Posted in 2º English, English, Pets Trailers

DAY 10: 13/05/2020

Hello kids! How are you? Voltamos outra vez con máis English para que non vos aburrades nin un pouquiño sequera. Así que remangádevos e vamos alá…

ACTIVITY 1: Calendar (coma sempre continuamos co calendario, xa sabedes, unha vez á semana facédelle casiño e escoitade e repetide os sete días da semana, os doce meses do ano, os trinta e un días do mes, Ánimo!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (hoxe non vos vou poñer o vocabulario de sempre, póñovos un xogo para praticalo, que a estas alturas saberedes os animalejos de memoria seguro. Pronto cambiaremos de temática para que non se nos faga tan rutinario).

ACTIVITY 3: Activity Book (open the WHITE and BLUE book on page 44; abride o libro Branco e azul na páxina 16. Vamos alá con estas actividades, explícovos: no exercicio 6 tedes que mirar os debuxos e completar coma no exemplo coa mesma pregunta “Has…got a…?” que significa “ten”. No exemplo pón “Has Mary got a fish?” e quere dicir “Ten Mary un peixe?” Miramos o debuxo e xa vexo que mary non ten un FISH, ten unha TURTLE asique coloreo a resposta de abaixo que pón “No, she hasn’t” que significa que non o ten. E facemos así con todas. No exercicio 7 miramos o nome dos nenos e nenas dos debuxos e hai que poñelos a según que mascotas teñen. Por exemplo o que di “I’m John” ten un LIZARD asique busco unha frase que poña ese animal e escríbolle o nome de John ao principio porque é el o que o ten e así con todos. Calquera dúbida preguntádeme por correo que vos respondo sen problema, porque é moi difícil traballar a parte de gramática sen poder velos e velas.)

ACTIVITY BOOK – PAGE 16 (non é para imprimir, é para que vexades que páxina é)

ACTIVITY 4: Just Dance (e como ben di o nome deste xogo, “só baila”. E iso é o que vos pido aquí! Como estamos coa temática de animais e o voso profe David é super guai e xa vos dou caña cos bailes eu vouvos poñer outro tamén. Pero con algunha que outra condición, porque resulta que este xogo é tan divertido que ata ten as letras das canción, e eu que son moito de escoitar e aprender pois vouvos pedir que vos aprendades a letra faciliña desta canción (xa vos aviso que hai unha parte en húngaro que lógicamente non fai falla que vos saibades pero a de inglés siiii) que vai sobre un “BEAR” ou o que é o mesmo, un oso. Seguro que xa vos soa, asique veña, collede todo o tempo que precisedes para aprendela pero cando saibades o baile e a letra mandádeme o vídeo que teño moita gana de vervos!! coma sempre, sabedes que vivo neste correo: showandtext@gmail.com)

FINISH! Esta semana finiquitada, e unha menos queda para poder voltar a estar todos xuntiños. Espero ter noticias vosas e que estedes a xogar tanto ou máis que do que estrades traballando. Por certo, se esa canción non vos gusta será pola morea de elas que hai, en VIDEOS – Just Dance no blog tedes unha recopilación que vos escollín por se vos apetece, algunha igual vos soa a Nadal e todo. Vós escollede unha e mandarme video de como a cantades e a bailades.

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, Animals

DAY 10: 13/05/2020

Hello kids! How are you? Voltamos outra vez con máis English para que non vos aburrades nin un pouquiño sequera. Así que remangádevos e vamos alá…

ACTIVITY 1: Calendar (coma sempre continuamos co calendario, xa sabedes, unha vez á semana facédelle casiño e escoitade e repetide os sete días da semana, os doce meses do ano, os trinta e un días do mes, Ánimo!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (hoxe non vos vou poñer o vocabulario de sempre, póñovos un xogo para praticalo, que a estas alturas saberedes os animalejos de memoria seguro. Pronto cambiaremos de temática para que non se nos faga tan rutinario).

ACTIVITY 3: Activity Book (open the WHITE and RED book on page 44; abride o libro Branco e vermello na páxina 44. Vamos alá con esta actividade: tedes que repasar a palabra de puntiños e mirando os debuxos tedes que escribir o nome dos animais en inglés. E se queredes coloreades todos os debuxiños da historia de Tiger. Volvo a poñervos a historia a todo color porque non podo estar ahí para dicirvos a modo de dictado as cores para repasalas; se algún papá ou mamá se anima é irlle dicindo “The tiger is orange with black stripes”. “The elephant is grey”. “The giraffe is yellow with brown spots”. “The snake is green”. “The monkey is brown”. “The mouse is grey”. E practicar a destreza de escoitar e de comprender. Tamén podedes ensinarlle a páxina da historia a todo color e irlle preguntando: “What colour is the mouse?”, “What colour is the giraffe?” e así con todos para que os lembren. Pero xa sabedes, o que vós poidades que eu adáptome aos vosos contextos.)

ACTIVITY BOOK – PAGE 44 (non é para imprimir, é para que vexades que páxina é)

ACTIVITY 4: Just Dance (e como ben di o nome deste xogo, “só baila”. E iso é o que vos pido aquí! Como estamos coa temática de animais e o voso profe David é super guai e xa vos dou caña cos bailes eu vouvos poñer outro tamén. Pero con algunha que outra condición, porque resulta que este xogo é tan divertido que ata ten as letras das canción, e eu que son moito de escoitar e aprender pois vouvos pedir que vos aprendades a letra faciliña desta canción (xa vos aviso que hai unha parte en húngaro que lógicamente non fai falla que vos saibades pero a de inglés siiii) que vai sobre un “BEAR” ou o que é o mesmo, un oso. Seguro que xa vos soa, asique veña, collede todo o tempo que precisedes para aprendela pero cando saibades o baile e a letra mandádeme o vídeo que teño moita gana de vervos!! coma sempre, sabedes que vivo neste correo: showandtext@gmail.com)

FINISH! Esta semana finiquitada, e unha menos queda para poder voltar a estar todos xuntiños. Espero ter noticias vosas e que estedes a xogar tanto ou máis que do que estrades traballando. Por certo, se esa canción non vos gusta será pola morea de elas que hai, en VIDEOS – Just Dance no blog tedes unha recopilación que vos escollín por se vos apetece, algunha igual vos soa a Nadal e todo. Vós escollede unha e mandarme video de como a cantades e a bailades.

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 4º English, School

DAY 13: 12/05/2020

Hi there! How are you today? ENGLISH TIME! Empezamos a semana a Tuesday como sempre coas nosas clases de inglés, así de importantes somos que nos saltamos totalmente o lunes. Pois vamos ao asunto…esta semana non vai a haber conto vamos a cambiar de planes coma sempre, de entre tanto que hai para facer non nos da para aburrirnos.

ACTIVITY 1: Calendar (inicio de semana, non podíamos empezala con bo pé sen o noso prezado calendario que nos axuda a ver canto tempo levamos xa sen cole e canto vos bota de menos a vosa profe de inglés.)

ACTIVITY 2: Vocabulary (xa case non vos lembrabades destas palabrejas tan complicadas, que algunhas destas asignaturas nin tan sequera as tedes (e menos mal senón teríades que estudar máis e seguro que vos chega coas que tedes, a ver se nos van quedando de tanto repetilas).

ACTIVITY 3: Online Worksheet (co que vos encantan as fichas online non me resistín a poñervos esta, que vai totalmente co que estamos a dar. Tedes que cubrir ese texto que vos pón ahí, estades facendo amigos e amigas internacionais e esta rapariga está presentándose conforme é debido en inglés. Arrastrade as palabras que tedes arriba para o oco no que deberían ir).

ACTIVITY 4: Just Dance (e por último e a estas alturas xa nos vai facendo falta algo de marcha para mover o esqueleto, e que mellor maneira que combinando unha canción en inglés, cun videoxogo, e con bailar! NON HAI NADA MELLOR! E siii….como volo conto…no Just Dance aparécevos a letra da canción escrita, asique a ver quen se atreve agora a mandarme un vídeo bailando mentres canta a canción en inglés! Déixovos esta de exemplo e perdónovos a parte na que cantan en húngaro pero o resto de inglés está chupadísimo, pero se clicades en VIDEOS – Just Danceatoparedes unha colección dalgunhas que fun recopilando por se non vos gusta esta e queredes mandarme o vídeo si ou si).

FINISH! E así comezamos no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro outra clase máis de inglés cunha nova semana por diante con cousiñas para facer! 

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 3º English, Routines

DAY 13: 12/05/2020

Hi there! How are you today? ENGLISH TIME! Empezamos a semana a Tuesday como sempre coas nosas clases de inglés, así de importantes somos que nos saltamos totalmente o lunes. Pois vamos ao asunto…esta semana non vai a haber conto vamos a cambiar de planes coma sempre, de entre tanto que hai para facer non nos da para aburrirnos.

ACTIVITY 1: Calendar (inicio de semana, non podíamos empezala con bo pé sen o noso prezado calendario que nos axuda a ver canto tempo levamos xa sen cole e canto vos bota de menos a vosa profe de inglés. E o orgullosa que está dalgunha de vós que mellorou a calidade do noso calendario e de feito, está feita toda unha profesional de ENGLISH! Sodes uns auténticos cracks!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (xa case non vos lembrabades destas palabrejas tan complicadas, que xa non veñen dunha en unha, agora veñen tres na mesma imaxe e a ver se nos van quedando de tanto repetilas).

ACTIVITY 3: Online Worksheet (co que vos encantan as fichas online non me resistín a poñervos esta, que vai totalmente co que estamos a dar. O primeiro exercicio tedes que darlle ao botón de play que vos aparece e ir escoltando e seleccionando a imaxe da que fala. No segundo exercicio lemos o que di esa nena e ordenamos cando fai esas tarefas, se pola mañá, pola tarde ou pola noite. Facemos memoria a ver se nos acorda “in the morning” – pola mañá, “in the afternoon” – pola tarde, e “at night” – pola noite. A ficha pón TEST ahí arriba pero non lle fagades caso, sabedes que todas as tarefas que vos mando as corrixo, dentro do posible, pero NON son avaliables, así que non lle fagades ningún caso a iso).

ACTIVITY 4: Just Dance (e por último e a estas alturas xa nos vai facendo falta algo de marcha para mover o esqueleto, e que mellor maneira que combinando unha canción en inglés, cun videoxogo, e con bailar! NON HAI NADA MELLOR! E siii….como volo conto…no Just Dance aparécevos a letra da canción escrita, asique a ver quen se atreve agora a mandarme un vídeo bailando mentres canta a canción en inglés! Déixovos esta de exemplo e perdónovos a parte na que cantan en húngaro pero o resto de inglés está chupadísimo, pero se clicades en VIDEOS – Just Dance atoparedes unha colección dalgunhas que fun recopilando por se non vos gusta esta e queredes mandarme o vídeo si ou si).

FINISH! E así comezamos no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro outra clase máis de inglés cunha nova semana por diante con cousiñas para facer!

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 2º English, Animals

DAY 9: 11/05/2020

Hello everyone! How was the weekend? Comezamos outra semana máis en inglés con máis actividades para facer. Seguimos repasando, seguimos reforzando, seguimos traballando. Tócanos libro hoxe.

ACTIVITY 1: Calendar (coma sempre empezamos a semana co noso súper calendario! ide dicindo pouquiño a pouco que non quero que vos esquezades de ningún vale?)

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos co noso súper vocabulario de animais, lembrade que con animais utilizamos “It”, animádevos a repetilo en voz alta).

ACTIVITY 3: Pupil’s Book (open your BLUE book on page 24, exercise 16; abride o libro azul na páxina 24, exercicio 16. Que hai que facer? Clicades no vídeo de aquí abaixo para escoitar en que orde din estes animalejos. Según os vaia dicindo poñémoslle o número no cadradiño ao lado da imaxe. O número 1 xa está posto asique debeu dicir CAT. Despois diso completamos as oracións co nome do animal escribíndoo. Se non vos lembrades mirade na primeira ficha do vocabulario, que os tedes todos). Dádelle ao play primeiro a este VIDEO que tedes aquí abaixo que soamente nos sirve para escoitar a actividade mentres atendemos ao noso libro.

PUPIL’S BOOK – page 24 exercise 16

FINISH! Alá vai outro día de duro traballo. Xa sabedes que se queredes atopar máis cousiñas para facer en inglés ides á UNIT 5: Pets e podedes ver vídeos relacionados cos animais, xogos traballando esta temática e recursos como fichas extras de ampliación.

Best wishes,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, Animals

DAY 9: 11/05/2020

Hello everyone! How was the weekend? Comezamos outra semana máis en inglés con máis actividades para facer. Seguimos repasando, seguimos reforzando, seguimos traballando. Tócanos libro hoxe.

ACTIVITY 1: Calendar (coma sempre empezamos a semana co noso súper calendario! ide dicindo pouquiño a pouco que non quero que vos esquezades de ningún vale?)

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos co noso súper vocabulario de animais, lembrade que con animais utilizamos “It”, animádevos a repetilo en voz alta).

ACTIVITY 3: Pupil’s Book (open the RED and WHITE book on page 58 exercise 16, abride o libro vermello e branco na páxina 58, vamos a facer o exercicio 16. Que hai que facer? Clicades no vídeo que vos poño aquí abaixo para escoitar un audio e imos poñéndolle os números nos cadradiños das imaxes para ir ordenándoas a según as van dicindo. A número 1 xa o tedes posto, é a SNAKE. Despois de escoitar, imos a pegar as pegatinas coas palabras debaixo do animal que din (sabedes que as pegatinas están ao final do libro). Por último, escribimos as palabras que aparecen nas pegatinas para asegurarnos de que tamén sabemos facelo). Así son os exercicios de inglés, completitos a máis non poder.

Aquí vos deixo o VIDEO co audio que podedes escoitar cantas veces queirades e a imaxes da páxina do pupil’s book para que saibades fixo cal imos traballar.

PUPIL’S BOOK – page 58

FINISH! Alá vai outro día de duro traballo. Xa sabedes que se queredes atopar máis cousiñas para facer en inglés ides á UNIT 5: Wild animals e podedes ver vídeos relacionados cos animais, xogos traballando esta temática e recursos como fichas extras de ampliación.

Best wishes,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 5º English, 6º English

DAY 20: 07/05/2020

GOOD MORNING! How is your day? Un novo día comeza na nosa nova vida sen ir ao cole, xa case lle estamos collendo o ritmillo eh? Algúns seguro que máis que outros. Moitísimos ánimos. Por iso vos poño esta entrada, na anterior mandeivos escribir; e escribir non vos debe molar moito que pouca cousa me mandástedes. Pero aínda estades a tempo, sabedes que non poño límite de data, cada un vai facendo a según pode. Nesta vamos a facer unha das vosas queridas fichas online. Ahí si que vexo eu que participades moito, por algo será, e eu toda contenta claro.

ACTIVITY 1: Calendar (non vos olvidedes del, saltade se queredes o de repetir e dicide a resposta directamente; só tedes que darlle a un cadradiño cunha frechiña que vos aparece pequeniña abaixo á dereita, pero vós non digades que o dixen eu eh?)

ACTIVITY 2: Vocabulary (sempre repaso do vocabulario, a ver se se vos vai esquecer un día menos pensado e cando levanten a cuarentena e nos tropecemos con alguén que non sabe galego, poidamos presumirlle da nosa deliciosa comida galega).

ACTIVITY 3: Worksheet (como vos dixen, hoxe vai ficha online complicadilla eh? Dádeslle a play ao vídeo que vos aparece nela, orellas abertas prestando atención e aparece un raparigo falándonos de comida (non o recomendo ver se tedes fame, asique xantade, merendade ou cenade antes vale?) E despois hai que contestar ás preguntas sobre o video a ver cantas vos saen ben.)

WORKSHEET – online (clicade aquí para abrir a ficha)

FINISH! Non vos dou máis leria por esta semana, mañá xa nos vemos de novo con invitado especial incluído para contar uns contos coma sempre. A ver que tal se nos porta Skype esta vez pero seguro que non temos moita dúbida ou que decides? Levade a paciencia cargada ao tope eh? Que nos vai facer falta a todos e todas.

See you tomorrow,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 3º English, 4º English

DAY 13: 07/05/2020

Hello everyone! How is your day? Xa estivemos véndonos estes días asique póñovos a historia que vos contamos Leif e mais eu e que por supostísimo vós tammen, que ledes moi ben en inglés. Así podedes volver a velo todas as veces que queirades. Como xa vos dixen a historia é sinxeliña pero as palabritas en inglés non tanto…asique vamos a traballalas todos xuntos e xuntas.

ACTIVITY 1: Calendar (non podía ser doutra maneira, vamos a darlle outra volta ao calendario que seguro que xa fai tempo que non o facedes)

ACTIVITY 2: Story (facede clic aquí para ver o libro todo coa historia e podedes volver a lelo en voz alta; desta seguro que ides sobrados de confianza! Incluso podedes contarllo ao voso pai, nai, irmán ou irmá. Así tamén lle ensinades inglés. Sodes alumnos e profes ao mesmo tempo!)

RABBIT! RABBIT! RABBIT! – Story (versión para descargar e se queredes mirádelo dende o ordenador, tablet ou móbil; non vos fai falla imprimir pero déixovolo á vosa elección).

ACTIVITY 3: Reading Comprehension Worksheet (este é o enlace á ficha guai para ver canto sabedes deste libro; se atendéstedes moito e como escribides vós en inglés. Seguro que moi ben pero lembrade, non me respondades só cunha palabra de sosainas eh? Se a pregunta empezar por “Do” contestaremos “Yes, I do” ou “No, I don’t”. E na opinión comezade sempre con “In my opinion this book is…” que quere dicir “Na miña opinión este libro é…” seguido pois dun adxectivo que diga como vos pareceu: good(bo), bad (malo), terrible (terrible), boring (aburrido), entertaining (entretido), difficult to read (difícil de ler), easy to read (doado de ler)… o que vos queirades.)

WORKSHEET (2 pages) – print out (enlace para imprimir)

ACTIVITY 4: Craft (esta actividade é voluntaria e opcional para o que queira e poida facela, xa que igual non temos todos os materiais para poder realizada. Necesitaríades un papel (pode ser branco e vós pintádelo da cor dalgún dos Rabbits da historia para personalizamos mellor e que nos valgan de marionetas para contar a historia na casa outra vez) e non vos esquezades dos “big eyes” (ollos grandes) que sabedes que estes Rabbits deben ver moi ben con semellantes ollos. Facédeos nun papel e recortádellos e pegádellos por suposto na cara. O dito, o que queira e poida que lle dea play ao vídeo e se poña manos a la obra. AHH! E que me mande a foto por mail de como lle quedou eh?

ACTIVITY 5: Video (como estamos lendo unha historia sobre “Rabbits” póñovos este vídeo que vos da información de como son día a día estos animalejos; todo en inglés por suposto. Podedes poñerlle subtítulos ao vídeo se vos é mais doado de entender pero centrádevos en abrir ben as orellas para escoitar todas as palabriñas en inglés vale?)

FINISH! Estes días son así, como xa nos vemos un día á semana con terceiro os xoves e con cuarto os mércores e vamos a seguir con historietas cada vez mellores pois todos os xoves ides atopar un diario similar a este. Coas historias aprendemos moito inglés! E reforzamos moitos dos contidos que xa estudaramos. Porque os animais xa os deramos fai mil anos atrás a que si?

Love you very much,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 5º English, 6º English, Food

DAY 19: 06/05/2020

Hi there! How are you today? Aquí estamos outra vez, para seguir aprendendo inglés (ou máis ben English). Vamos a ver se recompilamos un recetario conforme é debido. Estades listos? Are you hungry? (Tedes fame?) LET’S DO THIS!

ACTIVITY 1: Extra Vocabulary (aquí se vén unha gorda gorda, sabedes que nós temos as nosas palabrejas sobre comida en inglés, e esas son as máis importantes, pero como vos pido falar de comida non quero cortarvos liberdades para que usedes todas as palabras que necesitedes. Por iso a continuación déixovos os enlaces a 4 pósters nada máis e nada menos. Si, da repelús velos. Si, sonaranvos porque os tiñamos colgados na nosa queridísima clase de inglés. Si, son tres trillóns de palabras novas. Non, non as tedes que memorizar todas pero o que si que podedes é empregar cantas vós queirades para a seguinte actividade). Se podedes, imprimídeas e poñédelle a traducción debaixo en galego ou castelán para que vos acorden algunhas. De feito, estou segurísima de que algunhas xa as sabíades fiiiijo. Escribídemas por correo a ver cales sabíades e escribideme as 5 que vos parezan máis difíciles de aprender.

ACTIVITY 2: Recipe Worksheet (tedes aquí a ficha para facer unha receita dunha comida, da que vós queirades. Clicade no enlace da actividade 3 para ver como tedes que completala. Pero é moi típica, arriba de todo o nome da receita en inglés. Á esquerda no recadro de arriba poñedes a imaxe de como vos quedou ou de como quedaría (con debuxo ou impresa). No recadro do medio os ingredientes. E no de abaixo de todo o tempo que tardades en facela e para cantas persoas é. No recadro da dereita escribides os pasos que hai que seguir para facer a receita. Utilizade o vocabulario da comida para os ingredientes e os verbos de cociñar para empezar os pasos. Mirade o exemplo que vos poño a continuación por se vos perdededes. AHHH! E se queredes facer máis de unha receita sodes moi benvidos e benvidas! Cantas máis teñamos mellor. Animádevos!)

ACTIVITY 3: Recipe Example (e por último déixovos aquí un exemplo de receita que fixen eu para que miredes como tedes que facela. Escribide con moi boa letra que as quero colgar todas no blog; non lle poñades o nome cando lle saquedes a foto; podedes pegar a foto de como vos quedou a receita como fixen eu oooou podedes debuxala vós. Iso si, mandádema por correo.)

FINISH! Estou desexando ver as vosas receitas! E de comelas tamén! Case podo ulilas dende aquí. Mándademe moitas. E prestade atención ao exemplo que vos da moitas pistas para que vos sexan doadas de facer eh? Sobre todo nos pasos que hai que seguir: empezade sempre cun verbo como “Lavar a leituga” – “Wash the lettuce”. Cousas sencilliñas. Que eu son nivel principiante de cociña, asique nada de “canapé a la grosella con confitura de arándanos y cebolla caramelizada”. ÁNIMO!

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 5º English, 6º English

DAY 18: 05/05/2020

Good morning! How are you today? Vamos a empezar a semana con ganas e outra menos que nos vai quedar para vernos. Esta vez vamos a traballar con un vídeo, o de sempre, estade atentos e atentas ao que din e mirádeo cantas veces vos sexa necesario, vai a haber actividades despois. READY? 3..2…1…GOOOO

ACTIVITY 1: Calendar (semana nova, calendario novo, os martes polo menos intentade facelo ao completo, dicindo as respostas correctas, repetindo todo todito todo, con calma, amor e paciencia)

ACTIVITY 2: Vocabulary (continuamos coa temática de comidas, a ver se vos animades algo a seguir o blog e propoño unha actividade en conxunto para todos, e cando digo todos non me refiro ás dúas persoas que andan por aquí…ladies and gentlemen)

ACTIVITY 3: Video (no vídeo que ides ver vaivos a falar de diferentes mercados donde comprar comida, por sorte algún de nós pode ir collerlle os ovos directamente ás pitas do galiñeiro e outros teñen que ir a collelos a algún outro sitio.

ACTIVITY 4: Worksheet (a ficha é de resposta libre entón non a tedes dispoñible para facer online, só a versión para imprimir ou copiar nun folio ou libreta que a min tanto me ten; agora sí, despois de ver o vídeo o exercicio 1 temos que completar os ocos coas palabras do recadro que tedes arriba; seguro que algunha non a coñecedes e non pasa nada porque ides aprender algo novo e así da gusto. Fágovos o acordo de que tedes o dicionario de WORDREFERENCE para buscar o significado. No exercicio 2 son preguntas sobre vós mesmos, sobre onde ides comprar e da tres opcións: market (mercado ou plaza de abastos que lle chamamos nós), supermarket (supermercado ou hipermercado tipo Carrefour, Hipercor que atopas froita, pan, carne, bebidas, postres, peixe…) e local shop (que sería unha tenda soa para cada producto, pois unha carnicería para comprar carne, unha peixaría para comprar pescado, unha froitería para comprar froita) vós marcade a vosa. Despois pregúntavos con quen ides a comprar, que comprades normalmente, se comprades gominolas ou chocolates e se comprades comida caseira. No exercicio 3 tedes que poñer as respostas do exercicio 2 pero seguindo o exemplo dos textos do exercicio 1. Lío non, o seguinte é o que nos imos facer. Pero calquera dúbida vós correo a calquera hora).

FINISH! Ficha e vídeo…cheos de min ides quedar. Xa vos sorprenderei o venres cunha clase impresionante (ou eso espero). See you tomorrow!

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉