Posted in 1º English, 2º English, 3º English, 4º English, 5º English, 6º English, Animals, Colours, Preschool, Projects

BROWN BEAR: Activities

Hello Hello! Story time! Déixovos por aquí unha recopilación de todo o material elaborado por min para acompañar esta fermosa historia duns animaliños que ven moito por eses ollos.

VOCABULARY: colours and animals (blue, purple, green, yellow, orange, red, brown, black, white, horse, cat, frog, duck, fish, bird, bear, sheep, dog, teacher, children).

GRAMMATICAL STRUCTURES: What do you see? I see a… looking at me.

STORYTELLING: Video

BOOK: libro en imaxes que podedes descargalas e ler vós mesmos o libro pasando as imaxes no ordenador ou na tablet. Ou se queredes imprimilas como vós queirades. Por se alguén se anima póñovos o enlace de Amazon para mercalo pero tamén o hai en moitas librerías locais de por aquí: AMAZON – BROWN BEAR.

Este é o enlace con todas as fichas “WORKSHEETS” relacionadas co conto “Brown Bear, Brown Bear, What do you see?”. Poño o enlace de todas xuntas e logo unha a unha.

WORKSHEET COMPILATION: Brown Bear

Agora póñovos por grupos para que vos sexan máis sinxelas de imprimir e a min máis doado de explicar o que hai que facer.

DOMINÓ desta historia: Este enlace é un dominó cun animal dun lado e coas palabras escritas do outro. O que hai que facer é imprimilo (mellor que sexa a color xa que os estamos a traballar) e recortar as pezas. Cando estean listas hai que emparellar as palabras coa imaxe do animal do que falan. Así ata conseguir xuntalas todas en ringleira.

DOMINOES – Brown Bear

PUZZLE con números e os personaxes da historia: A continuación está o enlace cos puzzles dos protagonistas da historia. Hai que imprimilos preferiblemente a todo cor e logo recortar polas liñas. Mesturámolos todos e imos buscando as pezas para facelos. É recomendable que mentras atopan as pezas digan o número que colleron en inglés e cando formen un puzzle completo digan a cor e o animal en inglés para practicalos. Podemos engadirlle máis dificultade imitando a linguaxe do conto entón preguntámoslle ao neno ou nena repetindo o seu nome dúas veces seguido da pregunta “What do you see?” e ten que responder coma no conto “I see a … looking at me”. Con isto facemos que aprendan a expresarse con confianza e seguridade en inglés.

PUZZLE LEVEL 1 – Brown Bear

PUZZLE con palabras de cores e animais desta historia: Neste puzzle de aquí é diferente ao anterior. Gústame máis porque así ven as palabras escritas e acostúmanse a poñer o adxectivo antes do nome, a cor antes do animal. Hai que imprimilo tamén, recortar as fichas, cortalas pola liña do medio e emparellar o adxectivo co animal que é. Promover que os nenos e nenas digan as palabras en voz alta e así fan que se motiven porque parece como se xa soubesen lelas en inglés eles sós.

PUZZLES LEVEL 2 – Brown Bear

MEMORY GAME cos personaxes da historia: Aquí abaixo tedes o enlace a un “MEMORY GAME”. Hai que imprimilo con cores, recortar as fichas e poñelas boca abaixo. Logo imos levantando de unha en unha e se fallamos temos que deixala boca abaixo outra vez. A finalidade é atopar as parellas. Dun lado temos a imaxe do animal e temos que buscarlle a parella coas palabras.

MEMORY GAME – Brown Bear

Posted in 5º English, 6º English

DAY 21: 12/05/2020

Hey there! English time again! It’s Tuesday and we start a new week. Are you ready? O prometido é débeda asique aquí vos deixo a historia que mais ou menos demos contado por videochamada pero todo ten solución nesta vida. Todas as actividades de hoxe van a xirar entorno a esa historia do noso animalejo favorito: Pig the Pug.

ACTIVITY 1: Calendar (non podía ser doutro xeito, aínda que teñamos unha clase algo diferente non pode faltar a nosa rutina de inglés para comezar a semana con ánimo, que despois pregúntavos Leif o venres e non sabedes contestarlle, asique practicade).

ACTIVITY 2: Storytelling (póñovos aquí o vídeo contando a historia, un pouco máis despaciño e con máis paciencia seguro que agora o entendemos mellor; vós dádelle a play e prestade atención á pronunciación).

ACTIVITY 3: Book (antes púxenvos o libro en vídeo, agora póñovolo en PDF para que o descarguedes e llo contedes a quen vós queirades que xa o saberedes de memoria e é moi sinxeliño. Podedes incluso mandarme un vídeo voso léndoo que seguro que o facedes perfecto).

PIG THE PUG – pdf

ACTIVITY 4: Worksheet (como non, agora vense a ficha de “reading comprehension”; ten o sen intríngulis pero imos collendo ritmo para ser a primeira. Explícovola por ser vós e porque estivestes moi atentos e atentas o venres. No primeiro oco da primeira ficha hai que poñer o título do libro. En “author” tedes que escribir o nome do autor ou autora. En “characters” escribides o nome dos personaxes que neste caso son dous cans, a ver se lle atopades o nome. En “description” escolledes un dos personaxes e describídelo (pensade na cor, nas partes do corpo, nos adxectivos de personalidade para dicir como é…) En “summary” un resumo cortiño da historia. En “opinion” dades a vosa opinión, como consello comezade a oración así: In my opinion this book is… (e aquí metédeslle un adxectivo: boring, interesting, good, bad, silly, funny…). En “favourite sentence” tedes que coller de todo o conto cal foi a vosa oración favorita e escribídela tal cual. En “new vocabulary” poñedes as palabras do libro que non saibades e ao lado escribídeslle o significado en castelán ou galego. Na segunda páxina desta ficha tedes preguntas sobre a lectura para ver se a entendestes ben (lembrade contestar con respostas longas por exemplo a primeira pregunta non me vale que poñades “Pig the pug” e fuera, no, no, no, no… quero unha oración “The main character is Pig the pug” e así con todas). E por último onde pón “drawing” tócavos a vós facer un debuxo relacionado coa historia, podedes copialo do libro pero despacio e centrándonos nos detalles eh? Nada de a correr e pista.)

WORKSHEET – Reading Comprehension PDF

FINISH! E con esto xa vos teño entretidos para unha temporada. Mañá máis e mellor. Ide facendo de poucos en poucos pero algo todas as semanas. E por suposto non vos esquezades de mandarme cousiñas si? Xa sabedes que vivo no meu correo electrónico: showandtext@gmail.com para ver que vén sabedes levar estes días tan diferentes.

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, 2º English, 3º English, 4º English, 5º English, 6º English, English, Preschool, Storytelling

RABBIT! RABBIT! RABBIT!

Today I bring you a new book. As always, you will find the book in PDF to download or print out and also the individual pictures of the book. And do not forget the activities which go with this book. Enjoy!

Aquí está o libro das imaxes que vedes arriba pero en versión PDF todas xuntas e para imprimir e descargar. Facede clic sobre o enlace que tedes a continuación.

RABBIT! RABBIT! RABBIT! – pdf

E por suposto a ficha de comprensión lectora ou “READING COMPREHENSION” para traballalo un pouquechiño/bastante máis en profundidade. Son dúas páxinas recomendables para imprimir. Na primeira escribimos o título, o nome do autor/a, os persoaxes da historia, unha descripción dun personaxe, un resumo, a nosa opinión, a frase favorita de todo o conto e por suposto anotamos as palabras que aprendimos novas xunto co seu significado.

WORKSHEET – reading comprehension

E propóñovos algunha manualidade a maiores, para facer desta historia un mundo novo e poder volver a contala vós mesmos con todo o material que precisedes e a quen vós queirades e tantas veces como queirades.

  • CRAFT 1: Paper Rabbit (un coello feito con papel; só se necesita un folio branco ou de calquera cor, unhas tesoiras e un rotulador para debuxarlle os ollos xigantes).
  • CRAFT 2: Rabbit Mask (por suposto non podía faltar a careta para meternos máis neste persoaxe tan especial; coma sempre recoméndovos empregar cartulina).
  • CRAFT 3: Origami Rabbit (outra manualidade faciliña, só fan falta as nosas mans e un papel branco ou de calquera cor)

E último de último para rematar, un vídeo que vos fala un pouco máis en profundidade de como son os coellos no seu día a día.

Posted in 1º English, 2º English, 3º English, 4º English, 5º English, 6º English, Books, English, Preschool

STORYTELLING

COMICS
CAT AND MOUSE: Colours
PIG THE PUG
THE COLOUR MONSTER
FRIDA KAHLO
PETE THE CAT BUTTONS
MOUSE PAINT
MAISY’S WEATHER BOOK
MUSICAL STORIES
BROWN BEAR
PIG THE STINKER
RABBIT, RABBIT, RABBIT
BOB DYLAN
PETE THE CAT SHOES
ROOM ON THE BROOM
CAT AND MOUSE: Food
OUR STORIES
MET COLOURS
PIG THE WINNER
COLLECTING CATS
COCO CHANEL
PETE THE CAT SCHOOL
SUPERBRITÁNICO
Posted in Preschool

PROJECT 2: Mouse Paint

Good morning! Hoxe tráiovos outro destes mini proxectos por se vos apetece facelo cos nenos e nenas. En todas as etapas educativas apreciamos sempre unha boa historia, un bo conto. E estes días que nos toca estar un pouquiño máis no mesmo sitio todo o día, da gusto poder viaxar polo menos a través da imaxinación. Este conto é sobre uns ratiños que se lles dou por xogar coa pintura. Sérvenos para repasar cores e aprender algunha palabriña nova.

Aquí tedes o conto narrado como vídeo (STORYTELLING), dádelle ao play para reproducir:

MOUSE PAINT – Ellen Stoll Walsh

Déixovos aquí o conto en imaxes (PICTURES) para que as vaiades pasando e tamén tedes un enlace en PDF por se o queredes descargar ou imprimir, a decisión de cada un.

MOUSE PAINT – PDF (clicade aquí para descargalo)

E para rematar con este mini proxecto non poderían faltar as nosas queridas fichas (WORKSHEET) para aqueles que queiran profundizar un pouco máis nos personaxes, no vocabulario escrito en inglés e na comprensión. Van primeiro en imaxes e logo en PDF todas xuntas.

WORKSHEET – PDF (para descargalas todas xuntas)

E por último e xa para completar máis aínda esta historia, póñovos algunhas manualidades que podedes facer para traballar a historia e volvela a contar vós. É moi sencilliña e seguro que os peques e as peques xa se saben de memoria esas cores!

MASKS (caretas):

Facede clic sobre os en laces, ao ser caretas eu recomendo ou que as imprimades directamente nunha cartulina branca tamaño A4 (se tedes, que supoño que as probabilidades son baixas) ou que as imprimades en folio e logo as peguedes nalgo máis duro (cartulina ou cartón). No caso de que non teñades, imprimídelas en folio e podedes pegala no típico pau de xeado a modo de antifaz que debería suxeitarse.

PUPPETS (marionetas):

Imprimidles esta imaxe, que coloreen os ratiños, orellas e rabos. Despois recortan (os rabos polo menos con axuda case mellor, cada un xa vai vendo). E por último péganlle os rabos e as orelliñas como vedes no debuxo e podedes facerlle bigotes.

Despídome de vós dicindo que non é obrigatorio que fagades todo. Cada un sabe o que pode e o que non pode facer e está ben. As fichas son catro en total, se non as queredes imprimir todas vós descargades o PDF no voso ordenador e cando lle dades a imprimir seleccionades as páxinas que queirades imprimir onde poña “páxinas” e poñedes os números e se é máis de unha separadas con comas e listo. Calquera problemiña que teñades vós non dubidedes en preguntarme que estou ao voso servizo no correo: showandtext@gmail.com

AHH! E se facedes algunha sacádelle foto e por supostísimo mandádema que me encanta ver aos meus nenos e nenas traballando coma sempre!

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, 2º English, Preschool

PRESCHOOL: Storytelling

Hello Hello! Aquí vos estou deixando historias e conta contos que vou recopilando mentras non subo as miñas. Son enlaces a Youtube e deberíades poder reproducilos en calquera dispositivo. Pode que algúns deles non estén dispoñibles pero intentarei estar pendente. Calquera cousa vós dicídeme que hai veces que non dou chegado a todo, xa sabedes o meu correo: showandtext@gmail.com

ORIGINAL STORYTELLING:

MUSICAL STORYTELLING: