Good morning! How are you today? I am FINE, thank you!
Outro día máis de clase de inglés! Ante xa foron moitas as actividades que fixéstedes polo tanto hoxe vamos a tomalo con máis calma e relax (si, esta última palabra é un adxectivo en inglés que usamos en galego tamén).
LET’S GO! Timer ready in…3…2…1…GO!
ACTIVITY 1: Calendar (ahí nos toca outro día máis, vouvos facer spoiler hoxe, ide ata o final desta entrada nos comentarios e veredes que eu xa fixen o calendario á perfección, a ver se alguén se anima a comentarme como está o tempo por ahí e que tal estades)
ACTIVITY 2: Vocabulary (repetimos un día máis este fermosísimo vocabulario da mellor maneira posible, é dicir, como o estades facendo, seguro)
ACTIVITY 3: Worksheet (algúns xa levástedes esta ficha para facer, outros xa a fixeron, os que a fixeron poden correxila por aquí online, os que non a fixeron poden facela online sen ter que descargala; só tedes que clicar nas caixiñas e escribir correctamente os adxectivos que están entre paréntesis e xa podedes ver as respostas cando rematedes, a ver cantas acertástedes)
https://www.liveworksheets.com/qs868si
ACTIVITY 4: Song (póñovos esta canción para que escoitedes algo en inglés, de paso, así por casual, podedes prestarlle atención porque creo que di algún adxectivo así comparando, nada do outro mundo, o que estades aprendendo bah).
FINISH!
A próxima semaniña non vos vou mandar nada polo diario, pero o que sí vos recomendo é que escoitedes e miredes todo o que poidades en inglés si? Hai que ir entrenando esas orellas!
Miss you,
SANDRA 😉