiños de abaixo ides poñendo a letra en maiúscula por orde)

WORKSHEET 1 – online (para facer no PC, tablet ou móbil)

WORKSHEET 1 – print out (para descargar e imprimir)

ACTIVITY 7: Worksheet 2 (e a última de todas as fichas que consiste en repasar os comparativos e os superlativos. Lembrade que os comparativos era engadir -ER THAN ao adxectivo se tiñan unha sílaba ou acababan en “Y” que tiñesen dúas sílabas e poñer “MORE … THAN” se tiñan dúas ou máis sílabas deixando o adxectivo como está. Os superlativos había que engadir “THE …-EST” para os de unha sílaba ou os que remataban en “Y” e poñer “THE MOST …” para os de máis dunha sílaba deixando o adxectivo como está. Agora explícovos os exercicios: no primeiro tedes que poñer os adxectivos do recadro debaixo de cada canciño segundo vexades. No exercicio dous tedes que facer catro oracións en comparativo empregando os adxectivos que puxéstedes debaixo de Pig (podedes inventalas e escribir: Pig é máis sucio que unha araña) e no exercicio tres tedes que facer oracións en superlativo cos adxectivos de Trevor e tamén podedes inventalas como por exemplo “Trevor é o máis limpo” e así co resto).

WORKSHEET 2 – print out (só tedes para descargar e imprimir porque non podo facela online ao ser de resposta libre e crear as vosas propias oracións. Se non podedes imprimir escribídeas na libreta de English).

ACTIVITY 8: Craft (déixovos diversas manualidades para facer, como esta semana foi o día do medio ambiente eu propóñovos sobre todo facerlle unha casiña para paxaros que son moi sinxeliñas se non tedes ningunha e así promovemos un pouquiño o coidado dos seres vivos que ao noso lado manteñen a o noso planeta en orde con cada un a súa función. Asique xa sabedes, a reciclar para facer manualidades e a reciclar no noso día a día tamén. Calquera opción que elixades eu estou contentísima con ela, iso si, mandádeme a foto de como quedou vale? Non vos esquezades que sodes capaces de moito e sede creativos todo o que poidades).

FINISH! Outra semana máis feita e rematada. Sei que xa estaredes cansos, pois estamos a final de curso aínda que non o pareza pero eu tamén estou coma vós. Imos darlle todo o que nos quede unha semaniña máis e despois teredes o voso merecido descanso. E merecedes un aplauso ben grande, vós e as vosas familias que entre todos e todas demos seguido adiante! BRAVO!

Love you loads,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 5º ARTS AND CRAFTS, 5º English, 6º ARTS AND CRAFTS, 6º English

WEEK 1: 25/05/2020 – 31/05/2020

Hello kids! It’s English time! Como vos comentei a semana pasada a través de Skype, a partir de agora vou poñervos as actividades todas xuntas por semana en vez de poñérvolas día a día. Así vós adaptades o horario a según poidades e escolledes o que podedes facer de entre todo o que vos propoño. Lembrade! Intentade mandarme ao correo (showandtext@gmail.com) polo menos unha delas á semana. Se as facedes online e clicades en “send to the teacher” e poñedes o meu correo tamén me chegan.

Alá vamos con este solazo! Ready?? Let’s do this!

ACTIVITY 1: Calendar (coma sempre o noso prezado calendario primeiro e antes de nada, respondendo ás preguntas directamente e intentado dicir en alto todos os días, meses, cores, números, tempo e emocións para non esquecelas. Ánimo!)

ACTIVITY 2: Video (Aquí tedes a historia que traballamos na videochamada, a biografía de Frida Kahlo, a Mexican painter. Clicade no vídeo para refrescar a memoria que logo vai a haber fichas para facer sobre este conto)

ACTIVITY 3: Storytelling (estas son as imaxes da historia anterior para que llas leades vós a papá, mamá, irmáns ou avós, como na videochamada, e se vos equivocadas volta a empezar eh? Non me sexades cheaters. AH! Se algún ou algunha se anima sempre pode grabarse léndoo todo e mandarmo para contarmo a min que son moi fan de ler libros e máis se mos enviades vós.)

STORYTELLING – PDF (para que a descarguedes se queredes, non hai que imprimir)

ACTIVITY 4: Reading Comprehension (coma sempre, despois da lectura facemos a ficha que nos corresponde, o máis importante son as preguntas pero podedes completala toda que non vos vai levar moito. Se non tedes impresora ou tinta xa sabedes que podedes escribilo nun folio reciclado e mandarme a foto por correo).

READING COMPREHENSION – story (aquí a tedes para descargar e imprimir)

ACTIVITY 5: Worksheet 1 (esta semana imos repasar tamén o PAST SIMPLE, ou o que é o mesmo, o pasado que é ese tempo que empregamos para falar de persoas e cousas que xa non están, xa pasaron. Lembrámonos con esta ficha de que había dous tipos de pasados: un para os verbos molóns que eran aqueles que só había que poñerlle -ED ao final e os verbos repunantis que cambiaban o que lle daba a gana e había que aprendelos de memoria. Pois nesta ficha tedes que escoller a resposta correcta para poñer cada verbo en pasado. Tedes para facela online ou para imprimir).

WORKSHEET 1 – online

WORKSHEET 2 – print out

ACTIVITY 6: Craft 1 (un dos cadros que pintou Frida Kahlo foi este que tedes nesta ficha. Chamoulle: “Fruits of the Earth” clarisimamente porque pintou froitas. O que tedes que facer é colorear a imaxe coma a pintura orixinal, exactamente igual. Podedes empregar crayons, wooden pencils, felt-tips, manley or paint xa vedes que me da igual o material pero o importante é que vos fixedes nas cores e busquedes as mesmas ou caaaase as mesmas para pintar o voso cadro. Cando rematedes rétovos a que me escribades o nome de 10 froitas en inglés por detrás da ficha, a ver quen é capaz!)

CRAFT 1 – painting (enlace para descargar e imprimir)

ACTIVITY 7: Craft 2 (por supostísimo e como puidemos aprender nesta historia, Frida Kahlo pintou moitísimos self-portraits (autorretratos: cando te pintas a ti mesm@ e para iso embregaba un espello). Pois xa vedes, a esta imaxe fáltanlle cousas e hai que completala, só podedes empregar pencil e medide moi ben as distancias para que non teña un ollo máis grande que outro vale? Despaciño e sen presa. Non é obrigatorio colorear, para que vos centredes no debuxo. E claro, RETO! Rétovos a que me escribades 10 partes do corpo en inglés por detrás da ficha, a ver ata cantas chegades!)

CRAFT 2 – self-portraits (enlace para descargar e imprimir)

FINISH! Aquí vos deixo logo o traballiño para tooooooda a semana. Facede o que poidades de entre todo esto, escoitade todo canto poidades de inglés e mandádeme ao correo polo menos unha delas vale??! Lembrade que o meu correo é: showandtext@gmail.com para calquera dúbida ou cousiña que necesitedes.

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 5º English, 6º English

DAY 24/05/2020

Hello! How are you today? Continuamos a nosa semana de inglés, seguimos practicando as descripcións de persoas, que a estas alturas xa seguro que as sabedes de memoria.

ACTIVITY 1: Calendar (esta semana non podía pasar sen o noso calendario querido, que seguro que o botades de menos).

ACTIVITY 2: Vocabulary (empezamos por esta ficha sinxeliña para repasar as palabriñas, clicades e escoltades como se din, repetides en voz alta e facedes os exercicios seguintes para practicar. O primeiro é de unir o que escoitedes co debuxo e o seguinte clicar na palabra correcta).

ACTIVITY 3: Worksheet 1 (nesta ficha tedes para facela online ou para imprimila. O que hai que facer é mirando para a imaxe, completamos con “HAS GOT” (ter) ou “IS” (ser). A persoa da imaxe recórdavos algo moi importante para que non piquedes coma sempre…os ingleses non din que “teñen tantos anos”, din que “son así de vellos”.)

WORKSHEET 1 – online (para facer online)

WORKSHEET 1 – print out (para descargar e imprimir)

FINISH! Como xa vai tocando videochamada, esta clase vai ser máis lixeiriña, porque vense unha gorda para traballar nos próximos días! Moito ánimo e descansade algo tamén, que o tedes máis que merecido!

Posted in 5º English, 6º English

DAY 23: 19/05/2020

Good morning everyone! Con este sol estupendísimo comezamos o día Tuesday. Por se a algún se lle olvida a que día estamos xa. Facemos memoria do que traballamos na videochamada o Friday pasado. Estivemos repasando as descripcións de persoa e para iso xogamos a un xogo de adiviñar a persoa. Vóuvolo deixar por aquí por se vos apetece xogalo na casa. Pero hoxe vamos a facelo distinto. Propóñovos 5 retos, nin un máis nin un menos. Vouvos describir un dos personaxes que vedes nas imaxes e vós mandádesme por correo o número do reto e a solución, a ver que os acerta todos!

Pero primeiro os nosos personaxes e un pouquechiño de vocabulario en inglés para non esquecernos das palabrejas.

WHO IS WHO – download and print out (por se queredes descargalo ou imprimilo)

READY? Lembrade que pode ser calquera persoa das dúas primeira imaxes que tedes ahí arriba vale?

RETO 1: She is a girl. She has got short, brown hair. She is beautiful. She has got brown eyes. She has got a ring. She is young. Who is she?

RETO 2: He is a man. He has got brown eyes. He is tall and thin. He has got short, straight and black hair. He is wearing a tux. He is middle-aged. Who is he?

RETO 3: He is a man. He is almost bald. He has got blue eyes. He is short. He has got a big nose. He is wearing a green tie. He is old. Who is he?

RETO 4: He is a man. He is young. He has got short, straight dark hair. He has got brown eyes. He has got big ears. He is wearing a white t-shirt. Who is he?

RETO 5: She is a girl. She has got blue eyes. She has got long brown hair. She has got a plait. She is serious. She cares about the environment. Who is she?

A ver quen me sorprende! Son algo complicadillos eh? Mandádeme as vosas solucións ao correo: showandtext@gmail.com AH! E se queredes podedes propoñerme un reto a min, a ver se o adiviño. Ou tamén o podedes deixar nos comentarios do blog para que adiviñen os vosos compis. GOOD LUCK!

E non me esquezo de nada, para rematar de repasar as descripcións póñovos esta ficha para que respondades ás preguntas sobre a imaxe. Estas son as preguntas que nos preguntábamos o venres, xa as tedes sabidísimas seguro. Mirade a imaxe, lede a pregunta e clicade na resposta correcta. Mandádeme a solución sacándolle foto ou clicando en “send the answer to the teacher” escribindo o voso nome e correo. E despois dádelle a comprobar a ver que resultado tedes. Seguro que moi bo! Pois o dito, aquí vos deixo a versión para facer online e tamén a de descargar e imprimir:

WORKSHEET 1 – Online (para facer no pc, tablet ou móbil)

WORKSHEET 1 – Print out (para descargar e imprimir)

FINISH! Agora si que si…a brincar por ahí con estes diazas que estamos tendo. See you tomorrow!

A virtual hug,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, 2º English, 3º English, 4º English, 5º English, 6º English, Preschool, Storytelling

AESOP’S STORIES: PinkFong

Posted in 1º English, 2º English, 3º English, 4º English, 5º English, 6º English, Preschool, Storytelling

MUSICAL STORIES: PinkFong