Posted in Preschool

BOOKS

Este espazo queda reservado para os libros que hai dispoñibles de inglés. Non empregamos libros de texto no cole, pero déixovolos por aquí por se queredes máis fichas. Aviso de que cada PDF será sobre 100 páxinas. O motivo é que se subo unha a unha a administración do blog non mo soporta por iso procuro subir de poucas en poucas e opto por facervos sempre PDF. Se queredes imprimir algunha páxina soa, xa sabedes, cando lle deades a imprimir seleccionade o número da páxina para que só vos saia unha. Sinto causarvos tanto problema. Comentarvos tamén que as fichas que vedes non as fixen eu, son propiedade das editoriais xa sexa Oxford, Richmond, Santillana ou Macmillan.

Facede clic para abrir cada un dos enlaces ao PDF:

CRICKETS – 3 anos

CRICKETS – 4 anos

PLAYSCHOOL – 3 anos

PLAYSCHOOL – 4 anos

PLAYSCHOOL – 5 anos

Posted in Preschool

PRESCHOOL: Worksheets

Polo momento deixo o dossier de fichas que faríamos na clase moi básicas. Estábamos facendo un mini libriño e por iso vedes dúas fichas en cada páxina, para que fose tamaño da metade do folio. Pronto actualizarei esta parte para que vos sexa máis cómodo. Agora espero que isto poidades utilizalo. Clicade neste enlace para poder velas:

WORKSHEETS COMPILATION

Estas anteriores eran todas as fichas xuntas e seguidas, para non liarnos moito vounas ir poñendo por separado, que serán máis doadas de ver e de imprimir seguro. Clicades nos enlaces, botádeslle un ollo e imprimides a que vos apeteza facer.

  • CLASSROOM ROUTINES:

COLORING – Fichas de colorear e repasar a expresión (7 pages)

  • COLOURS:

COLORING – Fichas para colorear bolboretas do color que pón (11 pages)

  • NUMBERS:

COLORING – Fichas para repasar puntiños e colorear (5 pages)

CUT AND PASTE – Fichas para recortar, pegar e colorear (4 pages)

REVIEW – Fichas variadas de recortar, de repasar e de colorear (2 pages)

Posted in Preschool

PRESCHOOL: Videos

SPLASH A:

Posted in English, Preschool

PRESCHOOL: Resources

Hello! Nesta sección tedes todo o material imprimible ou para visualizar online. Dende fichas para traballar o vocabulario, repasar puntiños ou sobre algún conto. Libros de texto en formato PDF e JPG para 3, 4 e 5 anos (que non empregamos na aula, pero sí nos valen para este caso de emerxencia). Vídeos variados dende a colección de “Magic English” ata receitas e debuxos. E por último, un apartado de “Proxectos” onde hai diversos mini proxectos relacionados cunha festividade, un núcleo temático ou incluso un conto. Facede clic no que necesitedes e sede benvidos e benvidas!

Posted in Preschool

PRESCHOOL: Games

Hi there! Quería facervos unha aclaración antes de nada, aquí tedes un mogollón de xogos para que os nenos e nenas sigan a practicar inglés dun xeito máis divertido. A maior parte deles creeinos eu para personalizarllos máis co que facíamos na clase pero eses só funcionan se os abriedes cun ordenador (e con moita paciencia). Se estades a empregar un móbil ou unha tablet a opción que tedes para poder visualizalos é algo complicadilla pero anímovos a levar a cabo esta hazaña: 1) Descargar a aplicación chamada “TinyTap” que atoparedes dispoñible en “Play store” ou “App Store”. 2) Introducide o voso email para rexistrarvos. Non lle cliquedes a nada premium nin a subscribiros a nada, vós pasade de todo que eso non vos vai facer falla. Só creade unha conta co voso email. Esta aplicación é moi útil posto que tedes xogos para todas as idades e de todas as materias, non só inglés. Cando xa a teñades instalada e coa conta de correo activada podedes volver aquí a clicar neses xogos e agora, debería deixar abrirlos sen problema.

Como é moito lío e pídovos desculpas por iso, decidín poñervos outros xogos para ver se eses sí que vos deixa abrilos. De todos modos, se tedes algún problemilla ou dúbida sabedes que estou aquí para axudarvos no que precisedes, só mandádeme un correo e intentarei solucionárvolo o mellor que saiba, vivo aquí dentro: showandtext@gmail.com

  • Routines

 

  • Colours
  • Numbers

  • Various

 

Posted in 1º English, 2º English, Preschool

PRESCHOOL: Storytelling

Hello Hello! Aquí vos estou deixando historias e conta contos que vou recopilando mentras non subo as miñas. Son enlaces a Youtube e deberíades poder reproducilos en calquera dispositivo. Pode que algúns deles non estén dispoñibles pero intentarei estar pendente. Calquera cousa vós dicídeme que hai veces que non dou chegado a todo, xa sabedes o meu correo: showandtext@gmail.com

ORIGINAL STORYTELLING:

MUSICAL STORYTELLING: