Posted in Preschool

PROJECT 2: Mouse Paint

Good morning! Hoxe tráiovos outro destes mini proxectos por se vos apetece facelo cos nenos e nenas. En todas as etapas educativas apreciamos sempre unha boa historia, un bo conto. E estes días que nos toca estar un pouquiño máis no mesmo sitio todo o día, da gusto poder viaxar polo menos a través da imaxinación. Este conto é sobre uns ratiños que se lles dou por xogar coa pintura. Sérvenos para repasar cores e aprender algunha palabriña nova.

Aquí tedes o conto narrado como vídeo (STORYTELLING), dádelle ao play para reproducir:

MOUSE PAINT – Ellen Stoll Walsh

Déixovos aquí o conto en imaxes (PICTURES) para que as vaiades pasando e tamén tedes un enlace en PDF por se o queredes descargar ou imprimir, a decisión de cada un.

MOUSE PAINT – PDF (clicade aquí para descargalo)

E para rematar con este mini proxecto non poderían faltar as nosas queridas fichas (WORKSHEET) para aqueles que queiran profundizar un pouco máis nos personaxes, no vocabulario escrito en inglés e na comprensión. Van primeiro en imaxes e logo en PDF todas xuntas.

WORKSHEET – PDF (para descargalas todas xuntas)

E por último e xa para completar máis aínda esta historia, póñovos algunhas manualidades que podedes facer para traballar a historia e volvela a contar vós. É moi sencilliña e seguro que os peques e as peques xa se saben de memoria esas cores!

MASKS (caretas):

Facede clic sobre os en laces, ao ser caretas eu recomendo ou que as imprimades directamente nunha cartulina branca tamaño A4 (se tedes, que supoño que as probabilidades son baixas) ou que as imprimades en folio e logo as peguedes nalgo máis duro (cartulina ou cartón). No caso de que non teñades, imprimídelas en folio e podedes pegala no típico pau de xeado a modo de antifaz que debería suxeitarse.

PUPPETS (marionetas):

Imprimidles esta imaxe, que coloreen os ratiños, orellas e rabos. Despois recortan (os rabos polo menos con axuda case mellor, cada un xa vai vendo). E por último péganlle os rabos e as orelliñas como vedes no debuxo e podedes facerlle bigotes.

Despídome de vós dicindo que non é obrigatorio que fagades todo. Cada un sabe o que pode e o que non pode facer e está ben. As fichas son catro en total, se non as queredes imprimir todas vós descargades o PDF no voso ordenador e cando lle dades a imprimir seleccionades as páxinas que queirades imprimir onde poña “páxinas” e poñedes os números e se é máis de unha separadas con comas e listo. Calquera problemiña que teñades vós non dubidedes en preguntarme que estou ao voso servizo no correo: showandtext@gmail.com

AHH! E se facedes algunha sacádelle foto e por supostísimo mandádema que me encanta ver aos meus nenos e nenas traballando coma sempre!

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉