Posted in 3º English, 4º English

DAY 14: 13/05/2020

Good morning! How are you today? It’s Wednesday, no medio da semana estamos xa. Como apura a pasar o tempo, xa case hai que quitar a roupa de inverno do armario eh? Pero esperaremos a que escampe. Mentres chove nós imos facer un repasiño de como describimos a unha persoa en English.

ACTIVITY 1: Calendar (hoxe xa podedes dicir a data completa con Día da semana + Día en número + Mes, o tempo que fai, a vosa cor favorita e como estades todo seguido e con pregunta e resposta directamente)

ACTIVITY 2: Vocabulary (póñovos dous posters con mogollón de palabras que algunhas delas xa sabíades seguro e outras que podedes ir aprendendo sobre os adxectivos para describir como ten o pelo unha persoa e outro sobre as partes da cara en inglés. A ver se dou feito que os posters falen pero de momento van ter que ir así).

ACTIVITY 3: Online Worksheet (lembrámonos que as cores do pelo ou dos ollos en inglés van sempre ANTES que o nome asique en vez de dicir “pelo negro” din “negro pelo” – “black hair”, en vez de dicir “ollos marróns” din “marróns ollos” – “brown eyes” e o mesmo co resto de adxectivos, en vez de dicir “pelo longo” din “longo pelo” – “long hair”. Nesta ficha tedes que escoitar no primeiro exercicio o que din e arrastrar as palbras para a imaxe que é. No segundo tedes que arrastrar as letras para poñelas en orde e que teñan sentido.)

ONLINE WORKSHEET – describing

ACTIVITY 4: Video (por suposto, déixovos un vídeo que vos fala máis de como describimos unha persoa en inglés, con moito vocabulario que vamos a empregar nun xogo que faremos mañá pola videochamada, estade preparados e preparadas!)

Posted in 4º English, School

DAY 13: 12/05/2020

Hi there! How are you today? ENGLISH TIME! Empezamos a semana a Tuesday como sempre coas nosas clases de inglés, así de importantes somos que nos saltamos totalmente o lunes. Pois vamos ao asunto…esta semana non vai a haber conto vamos a cambiar de planes coma sempre, de entre tanto que hai para facer non nos da para aburrirnos.

ACTIVITY 1: Calendar (inicio de semana, non podíamos empezala con bo pé sen o noso prezado calendario que nos axuda a ver canto tempo levamos xa sen cole e canto vos bota de menos a vosa profe de inglés.)

ACTIVITY 2: Vocabulary (xa case non vos lembrabades destas palabrejas tan complicadas, que algunhas destas asignaturas nin tan sequera as tedes (e menos mal senón teríades que estudar máis e seguro que vos chega coas que tedes, a ver se nos van quedando de tanto repetilas).

ACTIVITY 3: Online Worksheet (co que vos encantan as fichas online non me resistín a poñervos esta, que vai totalmente co que estamos a dar. Tedes que cubrir ese texto que vos pón ahí, estades facendo amigos e amigas internacionais e esta rapariga está presentándose conforme é debido en inglés. Arrastrade as palabras que tedes arriba para o oco no que deberían ir).

ACTIVITY 4: Just Dance (e por último e a estas alturas xa nos vai facendo falta algo de marcha para mover o esqueleto, e que mellor maneira que combinando unha canción en inglés, cun videoxogo, e con bailar! NON HAI NADA MELLOR! E siii….como volo conto…no Just Dance aparécevos a letra da canción escrita, asique a ver quen se atreve agora a mandarme un vídeo bailando mentres canta a canción en inglés! Déixovos esta de exemplo e perdónovos a parte na que cantan en húngaro pero o resto de inglés está chupadísimo, pero se clicades en VIDEOS – Just Danceatoparedes unha colección dalgunhas que fun recopilando por se non vos gusta esta e queredes mandarme o vídeo si ou si).

FINISH! E así comezamos no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro outra clase máis de inglés cunha nova semana por diante con cousiñas para facer! 

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 4º English, English

EMERGENCY PLAN: Diary

Cada unha destas mochilas ten unha clase de inglés para un día. Facede clic na mochila que queirades (mellor ir por orde) e dentro atoparedes todas as actividades e xogos para ir traballando estes días.

MOCHILAS NOVIÑAS ORGANIZADAS POR SEMANAS:

—————————————————————————————————————————-

Posted in 4º English, English

4º graders: ENGLISH

Alicia, Dani, Diego, Lara, Diego, Borja e Sheyla: aquí atoparedes todo o que necesitades para seguir practicando inglés.

EMERGENCY PLAN: dentro deste Pokemon atoparedes as clases de inglés como un diario xa feitas e organizadas por min.

Se queredes practicar outras unidades, aquí abaixo tédelas todas. Facede clic sobre a que vos gustaría traballar e dentro atoparedes mogollón de xogos e recursos.

UNIT 1: Hobbies
UNIT 2: Appearance
UNIT 3: Jobs
UNIT 6: Countryside