Posted in 3º English, Sports

DAY 5: 15/04/2020

Hello hello! How are you today? I am super happy. It’s English time!

Outro día que comeza con máis clases de inglés. A de hoxe é algo especial porque estrenamos unha cousa nova, a ver se sabedes cal é? READY?

3…2…1…GOOOOO! counting 50 minutes

ACTIVITY 1: Calendar (clica na palabriña e levarate a unha gran sorpresa. SIII!! Temos calendario novo! Agora xa me podedes escoitar rosmar en inglés o noso prezado calendario. Tarda en cargar…seguro, pero o bo faise esperar. Non vos queda outra que aguantarvos, escoitarme e contestarme, non me deixedes ahí coa palabra na boca eh?)

ACTIVITY 2: Vocabulary (clica no enlace e a seguir dándolle voltas ás palabriñas de SPORTS que non nos cansaremos nunca de velas, a que non? Veña que en canto teñamos novidades cambiamos).

ACTIVITY 3: Worksheet 1 (coma onte, dous enlaces tedes abaixo, un para facer a ficha online e outro coa mesma ficha pero para imprimila; dádelle ao que mellor vos veña)

WORKSHEET 1 – online (para facer no ordenador, tablet ou móbil)

WORKSHEET 1 – print out (para descargar e imprimir)

ACTIVITY 4: Worksheet 2 (o mesmo ca antes, outros dous enlaces abaixo para facer a mesma ficha, escollede un e a por ela)

WORKSHEET 2 – online (enlace para facer a ficha no ordenador, tablet ou móbil)

WORKSHEET 2 – print out (enlace para descargar a mesma ficha e imprimila en papel)

ACTIVITY 5: Game (cambiamos de xogo, clicade na palabriña e hoxe vamos mais alá, que vos parece unha competición de puzzles? deixádeme as puntuacións nos comentarios aquí abaixo, a ver quen é o campión ou campiona dos puzzles)