Posted in 5º English, 6º English, Adjectives

DAY 11: 15/04/2020

Good morning my dearest students! How are you today? I am super happy.

Tráiovos mogollón de novidades hoxe. Primeiro e antes de nada ides estrenar unha nova sorpresa que espero que vos guste. Segundo e despois de nada, hoxe vense unha clase movidiña. A ver se damos feito algo entre todos. Que vos parece? READY? TIMER READY?

3…2…1…GOOOOO! 50 minutes running…

ACTIVITY 1: Calendar (clicade nel e veredes que temos algo novo! sí! a partir de agora este vai ser o noso calendario; nada de ignorarme, agora tedes que escoitarme ben e atender ao que digo; dende logo non me deixedes coa palabra na boca así que tócabos falar inglés si ou si; espero que vos guste e vos sexa máis útil que o anterior).

ACTIVITY 2: Vocabulary (facede clic e a dicir esas frases con pronunciación inglesa pero pechada pechada; dámoslle outra volta aos adxectivos? a ver se están claros ou non? eu penso que si, asique mirade ben como se escriben e vamos a pola seguinte actividade)

ACTIVITY 3: Special Worksheet (hoxe vense un pack de fichas especiais; cóntovos máis: tedes que facer a WORKSHEET 1 que hai que escribir as palabras no sitio que pensades que deberían ir; recoméndovos que miredes ben esa descripción e á guapísima da foto por suposto XD).

WORKSHEET 1 – online (fai clic neste link para facer a ficha no ordenador)

WORKSHEET 1 – print out (fai clic neste link para descargar a ficha e imprimila)

ACTIVITY 4: Worksheet worksheet (aquí vén a ficha principal; tedes que facer vós o mesmo que fixen eu. Imprimídela ou facédela online (desta volta recoméndovos mellor imprimila). Tedes que poñer unha foto vosa e describirvos ao lado, podedes coller de exemplo a miña descripción. Despois quitádeslle palabriñas á vosa descripción como fixen eu e escribídelas no cadrado de arriba da ficha. Escaneádela e mandádesma por correo: showandtext@gmail.com e entre todos e todas as que ma mandedes ides ter sorpresilla).

WORKSHEET 2 – online (enlace para facer no ordenador, tablet ou móbil)

WORKSHEET 2 – print out (enlace para descargar e imprimir)

ACTIVITY 5: Game (para rematar se tedes tempo podedes probar a ver como se vos da resolver puzzles, e deixádeme as vosas puntuacións nos comentarios a ver que é o campión ou campiona dos puzzles).

FINISH! Foi duro pero tomádevos os días que fagan falta. Moito ánimo! Vémonos mañá na próxima clase, con máis e mellor!

Kisses,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 5º English, 6º English, Adjectives, Comparatives, Rooftops, Superlatives

DAY 10: 14/04/2020

Good morning! How are you today? I hope you are fine.

Voltamos ás clases de inglés! Seguro que as botábades de menos eh? Pois aquí van as actividades que podedes facer hoxe. De momento seguimos a repasar esa UNIT 4: Adjectives que tanto cariño lle debedes ter xa. Espero ter pronto novidades que ofrecervos. HERE WE GO (again)! 50 minutes timer please….

ACTIVITY 1: Calendar (facede clic na palabra calendario e abrirásevos nunha pestaña nova. Hoxe será o último día que vexades o calendario así, despedídevos de el conforme é debido; a partir de hoxe o calendario POR FIN terá voz, a parte da vosa que clarísimamente estades a dicir en voz alto verdade?)

ACTIVITY 2: Adjectives (a estas alturas estarán chupados, hoxe ademais de dicilas en voz alta, mirade moooito mooooito e mooooi ben como se escriben porque senón non ides dar feito a actividade seguinte; eu avisei)

ACTIVITY 3: Worksheets (vamos a escribir o adxectivo debaixo de cada imaxe, siiii, estas fichas xa as traballamos na clase así que non o digades moi alto que como vos vaia algo mal veredes! Por certo, tedes para descargalas e imprimilas e logo mandarmas por email ou tamén as tedes para facer online. Xa sei que ultimamente estades moito mirando para a pantalla do ordenador, tablet ou móbil; decidide vós se imprimilas ou non, sede responsables tanto cos vosos ollos como coa reciclaxe).

WORKSHEET 1: Online

WORKSHEET 2: Online — TODAS AS FICHAS PARA DESCARGAR AQUÍ

WORKSHEET 3: Online

WORKSHEET 4: Online (Nestas fichas online tedes que escribir a palabra na caixiña branca e darlle ao botón “FINISH” que aparece abaixo, e xa se corrixe sola)

ACTIVITY 4: Video (clicade no enlace ou dádelle play ao vídeo e escoitádeo unha vez enteiro. Da seguinte volta quero que anotedes os adxectivos que escoitástedes e os poñades en comparativo e superlativo. Fágovos eu o primeiro: MODERN – MORE MODERN THAN – THE MOST MODERN). Así con todos, understood?

UNIT 4 – Vocabulary

FINISH!

Outra clase que vai alá. A ver se temos máis indicacións por parte da Xunta e vos escoito algo falar inglés porque así soamente mandaricando non me gusta nada.

Love you,

SANDRA 😉

Posted in 5º English, 6º English, Adjectives

DAY 9: 02/04/2020

Good morning! How are you today? I am FINE, thank you!

Outro día máis de clase de inglés! Ante xa foron moitas as actividades que fixéstedes polo tanto hoxe vamos a tomalo con máis calma e relax (si, esta última palabra é un adxectivo en inglés que usamos en galego tamén).

LET’S GO! Timer ready in…3…2…1…GO!

ACTIVITY 1: Calendar (ahí nos toca outro día máis, vouvos facer spoiler hoxe, ide ata o final desta entrada nos comentarios e veredes que eu xa fixen o calendario á perfección, a ver se alguén se anima a comentarme como está o tempo por ahí e que tal estades)

ACTIVITY 2: Vocabulary (repetimos un día máis este fermosísimo vocabulario da mellor maneira posible, é dicir, como o estades facendo, seguro)

ACTIVITY 3: Worksheet (algúns xa levástedes esta ficha para facer, outros xa a fixeron, os que a fixeron poden correxila por aquí online, os que non a fixeron poden facela online sen ter que descargala; só tedes que clicar nas caixiñas e escribir correctamente os adxectivos que están entre paréntesis e xa podedes ver as respostas cando rematedes, a ver cantas acertástedes)

https://www.liveworksheets.com/qs868si

ACTIVITY 4: Song (póñovos esta canción para que escoitedes algo en inglés, de paso, así por casual, podedes prestarlle atención porque creo que di algún adxectivo así comparando, nada do outro mundo, o que estades aprendendo bah).

FINISH!

A próxima semaniña non vos vou mandar nada polo diario, pero o que sí vos recomendo é que escoitedes e miredes todo o que poidades en inglés si? Hai que ir entrenando esas orellas!

Miss you,

SANDRA 😉

Posted in 5º English, 6º English, Adjectives, English

DAY 8: 01/04/2020

Good morning!

How are you? I am fine, thank you.

Vamos a darlle caña ao inglés outro día máis. Propóñovos estas actividades para a clase de hoxe de inglés. READY? 5…4…3…2…1…GO

ACTIVITY 1: Calendar (facedes clic e rutina de calendario coma sempre, non perdamos a rutina non vaia a ser que nos esquezamos dos días, ou dos meses, AAAAH!, ou incluso dos números 😦 espero que non)

ACTIVITY 2: Vocabulary (dicídelo en voz alta cada unha delas, que se vos escoite ben que seguro que vos acordan e, lembrade, nada de dicir “kind” como neno en alemán eh? “kaind”)

ACTIVITY 3: Video (vamos a escoitar todo este video, colledes un folio e quero que anotedes TODOS os “adjectives” que escoitedes no vídeo, é faciliño porque tedes os subtítulos postos).

ACTIVITY 4: Writing and Speaking (no vídeo anterior puidéstedes ver xente describindo a personalidade dos seus compis, o que quero que fagades agora é escoller unha persoa ou dúas e describila igual que no vídeo; dicídelle o que escribístedes a alguén en voz alta ou mandádeme o vídeo a min por correo: showandtext@gmail.com).

FINISH! GOOD JOB!

Hoxe foi un día duro e dificilillo. Pero mañá será outro día. Levade as cousas con calma e facede o que poidades. Pero sempre escoitade algo en inglés vale? Todos os días un pouquiño. Se queredes practicar máis sobre este tema atoparedes facendo clic na UNIT 4: ADJECTIVES máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichiñas e os vosos libros do cole.

Love you all,

SANDRA 😉