Posted in 3º ARTS AND CRAFTS, 3º English, 4º Arts And Crafts, 4º English

WEEK 2: 03/06/2020 – 10/06/2020

Hey people! How are you today? Como me gusta vervos na videochamada! Hoxe tocounos contacontos e fixéstelo xenialísimo, coma era de esperarse de vós. Xa que vos dei onte e o luns libre veño hoxe a darvos caña (de pescar). Ready?

ACTIVITY 1: Calendar (xa sabedes que unha vez ao ano non fai dano, así que ide repasando todas esas palabrujas e mirando como se escriben eh? que sodes case case estudantes de quinto de primaria señoritos e señoritas maiores).

ACTIVITY 2: Video (coma sempre póñovos o vídeo da lectura para que escoitedes e vos fixedes moito moito moitísimo na pronunciación daquelas palabras que vos resultaron complicadillas e por suposto, respondédeme as preguntas que vos fago mentres leo vale? Como se estivese ahí ao voso lado ca serpe de Lara e o can de Diego Pita que non parou de ladrar en toda a noite).

ACTIVITY 3: Storytelling (tamén vos deixo aquí abaixo as imaxes de cada páxina do libro por se queredes contarllo aos vosos pais, irmáns, amigos ou ao gato mesmo. Iso si, se o contades espero que me mandedes o vídeo de como o facedes e do moito que vos atenden os vosos oíntes mentres o contades con pronunciación totalmente inglesa).

COLLECTING CATS – Storytelling PDF (todas as imaxes en PDF para descargar)

ACTIVITY 4: New Vocabulary (esta ficha xa a fixemos durante a videochamada pero déixovola aquí para que repasedes as novas palabras que aprendimos con esta historia. Acordádevos sobre todo de “spots” que son lunares e “spotty cats” que son gatos con lunares. Xa me contaredes cal vos foi a máis difícil).

VOCABULARY – online (enlace para facer no PC, tablet ou móbil)

VOCABULARY – print out (enlace para descargar e imprimir)

ACTIVITY 5: Reading comprehension (aquí se ven outro clásico dos nosos contos, a ficha para ver canto entendestes e canto traballades. Lembrádevos de en opinión poñer: “I think this book is…” e de responder ben as preguntas. Como “tip” (consello) dígovos que en inglés as preguntas que comezan coa palabra “Do” temos que responder: ou “Yes, … do” ou “No, … don’t” e se tedes algunha dúbida sabedes de sobras que podedes falarme por Skype ou mandarme un correo á miña casa virtual: showandtext@gmail.com)

READING COMPREHENSION – print out (enlace para descargar e imprimir)

ACTIVITY 6: Pet Instagram (imos facer unha conta de Instagram para as nosas mascotas. O que non teña ningunha inventa unha que lle gustaría ter. Tedes que contestar a esas preguntas que vos aparecen con respostas longas vale? Se vos pregunta “What’s your name?” – “Como te chamas” non poñades “Michi” poñede “My name is Michi”. E así con todas. A primeira é o nome (My name is…), a segunda cantos anos ten (I am…years old), a terceira onde vive (I live in…), a cuarta cando é o seu cumple (My birthday is the…), a quinta que lle gusta (I like…) e a última que animal é (I am a…). Xa ten o perfil creado a nosa mascota, agora vamos a poñerlle unha foto de perfil no circuliño pequeno que vedes arriba á esquerda (nas foto de perfil sempre hai que poñer unha para posturear 😉 ) e nos dous recadros podedes poñer unha foto da comida que lle dades ou de vós con ela. Non fai falla imprimir, o que poida pode sacarlle a foto e imprimila, o que non debúxaa e a min váleme igual).

INSTAGRAM WORKSHEET – para descargar e imprimir

ACTIVITY 7: Online worksheet (nesta ficha imos practicar o verbo “Have got” que en English significa “Ter”. Lembrade que HE, SHE e IT levan sempre “s” así que non podemos “have got” empregamos sempre “haS got”. Estamos de repaso que esto debería estar super listo para ir para o seguinte curso xa).

ONLINE WORKSHEET – para facer online (clicade e escollede e ordenade as respostas)

ACTIVITY 8: Crafts (déixovos unha morea de enlaces ás manualidades que vos atopei para que elixades vós a que poidades facer mellor cos recursos que cada un teña na casa vale? Se non queredes imprimir pois escollede outra de pintar, se non tedes pinturas pois escollede unha de debuxar; a que poidades facer e máis vos guste. Se vos perdedes nas páxinas que vos puxen dicídime vale? Se hai que imprimir algo en inglés chámanlle “templates” facedes clic e xa descargades. Normalmente están ao final de toda a explicación. E por supostísimo quero ver como enchedes o museo de artistazas! Mandádemas por corre: showandtext@gmail.com)

FINISH! Ata o mércores da semana que vén non vos molesto máis! Tedes unha semaniña para ir facendo vale? Con calma e boa letra.