Posted in 2º English, House

DAY 3: 14/04/2020

Good afternoon kids! How are you today? I am happy and tired.

Tocábanos inglés e case me esquecín! Esta teacher anda a mil, pídovos miles de desculpas pero aquí tedes outro día para seguir dando máis caña ao inglés! READY? LET’S GO!

ACTIVITY 1: Calendar (clicade na palabriña e vamos a falar en inglés dicindo o calendario, facédeo moi moi ben porque hoxe será o último día que o vexades así, a partires de agora vaivos falar el tamén).

ACTIVITY 2: Vocabulary (repasamos o vocabulario desta UNIT 4 que estábamos dando as partes da casa, e hoxe vámolo facer dun xeito máis divertido, ou eso espero)

ACTIVITY 3: Game (como non, nas clases de inglés sempre ten que haber tempo para xogar, e máis se son xogos tan chupados coma estes puzzles; vós non vos esquezades de abrir ben as orellas para escoitar que ando a dicir).

ACTIVITY 4: Worksheet (vamos a probar a partir de agora dúas opcións para as fichas; a primeira opción é abrir a ficha no enlace de abaixo de xeito online, é dicir, que a podemos facer empregando o ordenador, a tablet ou o mobil; a segunda opción e descargar a mesma ficha para imprimila en papel e facela con lapis. Recoméndovos que escollades a que mellor vos vaia, pensando nos vosos olliños e no tempo que pasástedes diante da pantalla ou ben na reciclaxe e no medio ambiente por se xa imprimístedes moitas cousas hoxe).

Worksheet 1 – online (clicar nesta para facela online)

Worksheet 1 – print out (clicar nesta para imprimir a ficha)

ACTIVITY 5: Story (nesta historieta hai uns nenos e nenas xogando a un xogo que seguro que coñecedes moi ben e lembraredes do tema anterior “hide and seek” a ver onde están).

FINISH! Por hoxe xa estamos listos e listas. Pídovos miles de desculpas por cambiarvos a vosa rutina. Para a próxima aquí puntual como o sodes vós! Moi bo traballo!

Love you all,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, Family

DAY 3: 14/04/2020

Good morning kids! How are you today? I am happy and tired. It’s English time.

Volvemos ás andadas con inglés. Vamos a ver que facemos na clase de hoxe. Seguro que xa traballástedes moito con David e agora xa estades cansadiños para darlle ao inglés ou non? Non creo non! Vós sempre listos e listas para outra. EMPEZAMOS!

ACTIVITY 1: Calendar (facede clic sobre a palabra e a dicir o calendario; hoxe será o último día que falaredes solos e solas e inglés, a partir de hoxe vai cambiar o calendario e xa ides poder falar con alguén, que xa iban sendo horas)

ACTIVITY 2: Vocabulary (facede clic na palabra e toca repaso da FAMILY cun xoguiño que vos resultará faciliño, vós escoltado ben o que vos digo nel).

ACTIVITY 3: Game (facede clic e a divertirnos un pouquiño máis mentres seguimos aprendendo e practicando máis esta unidade, outra vez, xa o sei).

ACTIVITY 4: Worksheet (unha fichiña para facer; propóñovos dúas opcións para que escollades a que mellor se adapte a vós, ser é a mesma ficha; a primeira opción é para facer a ficha online, abríndoa no ordenador, tablet ou móbil; a segunda opción é para descargala e imprimila e facela con papel e lápiz. Elixide a mellor sempre pensando se os vosos olliños están cansos de mirar unha pantalla ou no importante que é a reciclaxe para non tirar papeis que só embregaremos unha vez.)

Worksheet 1 – online (versión para facer a través do ordenador, tablet ou móbil; non esquizades darlle a “FINISH” que se atopa ao final e xa vos corrixe a ficha automaticamente)

Worksheet 1 – print out (versión para imprimir e se queredes mandádemas para que as corrixa por correo)

ACTIVITY 5: Story (aquí tedes unha historia para que vexades, que resulta que Tiger is lost, perdeuse, a ver quen o topa ao final).

FINISH! Seguirei poñéndovos recursos e medios para facilitarvos que sigades aprendendo inglés da mellor maneira posible: divertíndonos xuntos. E alá vai outra clase máis, un día menos. Calquera dúbida lémbrovos que este é o meu correo: showandtext@gmail.com e non dubidedes en usalo que para iso está.

Love you all,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 4º English

DAY 3: 02/04/2020

Hello fourth graders! How are you today?

Tócanos clase de inglés hoxe tamén. A ver que imos facer! READY! Let’s go!

ACTIVITY 1: Calendar (coma semipro clicade nesta palabra para que vos abra o calendario e a ver como vai hoxe, despois de tanta práctica seguro que ben e incluso diría eu que ata vos vou facer spoiler e igual deixo un comentario ao final desta entrada, dádelle ao rato para abaixo ata o final se queredes saber máis)

ACTIVITY 2: Vocabulary (vamos alá co repaso de vocabulario, dicímolas todas en alto para que os veciños saiban o listos que sodes en inglés)

ACTIVITY 3: Worksheet (vense unha fichiña para facer online, non vos fai falta imprimila nin nada, só a abrides e cubrídela online; esta ficha xa a levástedes algúns de vós para facer, se xa a tedes feita correxídea online, porque se a cubrides toda ao final dádeslle ao botón de terminar e divos as respostas e o resultado que tedes).

https://es.liveworksheets.com/jk63lh

FINISH! Por hoxe xa está ben de tanto inglés. Mañá será outro día, pero vouvos deixar descansar a semana que vén que o tedes moi merecido. Lembrade, se alguén quere seguir repasando sobre esta temática podedes ir a UNIT 4: BUILDINGS e atoparedes máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichas e por supostos os vosos libros de inglés.

Miss you,

SANDRA 😉

Posted in 3º English

DAY 3: 02/04/2020

Good morning Aarón! Good morning Icía! Good morning Carla! Good morning Adri! Good morning Sara! Good morning Zeus! Good morning Carol! Good morning Xan!

How are you? Temos inglés hoxe outra vez! Vamos alá coa clase do día 3. READY?

ACTIVITY 1: Calendar (facede clic na palabriña e de cabeza ao calendario de hoxe, igual ata tedes sorpresa nos comentarios se lle dades ata abaixo de todo a esta entrada do blog)

ACTIVITY 2: Vocabulary (outra volta máis ao vocabulario de deportes! non nos cansaremos nunca, que sodes moi pros)

ACTIVITY 3: Worksheet (aquí vos deixo unha ficha para facer online, non tedes que imprimir nin nada, xa a podedes facer directamente e cando rematedes dádeslle ao botón ao fondo da ficha e xa vos di a respostas e cantos acertos tivéstedes! A ver a cantos de vós lles acorda o “can” e o “can’t”)

https://es.liveworksheets.com/ly2151ko

FINISH!

Por hoxe todo listo! Cánto traballades! Así me gusta! Para a semana que vén déixovos descansar que o tedes máis que merecido.Se queredes seguir practicando podedes ir ao voso curso neste blog, e clicades en UNIT 4: SPORTS e atoparedes máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichiñas e incluso os vosos libros.

Miss you!

SANDRA 😉