Posted in 1º English, Animals

DAY 10: 13/05/2020

Hello kids! How are you? Voltamos outra vez con máis English para que non vos aburrades nin un pouquiño sequera. Así que remangádevos e vamos alá…

ACTIVITY 1: Calendar (coma sempre continuamos co calendario, xa sabedes, unha vez á semana facédelle casiño e escoitade e repetide os sete días da semana, os doce meses do ano, os trinta e un días do mes, Ánimo!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (hoxe non vos vou poñer o vocabulario de sempre, póñovos un xogo para praticalo, que a estas alturas saberedes os animalejos de memoria seguro. Pronto cambiaremos de temática para que non se nos faga tan rutinario).

ACTIVITY 3: Activity Book (open the WHITE and RED book on page 44; abride o libro Branco e vermello na páxina 44. Vamos alá con esta actividade: tedes que repasar a palabra de puntiños e mirando os debuxos tedes que escribir o nome dos animais en inglés. E se queredes coloreades todos os debuxiños da historia de Tiger. Volvo a poñervos a historia a todo color porque non podo estar ahí para dicirvos a modo de dictado as cores para repasalas; se algún papá ou mamá se anima é irlle dicindo “The tiger is orange with black stripes”. “The elephant is grey”. “The giraffe is yellow with brown spots”. “The snake is green”. “The monkey is brown”. “The mouse is grey”. E practicar a destreza de escoitar e de comprender. Tamén podedes ensinarlle a páxina da historia a todo color e irlle preguntando: “What colour is the mouse?”, “What colour is the giraffe?” e así con todos para que os lembren. Pero xa sabedes, o que vós poidades que eu adáptome aos vosos contextos.)

ACTIVITY BOOK – PAGE 44 (non é para imprimir, é para que vexades que páxina é)

ACTIVITY 4: Just Dance (e como ben di o nome deste xogo, “só baila”. E iso é o que vos pido aquí! Como estamos coa temática de animais e o voso profe David é super guai e xa vos dou caña cos bailes eu vouvos poñer outro tamén. Pero con algunha que outra condición, porque resulta que este xogo é tan divertido que ata ten as letras das canción, e eu que son moito de escoitar e aprender pois vouvos pedir que vos aprendades a letra faciliña desta canción (xa vos aviso que hai unha parte en húngaro que lógicamente non fai falla que vos saibades pero a de inglés siiii) que vai sobre un “BEAR” ou o que é o mesmo, un oso. Seguro que xa vos soa, asique veña, collede todo o tempo que precisedes para aprendela pero cando saibades o baile e a letra mandádeme o vídeo que teño moita gana de vervos!! coma sempre, sabedes que vivo neste correo: showandtext@gmail.com)

FINISH! Esta semana finiquitada, e unha menos queda para poder voltar a estar todos xuntiños. Espero ter noticias vosas e que estedes a xogar tanto ou máis que do que estrades traballando. Por certo, se esa canción non vos gusta será pola morea de elas que hai, en VIDEOS – Just Dance no blog tedes unha recopilación que vos escollín por se vos apetece, algunha igual vos soa a Nadal e todo. Vós escollede unha e mandarme video de como a cantades e a bailades.

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, Games

GAMES: 1st Graders

  • CALENDAR:
  • COLOURS:
  • NUMBERS:
  • SCHOOL:
  • FAMILY:
  • ANIMALS:

Posted in 1º English, School

GAMES: School Supplies

REVIEWING COLOURS AND NUMBERS:

Posted in 1º English, English, Family

DAY 2: 1/04/2020

Good morning Celia! Good morning Xoel! Good morning Xandre! Good morning Lía!

How are you? I am HAPPY!

Vamos a preparar a clase de hoxe de inglés. READY? Catro actividades faciliñas de todo e que facedes seguro rapidísimo:

ACTIVITY 1: Calendar (calendario da clase, hoxe cada un de vós é o encargado, a decir as palabriñas todas moi alto para que se escoiten)

ACTIVITY 2: Vocabulary (facede clic na palabra “vocabulary” e repasamos as palabras de vocabulario tamén en voz alta)

ACTIVITY 3: Song (facede clic na palabra “song” e escoitamos esta canción para repasar que xa sabemos todo o que están a dicir e intentamos cantarla que hoxe fai moi bo día)

ACTIVITY 4: Online Game (vamos a xogar a un xogo, dádelle ao botón de play e escoitade o que di para arrastrar a palabra ao seu ladiño)

Se queredes seguir traballando sobre este vocabulario ide á UNIT 4: FAMILY e atoparedes as palabras, máis xogos, máis vídeos, os vosos libros e incluso fichas .

FINISH! GOOD JOB!

See you next week!

Love you very much!

SANDRA 😉

Posted in 1º English

EMERGENCY PLAN: Diary

Estas mochiliñas van a ser o noso diario. Hoxe teríades clase de inglés. Facede clic no día que queirades, recoméndovos que vaiades por orde. E xa sabedes, calquera dúbida ou cousiña que vos ocorra a vosa teacher está aquí para axudarvos. Mandádelle un correo sen falta: showandtext@gmail.com