Posted in 4º English, English, School

DAY 9: 23/04/2020

Good morning! Aquí estou outra vez con outras actividades para facer hoxe. Xa sabedes, ide facendo pouquiño a pouco e se tedes dúbidas aquí tedes o meu correo para calquera cousa: showandtext@gmail.com Lémbrovos que onte puxen un horario que podedes cubrir coas asignaturas traducidas, así teredes un horario en galego e outro en inglés. Gustaríame moito ver como vos quedaron.

READY? 3…2…1…GOOOOOO

ACTIVITY 1: Calendar (a estas alturas xa vos considero uns profesionais do calendario, igual dentro duns días vos cambio a outro para que non teñades aburrido este; ídeme dicindo que tal vos parece)

ACTIVITY 2: Vocabulary (esta semana é o último día que temos inglés, asique ide a tope coas palabras que ata martes non as volvedes ver; non vaia a ser que as botedes de menos pero estou segura de que non porque o de “English” seguro seguro que o facedes todos os días a que si?)

ACTIVITY 3: Worksheet (esta vez só vos poño unha ficha para facer e é para facer soamente online, entrades e tedes exercicios para ir resolvendo. No primeiro hai que arrastrar as palabras debaixo de cada debuxo. No segundo mirar as caritas e clicar en se lle gusta ou non dependendo dos emojis que teñan ao lado).

WORKSHEET 1 – online  (enlace para facer no ordenador, tablet ou móbil)

ACTIVITY 4: Game 1 (este xogo de hoxe é un pouquechiño máis difícil que os que fixéstedes ata agora. Tedes que escoitar o que digo, e seleccionar unha das opcións que tedes. Fixádevos ben na imaxe e seguro que o rematades en tres segundos. O importante é que repitades moito para non esquecer que sabedes falar inglés tamén. GOOD LUCK!)

FINISH! Ata a semana que vén que virán clases mellores e fresquiñas para seguir aprendendo inglés xuntos dende a distancia. Que ganiñas de vervos a todos e a todas!

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 4º English, English, School

DAY 8: 22/04/2020

Good morning! How are you today? Non me respondades, gardádeo para o calendario. IT’S ENGLISH TIME AGAIN! Today is Wednesday. Aquí tedes as actividades que vos propoño para hoxe.

ACTIVITY 1: Calendar (comezamos co noso adorable e para nada repunante calendario, levade con paciencia os números ata o 31 e repetídeos por suposto).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos practicando o vocabulario, dicindo comigo cada unha das palabras, para que non se nos escapen da cabeza e fixándonos sobre todo en como se escriben; xa sabedes que os ingleses non escriben igual que falan, senón sería moi fácil).

ACTIVITY 3: Timetable (tedes versión para descargar e imprimir e versión para facer online aquí abaixo; clicade na que vós queirades. O que tedes que facer? Pois escribir antes de nada nos recadriños de cores monísimas os días da semana, que non vos acordan? Ide ao calendario e non me sexades trampulleiros e trampulleiras! E despois completades co voso horario de clase as asignaturas en inglés claro! TIP: sociais en inglés dise “social science” pero podedes poñerlle “geography” ou “history” que dadas nesa materia; e naturais dise “natural science” pero podedes ponerlle “science”). Ensinádeme a ver que chulos vos quedaron. Se queredes tamén podedes debuxar un vós! Anímovos a que sexades creativos e creativas.

TIMETABLE – online (aquí para facer no ordenador, tablet ou móbil)

TIMETABLE – print out (aquí para descargar e imprimir na casa)

ACTIVITY 4: Game (toca relax e volta á calma, repasando máis vocabulario pero desta vez máis divertido, cun xogo! Apetécevos unha partida de puzzles? Tan de moda nestes días de confinamento, pois a profe de inglés dixo: “seguro que queren MÁIS puzzles que non han ter abondo”; xa me contaredes que puntuación tedes ao final!).

FINISH! Clase rematada e a outra cousa. Como vos digo sempre, estas actividades son voluntarias para quen as poida facer. Eu anímovos a seguilas xa que só tedes que darlles clic aos enlaces. Ultimamente o Internet está a facer das súas, pero con paciencia e calma que tempo temos de sobras. Se precisades de axuda ou non entendedes calquera cousa xa sabedes onde atoparme (no correo ou coma hoxe, retransmitindo en directo).

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉