Posted in 1º English, 2º English, Preschool

DAY 8: 06/05/2020

Good morning! How are you today? Esta semana estivéstedes a tope coas probas do profe David, así que concentrámonos nelas a tope. E hoxe volvemos con inglés! Vamos a traballar con un conto, algo diferente para variar.

ACTIVITY 1: Storytelling (facede clic no vídeo e atendede ben de que vai a historia. Ides aprender algunhas palabras novas, e iso está xenial! E incluso vos fago algunhas preguntas, polo tanto, intentade responder a ver quen é capaz? Andade con ollo que se non prestades atención non ides saber facer as seguintes actividades. Ahh! Si, as uñas téñoas pintadas das cores dos ratos, ou de case todos eles porque vos din “rato” por lebre e en vez de azul que non tiña puxen verde. Espero que vos guste!)

ACTIVITY 2: Worksheet 1 (comezamos por unha faciliña, repasamos todas as cores en inglés primeiro para non esquecernos delas. Repasamos a palabra perfectamente e coloreamos o rato dese mesmo color.)

ACTIVITY 3: Worksheet 2 (esta ficha é opcional, non sei que me daba poñer só dúas actividades pero se vos leva moito a anterior non fagades esta. Nesta hai que repasar as palabras de puntiños con lápiz, colorear os debuxo e o máis importante: nos recadriños que hai en cada viñeta tedes que ordenalas segundo pasan na historia. O número 1 xa o puxen eu para que non vos cánseles moito).

FINISH! Como non sei como ides de tempo e ganas, por hoxe só vos poño estas actividades. Pero fixen algunhas fichas máis para os que queiran facer máis ou ampliar a historia. Facede clic AQUÍ e atoparedes o PDF con todas elas. Seleccionades imprimir a que vós queirades, poñedes a páxina e listo. Hai incluso ata unha careta dun MOUSE e unha careta dun CAT por se queredes pintalas e recortalas. Cada un que faga o que poida. Iso si, estas fichas non podo poñérvolas online ao ser de colorear, se tedes algún problema ídeme dicindo.

Miss you,

SANDRA

Posted in 3º English, English, Routines

DAY 8: 22/04/2020

Hello Hello! How are you today? Non me respondades, deixádeo para o calendario, non quero que vos cansedes antes de empezar a clase. It’s Wednesday and IT’S ENGLISH TIME! Aquí ven outra clase tranquiliña e relaxante de inglés, asique agarrádevos forte que alá vamos.

ACTIVITY 1: Calendar (outro día máis facemos clic sobre o noso querido calendario, tede paciencia cos 31 números e ídelle dando con calma).

ACTIVITY 2: Vocabulary (continuamos repasando as novas palabras de ROUTINES, que seguro que hoxe xa as sabedes todas, ou non? seguro que non vos acorda unha delas, cal será, cal será, seguro que a de “put on your pyjamas” que non estamos de pyjamas estos días nin nada).

ACTIVITY 3: Song (e para rematar unha canción cos días da semana, que seguro que non estades cansos de repetidos nin nada no calendario; pero que vos parece se os escribides nun folio con letras bonitas? e se aprendedes a canción xa sería xenial, así que dádelle ao play tantas veces como queirades, porque é tan pegadiza como “baby shark”, avisados quedades. Por certo, se vos fixades os ingleses empezan a semana en “Sunday”).

ACTIVITY 4: Worksheet (sabedes que? aquí ven outra ficha, esta vez vamos a repasar os DAYS of the week en inglés, que nunca sobra. Despois da canciocilla que vos esperabades? Un xogo? Pois non! Fichaaaaa)

WORKSHEET 1 – online (para facela online e non vos esquezades de premer “FINISH”)

WORKSHEET 1 – print out (para descargala e imprimila e podedes mandarma por correo)

ACTIVITY 5: Game (a mediados de semana non vos iba mandar seguido ficha, ficha, ficha- que se queredes tamén vos mando sen problema, pero hoxe ides repasar con un xogo, que sempre apetece máis e estades feitos uns profesionais).

FINISH! Xa está ben de tanto inglés por hoxe, a outra cousa vos deixo. Vémonos pronto!

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉