Posted in 5º English, 6º English, English, Food

DAY 13: 21/04/2020

Hello Hello! How are you today? It’s Tuesday and it’s English time again. Esta semana os que me mandástedes fichas voltaréivolas corrixidas, e xa me diredes se as vedes ben ou non porque esto das tecnoloxías está moi ben pero ás veces unha soluciona un problema con outro, un desastrillo.

Comezamos tema novo!! UNIT 5: FOOD, vamos a falar de comida, non é hora ainda de comer pero vai ser unha unidade divertida nestes días que moita xente se dedica á cociña que tantas cousas ricas nos da. Vamos alá coa clase de hoxe…3…2…1…GO!

ACTIVITY 1: Calendar (seguimos co calendario todo fashion que estrenamos a semana pasada, repetide moito as palabras e podedes escribirme as respostas ás preguntas que vos fai, podedes ata incluso grabarvos como facíamos na clase e mandarmo por correo; vós a falar moito inglés que é o que quero desta actividade).

ACTIVITY 2: New Vocabulary (facede clic e a aprender palabriñas novas, son moitas pero a metade son de repaso e outras tantas que seguro que sabedes; tedes tres niveis e cada un máis difícil que o anterior asique a ver que puntuación tedes ao final).

ACTIVITY 3: Worksheet (unha ficha para repasar ese vocabulario anterior; se queredes imprimila podedes ata pegala na libreta de inglés para recordar vellos tempos; facede boa letra e prestade atención a como se escriben)

WORKSHEET 1 part 1 – online (enlace para facer no ordenador e darlle a “FINISH”)

WORKSHEET 1 part 2 – online (segundo enlace, porque son dúas distintas e para facer online non mas deixa poñer xuntas, asique van separadas en clics distintos pero “FINISH” nas dúas eh)

WORKSHEET 1 – print out (enlace para descargar e imprimir e mandarme por correo)

ACTIVITY 4: Brainstorming (vamos a darlle ao coco hoxe coa comida/FOOD e como decía antes, que vos parece se escribides nun papel tooooooodas as palabras que sabedes de comida (SEN MIRAR NO DICIONARIO NIN POR NINGURES pero podedes utilizar as que acabades de aprender 😉 ) e se xuntamos Arts and Crafts con inglés e facemos algo chuli?) Déixovos aquí abaixo un “exemplo” (QUE NON TEN PORQUE SER UNHA HAMBURGUESA, copiotas todos e todas, pode ser outra cousa pero relacionada sempre coa comida). Este é un exemplo do que quero que fagades con todas as palabras sobre FOOD que saibades e co que vos gustan os debuxos Kawaii, espero grandes cousas de vós! e utilizádeme algunha cor, non me sexades sosos, e rotus de cores (felt-tips) que sempre me pedíades permiso para usalos na clase e agora que vos dou a oportunidade pois dádelle uso (se os tedes na casa claro, cada un sabe o que hai).

Por último, NON VOS ESQUEZADES DE FACER A “DESCRIPTION” DA SEMANA PASADA!! Que soamente me checaron 4 e sodes 18 na clase. Se non podedes ou tedes problemillas para facela mandádeme correo: showandtext@gmail.com

FINISH! Hoxe todo listo e menuda clase de vocabulario acabamos de ter! Estades sudando do cansos e cansas que estades? Seguro que xa estades para outra. Vémonos prontiño!

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉