Posted in 5º English, 6º English, English, Food

DAY 15: 23/04/2020

Good morning! Aquí estou outra vez con outras actividades para facer hoxe. Xa sabedes, ide facendo pouquiño a pouco e se tedes dúbidas aquí tedes o meu correo para calquera cousa: showandtext@gmail.com

READY? 3…2…1…GOOOOOO

ACTIVITY 1: Calendar (a estas alturas xa vos considero uns profesionais do calendario, igual dentro duns días vos cambio a outro para que non teñades aburrido este; ídeme dicindo que tal vos parece)

ACTIVITY 2: Vocabulary (esta semana é o último día que temos inglés, asique ide a tope coas palabras que ata martes non as volvedes ver; non vaia a ser que as botedes de menos pero estou segura de que non porque o de “have breakfast” seguro seguro que o facedes todos os días a que si?)

ACTIVITY 3: Worksheet (as fichas de hoxe van ser todas online; bueno todas, as dúas que vos poño. Os días anteriores xa vos fixen traballar moito, que se debuxa aquí, que se pinta alá, e hoxe pois todo co ordenador, tablet, móbil ou o que teñades. Non sei se queredes máis de online ou de imprimir pero xa me ides dicindo. Na primeira ficha hai que escoller a palabra correcta, siiiii moita máis comida e nós con fame. Vós dádelle con ansia e se non sabedes o significado dalgunha palabra non vos esquezades do noso super dicionario: wordreference para axudarnos.).

WORKSHEET 1 – online  (enlace para facer no ordenador, tablet ou móbil)

Esta segunda ficha é un vídeo. Dádeslle a clic e escoltades á mulleriña esa que fala como se fose un robot, pero a nós fainos un gran favor porque se nos fala tan despaciño seguro que somos capaces de mirar as imaxes do vídeo e entender o que nos di. Prestádelle atención porque teredes preguntas sobre o vídeo despois. É como un test dos que facíamos na clase pero en vez de vídeo, nós só escoitábamos e había unha certa. GOOD LUCK!

WORKSHEET 2 – online (enlace para facer no ordenador, tablet ou móbil)

ACTIVITY 4: Game 1 (este xogo de hoxe é un pouquechiño máis difícil que os que fixéstedes ata agora. Tedes que escoitar o que digo, e completar coas letras que lle faltan á pobre e triste comida; está incompleta! axudádelle! Non esquezades empregar soamente maiúsculas. A ver que tal vos sae, xa me iredes contando. O importante é que repitades moito para non esquecer que sabedes falar inglés tamén. GOOD LUCK!)

FINISH! Ata a semana que vén que virán clases mellores e fresquiñas para seguir aprendendo inglés xuntos dende a distancia. Que ganiñas de vervos a todos e a todas!

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 5º English, 6º English, English, Food

DAY 14: 22/04/2020

Good morning! How are you today? Non me contestedes, gardade a resposta para o calendario. I am happy, thank you. It’s Wednesday and IT’S ENGLISH TIME! Ready?

ACTIVITY 1: Calendar (outro día máis repasando tooodas estas cousiñas, sede pacientes cos números ata o 31, xa sei que seguramente os saibades pero non está demais que vos luzades falando inglés diante de todos e todas).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos a practicar as nosas novas palabras en inglés sobre “FOOD”, seguro que hai algunha que nunca vos acorda, de ser así cal é? a ver se adiviño, strawberries?).

ACTIVITY 3: Worksheet (temos unha ficha nova, resulta que o Professor Oak ten a neveira baleira, coma case todos nesta cuarentena, que vos parece se lle axudamos a enchela? Seguide o exemplo e debuxade comida dentro dela coa palabra debaixo de cada unha. Por certo, unha hamburguesa pode estar na neveira se a pobre ten moito calor fóra asique debuxade o que vos apeteza que se coma Mr. Oak que de seguro non está moi caprichoso, que cando hai fame comemos calquera cousa).

WORKSHEET 1 – online (aquí o enlace para facela no ordenador, que non recomendo porque ao ter que debuxar non vos vai deixar, pero se non vos queda outra poñédeme soamente as palabras sen os debuxos se elixides esta opción).

WORKSHEET 1 – print out (para descargar e imprimir, que vos recomendo para esta actividade e así podedes debuxar perfectamente como vós facedes sempre que estados feitos uns artistas).

ACTIVITY 4: Song (déixovos esta canción, douvos dúas opcións: a miña favorita, aprendela e grabarvos cantando, que seguro que David se pón moi contento ao ver que levades a música no corpo; a outra opción é que a escoitedes e apuntedes as palabras de comida ou bebidas nun folio e mo mandedes. Decidades o que decidades parecerame ben).

FINISH! Acabouse outro día con menos cousiñas para facer. Vémonos mañá para máis e mellor!

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 5º English, 6º English, English, Food

DAY 13: 21/04/2020

Hello Hello! How are you today? It’s Tuesday and it’s English time again. Esta semana os que me mandástedes fichas voltaréivolas corrixidas, e xa me diredes se as vedes ben ou non porque esto das tecnoloxías está moi ben pero ás veces unha soluciona un problema con outro, un desastrillo.

Comezamos tema novo!! UNIT 5: FOOD, vamos a falar de comida, non é hora ainda de comer pero vai ser unha unidade divertida nestes días que moita xente se dedica á cociña que tantas cousas ricas nos da. Vamos alá coa clase de hoxe…3…2…1…GO!

ACTIVITY 1: Calendar (seguimos co calendario todo fashion que estrenamos a semana pasada, repetide moito as palabras e podedes escribirme as respostas ás preguntas que vos fai, podedes ata incluso grabarvos como facíamos na clase e mandarmo por correo; vós a falar moito inglés que é o que quero desta actividade).

ACTIVITY 2: New Vocabulary (facede clic e a aprender palabriñas novas, son moitas pero a metade son de repaso e outras tantas que seguro que sabedes; tedes tres niveis e cada un máis difícil que o anterior asique a ver que puntuación tedes ao final).

ACTIVITY 3: Worksheet (unha ficha para repasar ese vocabulario anterior; se queredes imprimila podedes ata pegala na libreta de inglés para recordar vellos tempos; facede boa letra e prestade atención a como se escriben)

WORKSHEET 1 part 1 – online (enlace para facer no ordenador e darlle a “FINISH”)

WORKSHEET 1 part 2 – online (segundo enlace, porque son dúas distintas e para facer online non mas deixa poñer xuntas, asique van separadas en clics distintos pero “FINISH” nas dúas eh)

WORKSHEET 1 – print out (enlace para descargar e imprimir e mandarme por correo)

ACTIVITY 4: Brainstorming (vamos a darlle ao coco hoxe coa comida/FOOD e como decía antes, que vos parece se escribides nun papel tooooooodas as palabras que sabedes de comida (SEN MIRAR NO DICIONARIO NIN POR NINGURES pero podedes utilizar as que acabades de aprender 😉 ) e se xuntamos Arts and Crafts con inglés e facemos algo chuli?) Déixovos aquí abaixo un “exemplo” (QUE NON TEN PORQUE SER UNHA HAMBURGUESA, copiotas todos e todas, pode ser outra cousa pero relacionada sempre coa comida). Este é un exemplo do que quero que fagades con todas as palabras sobre FOOD que saibades e co que vos gustan os debuxos Kawaii, espero grandes cousas de vós! e utilizádeme algunha cor, non me sexades sosos, e rotus de cores (felt-tips) que sempre me pedíades permiso para usalos na clase e agora que vos dou a oportunidade pois dádelle uso (se os tedes na casa claro, cada un sabe o que hai).

Por último, NON VOS ESQUEZADES DE FACER A “DESCRIPTION” DA SEMANA PASADA!! Que soamente me checaron 4 e sodes 18 na clase. Se non podedes ou tedes problemillas para facela mandádeme correo: showandtext@gmail.com

FINISH! Hoxe todo listo e menuda clase de vocabulario acabamos de ter! Estades sudando do cansos e cansas que estades? Seguro que xa estades para outra. Vémonos prontiño!

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉