Posted in 3º English, 4º English

DAY 14: 13/05/2020

Good morning! How are you today? It’s Wednesday, no medio da semana estamos xa. Como apura a pasar o tempo, xa case hai que quitar a roupa de inverno do armario eh? Pero esperaremos a que escampe. Mentres chove nós imos facer un repasiño de como describimos a unha persoa en English.

ACTIVITY 1: Calendar (hoxe xa podedes dicir a data completa con Día da semana + Día en número + Mes, o tempo que fai, a vosa cor favorita e como estades todo seguido e con pregunta e resposta directamente)

ACTIVITY 2: Vocabulary (póñovos dous posters con mogollón de palabras que algunhas delas xa sabíades seguro e outras que podedes ir aprendendo sobre os adxectivos para describir como ten o pelo unha persoa e outro sobre as partes da cara en inglés. A ver se dou feito que os posters falen pero de momento van ter que ir así).

ACTIVITY 3: Online Worksheet (lembrámonos que as cores do pelo ou dos ollos en inglés van sempre ANTES que o nome asique en vez de dicir “pelo negro” din “negro pelo” – “black hair”, en vez de dicir “ollos marróns” din “marróns ollos” – “brown eyes” e o mesmo co resto de adxectivos, en vez de dicir “pelo longo” din “longo pelo” – “long hair”. Nesta ficha tedes que escoitar no primeiro exercicio o que din e arrastrar as palbras para a imaxe que é. No segundo tedes que arrastrar as letras para poñelas en orde e que teñan sentido.)

ONLINE WORKSHEET – describing

ACTIVITY 4: Video (por suposto, déixovos un vídeo que vos fala máis de como describimos unha persoa en inglés, con moito vocabulario que vamos a empregar nun xogo que faremos mañá pola videochamada, estade preparados e preparadas!)

Posted in 3º English, Routines

DAY 13: 12/05/2020

Hi there! How are you today? ENGLISH TIME! Empezamos a semana a Tuesday como sempre coas nosas clases de inglés, así de importantes somos que nos saltamos totalmente o lunes. Pois vamos ao asunto…esta semana non vai a haber conto vamos a cambiar de planes coma sempre, de entre tanto que hai para facer non nos da para aburrirnos.

ACTIVITY 1: Calendar (inicio de semana, non podíamos empezala con bo pé sen o noso prezado calendario que nos axuda a ver canto tempo levamos xa sen cole e canto vos bota de menos a vosa profe de inglés. E o orgullosa que está dalgunha de vós que mellorou a calidade do noso calendario e de feito, está feita toda unha profesional de ENGLISH! Sodes uns auténticos cracks!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (xa case non vos lembrabades destas palabrejas tan complicadas, que xa non veñen dunha en unha, agora veñen tres na mesma imaxe e a ver se nos van quedando de tanto repetilas).

ACTIVITY 3: Online Worksheet (co que vos encantan as fichas online non me resistín a poñervos esta, que vai totalmente co que estamos a dar. O primeiro exercicio tedes que darlle ao botón de play que vos aparece e ir escoltando e seleccionando a imaxe da que fala. No segundo exercicio lemos o que di esa nena e ordenamos cando fai esas tarefas, se pola mañá, pola tarde ou pola noite. Facemos memoria a ver se nos acorda “in the morning” – pola mañá, “in the afternoon” – pola tarde, e “at night” – pola noite. A ficha pón TEST ahí arriba pero non lle fagades caso, sabedes que todas as tarefas que vos mando as corrixo, dentro do posible, pero NON son avaliables, así que non lle fagades ningún caso a iso).

ACTIVITY 4: Just Dance (e por último e a estas alturas xa nos vai facendo falta algo de marcha para mover o esqueleto, e que mellor maneira que combinando unha canción en inglés, cun videoxogo, e con bailar! NON HAI NADA MELLOR! E siii….como volo conto…no Just Dance aparécevos a letra da canción escrita, asique a ver quen se atreve agora a mandarme un vídeo bailando mentres canta a canción en inglés! Déixovos esta de exemplo e perdónovos a parte na que cantan en húngaro pero o resto de inglés está chupadísimo, pero se clicades en VIDEOS – Just Dance atoparedes unha colección dalgunhas que fun recopilando por se non vos gusta esta e queredes mandarme o vídeo si ou si).

FINISH! E así comezamos no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro outra clase máis de inglés cunha nova semana por diante con cousiñas para facer!

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 3º English, English, Sports

DAY 2: 01/04/2020

Good morning Adri! Good morning Sara! Good morning Xan! Good morning Carla! Good morning Aarón! Good morning Zeus! Good morning Icía! Good morning Carol!

How are you? I am HAPPY.

Vamos alá con outra clase de inglés, hoxe vai estar chupada! Xa o veredes! READY?

ACTIVITY 1: Calendar (facede clic aquí e levaravos ao calendario da clase, hoxe cada un de vos é un encargado, asique dicide todas as palabras ben eh? e en voz moi alta, para que se vos escoite todo o listos que sodes!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (clicade na palabra e a repasar o vocabulario de “sports”, intentade poner pronunciación como se forades totalmente ingleses)

ACTIVITY 3: Song (aquí tedes unha canción sobre “sports” para escoitar as palabras que seguro pronunciastedes fenomenal antes, a que si?)

ACTIVITY 4: Online Game (clicade e levaravos a un xogo, é unha sopa de letras ou como lle chaman en inglés “wordsearch” e tedes que atopar todas as palabras que aparecen á dereita, algunhas son incluso noviñas de todo para nós; así aprendemos aínda máis!)

FINISH! Great job!

Ata aquí a clase de inglés de hoxe! Se queredes seguir practicando podedes ir ao voso curso neste blog, e clicades en UNIT 4: SPORTS e atoparedes máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichiñas e incluso os vosos libros.

See you tomorrow!

Love you a lot!

SANDRA 😉