Posted in Sin categoría

DAY 12: 16/04/2020

Good morning or good afternoon! How are you? I am fine, thank you. Today is Thursday so ENGLISH TIME! Bring your laptops and pencil cases with you.

Bueno chicos e chicas, hoxe vai ser o último día que traballemos esta unidade, porque penso que xa debedes estar un pouco cansos de tanto dichosos ADJECTIVES e os dichosos COMPARATIVES. Para a vindeira semana teredes contidos frescos e novos, a UNIT 5 para ser exactos. Con isto non quero dicir que vos esquezades da miña DESCRIPTION!! Que a puxen onte por algo eh señoritos e señoritas? Que algún vexo eu que xogos si pero fichas “puaj” no que dan repelús. Hai que facer de todo nesta vida e quero esas DESCRIPTIONS listas e brillantes! (dentro das vosas posibilidades xa sabedes, pero non vos aproveitedes tampouco vale? se non a sabedes facer vós preguntádeme sen medo).

E sen máis introducción, pasamos á conta atrás…3…2…1…timer ready for 50 minutes…GOOOOOO!

ACTIVITY 1: Calendar (estrenástelo onte e espero que vos fose máis útil que o que tiñamos; seguide con el a tope que dentro de pouco xa o faredes sen mirar de tanto repetilo, vanvos saír os DAYS OF THE WEEK por todos os lados).

ACTIVITY 2: Game 1 (onte púxenvos un xogo que non tiña link, e aquí está hoxe outra vez, listo para ser xogado por vós; unha mellor maneira de practicar o vocabulario se a presentación de sempre; a ver que puntuación logrades ao final que seu eu que teño uns auténticos gamers nestes cursos).

ACTIVITY 3: DESCRIPTION (como vos decía: NON pasedes de facer as descripcións, facédeas como poidades e onde poidades; se non hai foto non pasa nada pero escribide algo en inglés e a poder ser mandádemas para que lle bote un ollo, ou dous, ou tres se fai falta; o meu correo sabedes xa cal é: showandtext@gmail.com veeeña que vós podedes).

WORKSHEET 1- online (para facer online)

WORKSHEET 1- print out (para descargar e imprimir)

WORKSHEET 2 – online (para facer no PC; non vos deixará poñer foto pero non pasa nada)

WORKSHEET 2 – print out (para descargar e imprimir nun folio)

ACTIVITY 4: Game 2 (outro xogo máis para seguir practicando vocabulario, este si que me entra curiosidade por saber como vai, aquí xa hai que escribir, a ver cantas letras vos comedes antes de xantar)

ACTIVITY 5: Game 3 (este está en proceso pero virá para aquí, é de escoller a resposta correcta, lévame a min mil horas facérvolos e este acabádelo en cinco minutos, a ver a quen lle leva menos con mellor puntuación).

ACTIVITY 6: Video (déixovos este vídeo sobre STORIES, xa me diredes que vos parece pero seguro que o disfraz do neno ao principio vos sona dalgunha presentación que vos fixen eu. Podedes contestarme estas preguntas sobre o vídeo nos comentarios ou mandádesmas por correo: What’s your favourite book? What’s your favourite subject? Who is the writer in the video? Who is this writer’s illustrator? Can you write one title of Roald Dahl’s books? What’s your favourite writer? How many books have you got? How many books have you read?).

FINISH! Outra clase intensa de inglés. Hoxe foron moitas actividades, se non vos da tempo a facelas todas non pasa nada, non temos inglés ata martes da semana que vén, se vos aburrides podedes facelas mañá, ou pasado, ou pasado. Iso sí, A DESCRIPCIÓN FACÉDEA E MANDÁDEMA CANDO A TEÑADES! Don’t be lazy!

A virtual hug,

TEACHER SANDRA 😉