Posted in 2º English, English, Pets Trailers

DAY 6: 27/04/2020

Good morning! How are you today?

Bueno, hoxe é un día algo especial, sobre todo para os que estabades nun piso. Por fin podemos pisar a rúa, pero con algunha que outra condición. Debido a isto, e que algunhas persoas se me facían un lío con tanta actividade, a partir de agora vou poñer menos. IT’S ENGLISH TIME!! Ready? 3…2…1…GOO!

ACTIVITY 1: Calendar (o noso calendario si que non pode faltar, é o pan de cada día para non esquecernos da profe de inglés que vos bota tanto de menos)

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos con “PETS” que penso que vos animades bastante cando a traballamos; a decir as palabras ben alto para que vexan e escoiten todos os veciños o ben que as sabedes).

ACTIVITY 3: Story (dádelle play a esta historia e prestade atención senón non ides saber facer a seguinte actividade! Clicade nela cantas veces vos fagan falta e fixádevos ben que animais aparecen).

ACTIVITY 4: Activity Book  (open your WHITE AND BLUE book on page 14 – exercises 3 and 4; ou o que é o mesmo, abride o libro Branco e Azul na páxina 14 – exercicios 3 e 4. No exercicio 3 tedes que poñer un tick (V) se vístedes o animal na historia anterior e colorealos todos. Os que non os vístedes non lle poñedes tick no recadriño. No exercicio 4 esa nena chámase Li (her name is Li) e ten unha mascota nova! Tedes que colorear o debuxo e escribir o nome dese animaliño que ten Li). Déixovos aquí un enlace para que vexades que páxina é a que quero que fagades. Non necesitades imprimir nin nada se xa tedes o libro na casa é soamente para que saibades por onde andamos.

ACTIVITY BOOK – page 14 exercises 3 and 4

FINISH! Algo penso que reducín. Para aqueles nenos e nenas que lle pareceu pouco traballo ou que queren máis porque están sedentos de inglés facede clic aquí na UNIT 5: PETS para seguir practicando con máis xogos, máis vídeos e máis recursos. E xa sabedes, calquera dúbida tédesme á vosa disposición no correo: showandtext@gmail.com

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 2º English, Animals, English

DAY 5: 22/04/2020

Hello kids! How are you today? It’s Wednesday e como todos os Wednesdays temos clase de inglés, sen Leif e botándoo moito de menos pero nós podemos. Ready para outra clase repasando ANIMALS? 3…2…1…GOOOOO!

ACTIVITY 1: Calendar (esta é a vosa oportunidade para deixar aos vosos papás e mamás coa boca aberta mentras faladas en inglés; demostrádelle o que sabedes).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos repasando o vocabulario, xa sabedes, tres niveis cada vez máis difíciles e unha proba pequena ao final, a ver quen saca 100, seguro que todos e todas).

ACTIVITY 3: Pupil’s Book (vamos a utilizar os libros de clase, os que non os teña pode imprimilos ou facelos nun folio, esta actividade é de pegatinas asique non pasa nada se non a podedes facer, pasades á seguinte e tan contentos). Collemos o book que é de color BLUE. Open the book on page seventeen (17), exercise three (3) IT’S STICKER TIME! Abride o libro na páxina 17, exercicio 3 HORA DAS PEGATINAS. Tedes as pegatinas ao final do libro, ledes a palabra e poñédelas onde teñan que ir, ollo que hai dous interrogantes asique mirade ben que palabras poñen para non confundirnos que non é o mesmo “fish” que “puppy”, xa sabedes uns fan “glu, glu” e outros “woof, woof”).

CLICADE AQUÍ PARA VER A PÁXINA DO PUPIL’S BOOK

ACTIVITY 4: Activity Book (seguimos utilizando máis libros de clase, esta vez o que é de color WHITE AND BLUE). Open the book on page thirteen (13) and let’s do exercises one (1) and two (2) ou o que é o mesmo: abride o libro na páxina 13 e facede os exercicios 1 e 2. No exercicio 1 tedes que les esas oracións, buscar de que animal falan no debuxo e logo poñer o número do animal no recadriño do lado. Por exemplo “It’s a bird” (é un paxaro), hai que buscar un paxaro nese debuxo e ao lado ten o número 6, pois escribimos 6 no recadriño. Se tedes tempo podedes colorear ese debuxo dicindo o nome das cores en inglés ou a modo de dictado: “the fish is orange”, “the kitten is black”, “the bird is green”, “the hamster is yellow and grey”, “the lizard is brown”, “the puppy is purple”, “the rabbit is pink” and “the turtle is red”). Como vós poidades e vos veña mellor. No exercicio 2 tedes que contar cantos “Tigers” hai nesa páxina, están escondidos por todas partes (psssst…vexo un no libro que suxeita o “bird”).

CLICADE AQUÍ PARA VER A PÁXINA DO ACTIVITY BOOK

ACTIVITY 5: Game 1 (este xogo é o que vos puxen onte, seguimos facendo puzzles e dicindo as palabras en inglés, a ver quen o fai no menor tempo posible desta vez).

ACTIVITY 6: Game 2 (este é novo, tedes que ir clicando nos animais que vos digo, escoitádeme ben, ao principio vai ser fácil porque só haberá un, pero despois, despois será horrible porque haberá ata incluso catro do mesmo animal e teredes que clicar en todos eles. Xa me contaredes que tal vos foi!).

FINISH! Acabóusenos a semana de inglés, ata a que vén nada. Ca de cousas que temos que facer a que si? Por se vos sobra algo de tempo na vosa carpeta que pón UNIT 5: PETS (que podedes clicar aquí e xa vos leva directamente a ela) atoparedes todo o necesario para non aburrirse como por exemplo vídeos en inglés, cancións en inglés e todos os xogos que fun facendo ata agora para que os repitades as veces que queirades. O venres volvo con ARTS AND CRAFTS, a ver se vos propoño unha clase tamén, que as manualidades e a creatividade estes días non poden faltar.

Posted in 2º English, Animals, English

UNIT 5: Videos

SONGS:

VIDEOS:

Posted in 2º English, Animals, English

UNIT 5: Resources

MOUSE PAINT: 

Worksheet compilation (conxunto de fichas do conto despois da súa lectura)

Cat mask (máscara de gato para volver a ler o conto pero caracterizados; recomendo imprimir en cartulina branca se tedes porque lles aguanta mellor ao poñerlle goma).

Mouse mask (máscara de rato para volver a ler o conto pero caracterizado; igual que a anterior se podedes recomendo cartulina branca senón pois folio branco e pegádela).

BOOKS:

Aquí tedes a UNIT 5 sobre PETS en imaxes do noso libro de texto, imos traballar con eles, polo tanto, os que non teñan o libro na casa poden imprimilo dende aquí pero intentarei subilo sempre de xeito interactivo posto que xa pagástedes polo libro e non quero que teñades que seguir gastando pola situación na que estamos.

Posted in 2º English, Animals, English

DAY 4: 20/04/2020

Hello Breo! Hello Ainara! Hello Adri! Hello Andrea! Hello Hugo! Hello Manu! Hello Alexia! Hello Joaquín! Hello Ainhoa! Hello Dani! Hello Neri! How are you? I am happy, thank you. IT’S ENGLISH TIME!

Aquí comenzamos outra semaniña nova, e para máis estreos ides ver palabras novas hoxe! Seguro que vos vai encantar esta unidade, e alá imos: UNIT 5 – Pets (si, como ledes, imos traballar as mascotas en inglés).  Estas son as actividades que vos propoño para hoxe. Ide facendo a según poidades e para calquera dúbida xa sabedes o meu correo: showandtext@gmail.com READY?….3….2….1….GOOOOOOOO!

ACTIVITY 1: Calendar (coma todos os días nas nosas clases de inglés, sentadiños vamos a escoller ao encargado do calendario ou o que nós chamamos “calendar helper” para que diga moi alto e seguro os días, os números, os meses e choquemos para ver que tal estades, por certo, estrenades calendario hoxe tamén!! Por fin ides ter con quen falar, comigo para ser precisos, agora ides poder escoltarme sempre así que non me deixedes soa falando eh? tedes que contestarme).

ACTIVITY 2: New vocabulary (clicade no enlace para ver o novo vocabulario sobre mascotas que vamos a traballar a partir de agora, repetideas moitas veces comigo vale? e clicade dúas veces para asegurarvos de que as sabedes).

ACTIVITY 3: Worksheet (imos practicar as palabras que acabades de aprender con esta ficha, agora que xa as sabedes dicir en alto, temos que aprender como se escriben en inglés, que xa sabedes que non se escriben como as falamos; somos así de especiais e guais! clicade para facer a ficha online ou para imprimila nestes enlaces que vos poño aquí abaixo).

WORKSHEET 1 – online (para facer no ordenador, tablet ou móbil e non vos esquezades de cando rematedes darlle ao botón azul de “FINISH” para que me chegue a min xa directamente e vos aparezca a vós correxida automaticamente).

WORKSHEET 1 – print out (para descargar a mesma ficha e imprimila en papel; se escolledes esta opción non vos esquezades de sacarlle unha foto cando rematedes e mandarma por correo: showandtext@gmail.com así corríxovola ou vexo simplemente o moito que estades a traballar).

ACTIVITY 4: Game (como a todos e todas nos gusta moito xogar, clicade na palabriña e ides ter un xogo para practicar como se dicían todas, podedes xogar cantas veces queirades!)

ACTIVITY 5: Song (déixovos esta canción que trae moitos outros animais pero que seguro que vos encanta! podedes debuxalos nun folio todos os que van aparecendo e escribirlle o nome debaixo en inglés ou simplemente escoitala e intentar aprendela)

FINISH! Por hoxe xa foi moito moito traballo. Iso que estamos a luns! Xa sabedes, ide facendo pouquiño a pouquiño algo de inglés, igual que eu vos vou subindo os recursos pouquiño a pouquiño porque me leva a viiidaaa. E escoitade todo o que poidades en inglés, que cando nos volvamos a ver seguro que vou quedar alucinada. 

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉