Hello there! How are you today? Último día de traballo, non nos queda nada e así despedímonos deste curso tan raro e tan complicadillo para todos. Asique primeiro e antes de nada quería darvos un aplauso moi forte para todos e cada un/unha de vós porque o tedes máis que gañado e merecido e tamén un aplauso grande para as familias que tanto vos axudaron e se esforzaron tanto ou máis que vós. E agora ao temilla,
ACTIVITY 1: Vocabulary (aquí vos deixo o enlace ao vocabulario do tema por se algún ou algunha precisa dun repaso ou de lembrarse de como falamos en English)
ACTIVITY 2: Worksheet (esta vez repasamos a segunda parte das novas palabriñas para que non se nos olviden como se escriben e como as pronunciamos en English. Tedes que escribilas co animal que corresponda e lembrade que “CAN” é que pode e “CAN’T” que non pode).
ACTIVITY 3: Song (e para despedirnos vamos a empregar esta canción que seguro que vos soa raro pero é o que temos que dicir cando alguén nos da as “gracias” que en English nos din “THANK YOU” e temos que responder como canta Maui “YOU’RE WELCOME” que viría a ser o noso “de nada” de toda a vida).
FINISH! Pois nada chicos e chicas xa máis maiores e seguramente máis grandes e guapos e guapas, rematamos un curso e agora toca o merecido descanso. Asique de traballo mándovos rascar a barriguiña con unha man o que nos queda de xuño (JUNE), coa outra man en xullo (JULY) e rascamos outro pouco máis a barriguiña coas dúas mans en agosto (AUGUST). Por supostísimo, tedes á vosa disposición o blog e o meu correo por se precisades calquera cousa nos meses vindeiros. Coidádevos moito, lavade ben as mans e a desfrutar do verán! A vosa teacher ten moitas ganiñas de vervos pronto! Mándovos un biquiño enorme e un abrazo xigantesco!
A million hugs,
TEACHER SANDRA 😉
One thought on “DAY 19: 17/06/2020”