Posted in 3º English, Sports

DAY 6: 16/04/2020

Good morning or good afternoon! How are you? I am fine, thank you. ENGLISH TIME! Vamos a ver que se cuece hoxe na clase de inglés. É o último día que vamos a practicar SPORTS, a unidade 4, vamos a cambiar de tema que xa debedes estar aburridos deste e vámolo facer por todo lo alto: día de xogos (e unha ficha por si las moscas XD)

READY? 3…2…1….timer 50 minutes….GOOOOOOO!

ACTIVITY 1: Calendar (seguimos co estreno estelar do calendario, que espero que vos gustase máis que o anterior e non se vos faga moi pesado; e se se vos fai moi pesado intentade aguantar un pouquiño que dentro de pouco de tanto repetilo ides dar as noticias vós en vez dos da tele).

ACTIVITY 2: Game 1 (clicade no enlace e a practicar o vocabulario, este é super faciliño, ademais seguro que xa tedes práctica con el, que estades feitos uns gamers).

ACTIVITY 3: Worksheet (aquí abaixo tedes os dous links para a mesma ficha, xa sabedes, un para facer dende o ordenador e outro para imprimir, escollede un dos dous segundo vos veña mellor, e se non dades entrado dicídemo porfis que o intento arranxar).

WORKSHEET 1 – online (este enlace para facer no ordenador)

WORKSHEET 1 – print out (clicar neste enlace para descargar e imprimir)

ACTIVITY 4: Game 2 (dádelle clic á palabreja e vamos a ver que tal foron os puzzles de onte, porque hoxe teñen que estar xa repasadísimos, e por encima estes son os máis fáciles).

ACTIVITY 5: Game 3 (facendo clic teredes outro xogo de facer puzzles, pero ollo, este é o nivel 2, algo máis dificilillo…a ver que puntuación sacades! Escribídemas nos comentarios abaixo).

ACTIVITY 6: Game 4 (por se non é suficiente cos deportes que demos no cole, ampliamos vocabulario con esta sopa de letras e así aprendemos algo novo; esta páxina é distinta, cando a abra tedes que darlle para abaixo ata atopar o xogo onde haxa un pulpo, ciliade no botón verde de PLAY e a darlle caña).

FINISH! Hoxe foron moitas cousas, se non o queredes ou non podedes facelo todo non pasa nada, ata o martes da semana que vén non volvemos ter inglés, podedes ir dosificando todo o material que tedes da UNIT 4. Por certo, xa que imos cambiar de temática, déixovos o enlace AQUÍ para que repasedes cantas veces queirades a unidade anterior. Sigo a traballar no blog para metervos cousiñas e prométovos que algún día ides ter de todo nel.

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 3º English, Sports

DAY 5: 15/04/2020

Hello hello! How are you today? I am super happy. It’s English time!

Outro día que comeza con máis clases de inglés. A de hoxe é algo especial porque estrenamos unha cousa nova, a ver se sabedes cal é? READY?

3…2…1…GOOOOO! counting 50 minutes

ACTIVITY 1: Calendar (clica na palabriña e levarate a unha gran sorpresa. SIII!! Temos calendario novo! Agora xa me podedes escoitar rosmar en inglés o noso prezado calendario. Tarda en cargar…seguro, pero o bo faise esperar. Non vos queda outra que aguantarvos, escoitarme e contestarme, non me deixedes ahí coa palabra na boca eh?)

ACTIVITY 2: Vocabulary (clica no enlace e a seguir dándolle voltas ás palabriñas de SPORTS que non nos cansaremos nunca de velas, a que non? Veña que en canto teñamos novidades cambiamos).

ACTIVITY 3: Worksheet 1 (coma onte, dous enlaces tedes abaixo, un para facer a ficha online e outro coa mesma ficha pero para imprimila; dádelle ao que mellor vos veña)

WORKSHEET 1 – online (para facer no ordenador, tablet ou móbil)

WORKSHEET 1 – print out (para descargar e imprimir)

ACTIVITY 4: Worksheet 2 (o mesmo ca antes, outros dous enlaces abaixo para facer a mesma ficha, escollede un e a por ela)

WORKSHEET 2 – online (enlace para facer a ficha no ordenador, tablet ou móbil)

WORKSHEET 2 – print out (enlace para descargar a mesma ficha e imprimila en papel)

ACTIVITY 5: Game (cambiamos de xogo, clicade na palabriña e hoxe vamos mais alá, que vos parece unha competición de puzzles? deixádeme as puntuacións nos comentarios aquí abaixo, a ver quen é o campión ou campiona dos puzzles)

Posted in 3º English, Sports

DAY 4: 14/04/2020

Good morning kids! How are you today? I am happy and tired.

Volvemos ás andadas con inglés! Xa me botabades de menos a que si? Pois aquí estou outra vez! Listos para a nosa clase? Cronómetro de 50 minutos…READY!

ACTIVITY 1: Calendar (clicade sobre a palabra e dicide o calendario en voz alta; hoxe é o último día deste calendario, dentro de pouco teredes con quen falar en inglés; estade pendentes)

ACTIVITY 2: Vocabulary (facede clic e dicide o vocabulario a ver se vos acorda, probade a escribir as palabras nunha folliña en branco antes de nada a ver cantas faltas mal escritas hai por ahí)

ACTIVITY 3: Game (facede clic e a practicar xogando ese vocabulario, todo o mundo ten dereito a divertirse algo tamén; a ver que vos parece e que puntuación sacades eh?)

ACTIVITY 4: Worksheet (facede clic e teredes dúas opcións para elixir: unha opción para abrir a ficha e facela online usando o ordenador, a tablet ou o mobil; outra opción para descargala, imprimila e facela en lapis e papel. Escollede a que mellor vos veña, pensade no cansos que poden estar os vosos ollos hoxe de tanto mirar para as pantallas ou da importancia que ten reciclar e non tirar papel que só vamos a empregar unha vez. As dúas opcións son válidas, clicade sobre a que queirades).

Worksheet 1 – online (para facer no ordenador, tablet ou mobil e dádeslle no final a “FINISH” e xa vos corrixe a ficha que fixéstedes)

Worksheet 1 – print out (para imprimir)

ACTIVITY 5: Song (a relaxarse escoitando música, iso si, sempre en inglés).

FINISH! Por hoxe xa está a clase feita e doume por satisfeita. Ide botándolle un ollo estes días ao blog, mirando por ahí que seguramente vexades cousiñas novas coas que xogar e seguir aprendendo.

Love you,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 3º English, English, Sports

DAY 2: 01/04/2020

Good morning Adri! Good morning Sara! Good morning Xan! Good morning Carla! Good morning Aarón! Good morning Zeus! Good morning Icía! Good morning Carol!

How are you? I am HAPPY.

Vamos alá con outra clase de inglés, hoxe vai estar chupada! Xa o veredes! READY?

ACTIVITY 1: Calendar (facede clic aquí e levaravos ao calendario da clase, hoxe cada un de vos é un encargado, asique dicide todas as palabras ben eh? e en voz moi alta, para que se vos escoite todo o listos que sodes!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (clicade na palabra e a repasar o vocabulario de “sports”, intentade poner pronunciación como se forades totalmente ingleses)

ACTIVITY 3: Song (aquí tedes unha canción sobre “sports” para escoitar as palabras que seguro pronunciastedes fenomenal antes, a que si?)

ACTIVITY 4: Online Game (clicade e levaravos a un xogo, é unha sopa de letras ou como lle chaman en inglés “wordsearch” e tedes que atopar todas as palabras que aparecen á dereita, algunhas son incluso noviñas de todo para nós; así aprendemos aínda máis!)

FINISH! Great job!

Ata aquí a clase de inglés de hoxe! Se queredes seguir practicando podedes ir ao voso curso neste blog, e clicades en UNIT 4: SPORTS e atoparedes máis palabras, máis xogos, máis vídeos, mogollón de fichiñas e incluso os vosos libros.

See you tomorrow!

Love you a lot!

SANDRA 😉

Posted in 3º English, Levels 3 - 4, Sports, Vocabulary, Vocabulary Games

3º ENGLISH TIME!

My dearest students!

How are you?

Carol, Carla, Adri, Xan, Zeus, Sara, Aarón and Icía, these resources are for you. Keep up your English!

CALENDAR ROUTINE:

DAILY ROUTINE

Podéis dejarme las respuestas a las preguntas en los comentarios abajo 😉

WORKSHEETS:

SPORTS – Worksheets

ONLINE GAMES:

GAME 1: Match the word with the picture

ONLINE RESOURCES:

GAME 1: Choose the correct word

GAME 2: Choose the right answer

GAME 3: Make a sentence

GAME 4: Sports crossword

GAME 5: Sports word search

VIDEOS:

Posted in Board Games, Games, Sports

BOARD GAME: Sports

It’s still summer holidays in Spain so I’m uploading some of the resources that I used in the past year with my students. I created these “board games” in order to review the vocabulary with them, so they had to roll the dice and say the word in English. It can be used in different languages.

Piece of advice, print it on a A3 cardboard and then laminate it. It will last longer.

I am going to upload a few more entries with this type of game using different topics.

As always, I hope you find this entry useful and helpful to give the language a big push.

Have fun!

Board game - SPORTS.jpg


Aún seguimos de vacaciones de verano en España así que aprovecho para subir algunos de los recursos que he usado en el curso anterior con mis alumnos y alumnas. He creado estos “juegos de mesa” para repasar el vocabulario con ellos, tenían que tirar el dado y decir la palabra en inglés. Puede usarse con idiomas distintos.

Como consejo, imprimirlo en una cartulina A3 y luego plastificarlo. Durará mucho más.

Voy a subir algunas entradas más con este tipo de juego usando diferentes temáticas.

Como siempre, espero que lo encontréis útil y de gran ayuda para darle al idioma un gran empujón.

¡Divertiros!

BOARD GAME: Sports