Posted in 4º English, School

DAY 13: 12/05/2020

Hi there! How are you today? ENGLISH TIME! Empezamos a semana a Tuesday como sempre coas nosas clases de inglés, así de importantes somos que nos saltamos totalmente o lunes. Pois vamos ao asunto…esta semana non vai a haber conto vamos a cambiar de planes coma sempre, de entre tanto que hai para facer non nos da para aburrirnos.

ACTIVITY 1: Calendar (inicio de semana, non podíamos empezala con bo pé sen o noso prezado calendario que nos axuda a ver canto tempo levamos xa sen cole e canto vos bota de menos a vosa profe de inglés.)

ACTIVITY 2: Vocabulary (xa case non vos lembrabades destas palabrejas tan complicadas, que algunhas destas asignaturas nin tan sequera as tedes (e menos mal senón teríades que estudar máis e seguro que vos chega coas que tedes, a ver se nos van quedando de tanto repetilas).

ACTIVITY 3: Online Worksheet (co que vos encantan as fichas online non me resistín a poñervos esta, que vai totalmente co que estamos a dar. Tedes que cubrir ese texto que vos pón ahí, estades facendo amigos e amigas internacionais e esta rapariga está presentándose conforme é debido en inglés. Arrastrade as palabras que tedes arriba para o oco no que deberían ir).

ACTIVITY 4: Just Dance (e por último e a estas alturas xa nos vai facendo falta algo de marcha para mover o esqueleto, e que mellor maneira que combinando unha canción en inglés, cun videoxogo, e con bailar! NON HAI NADA MELLOR! E siii….como volo conto…no Just Dance aparécevos a letra da canción escrita, asique a ver quen se atreve agora a mandarme un vídeo bailando mentres canta a canción en inglés! Déixovos esta de exemplo e perdónovos a parte na que cantan en húngaro pero o resto de inglés está chupadísimo, pero se clicades en VIDEOS – Just Danceatoparedes unha colección dalgunhas que fun recopilando por se non vos gusta esta e queredes mandarme o vídeo si ou si).

FINISH! E así comezamos no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro outra clase máis de inglés cunha nova semana por diante con cousiñas para facer! 

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 4º English, English, School

DAY 9: 23/04/2020

Good morning! Aquí estou outra vez con outras actividades para facer hoxe. Xa sabedes, ide facendo pouquiño a pouco e se tedes dúbidas aquí tedes o meu correo para calquera cousa: showandtext@gmail.com Lémbrovos que onte puxen un horario que podedes cubrir coas asignaturas traducidas, así teredes un horario en galego e outro en inglés. Gustaríame moito ver como vos quedaron.

READY? 3…2…1…GOOOOOO

ACTIVITY 1: Calendar (a estas alturas xa vos considero uns profesionais do calendario, igual dentro duns días vos cambio a outro para que non teñades aburrido este; ídeme dicindo que tal vos parece)

ACTIVITY 2: Vocabulary (esta semana é o último día que temos inglés, asique ide a tope coas palabras que ata martes non as volvedes ver; non vaia a ser que as botedes de menos pero estou segura de que non porque o de “English” seguro seguro que o facedes todos os días a que si?)

ACTIVITY 3: Worksheet (esta vez só vos poño unha ficha para facer e é para facer soamente online, entrades e tedes exercicios para ir resolvendo. No primeiro hai que arrastrar as palabras debaixo de cada debuxo. No segundo mirar as caritas e clicar en se lle gusta ou non dependendo dos emojis que teñan ao lado).

WORKSHEET 1 – online  (enlace para facer no ordenador, tablet ou móbil)

ACTIVITY 4: Game 1 (este xogo de hoxe é un pouquechiño máis difícil que os que fixéstedes ata agora. Tedes que escoitar o que digo, e seleccionar unha das opcións que tedes. Fixádevos ben na imaxe e seguro que o rematades en tres segundos. O importante é que repitades moito para non esquecer que sabedes falar inglés tamén. GOOD LUCK!)

FINISH! Ata a semana que vén que virán clases mellores e fresquiñas para seguir aprendendo inglés xuntos dende a distancia. Que ganiñas de vervos a todos e a todas!

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 4º English, English, School

DAY 8: 22/04/2020

Good morning! How are you today? Non me respondades, gardádeo para o calendario. IT’S ENGLISH TIME AGAIN! Today is Wednesday. Aquí tedes as actividades que vos propoño para hoxe.

ACTIVITY 1: Calendar (comezamos co noso adorable e para nada repunante calendario, levade con paciencia os números ata o 31 e repetídeos por suposto).

ACTIVITY 2: Vocabulary (seguimos practicando o vocabulario, dicindo comigo cada unha das palabras, para que non se nos escapen da cabeza e fixándonos sobre todo en como se escriben; xa sabedes que os ingleses non escriben igual que falan, senón sería moi fácil).

ACTIVITY 3: Timetable (tedes versión para descargar e imprimir e versión para facer online aquí abaixo; clicade na que vós queirades. O que tedes que facer? Pois escribir antes de nada nos recadriños de cores monísimas os días da semana, que non vos acordan? Ide ao calendario e non me sexades trampulleiros e trampulleiras! E despois completades co voso horario de clase as asignaturas en inglés claro! TIP: sociais en inglés dise “social science” pero podedes poñerlle “geography” ou “history” que dadas nesa materia; e naturais dise “natural science” pero podedes ponerlle “science”). Ensinádeme a ver que chulos vos quedaron. Se queredes tamén podedes debuxar un vós! Anímovos a que sexades creativos e creativas.

TIMETABLE – online (aquí para facer no ordenador, tablet ou móbil)

TIMETABLE – print out (aquí para descargar e imprimir na casa)

ACTIVITY 4: Game (toca relax e volta á calma, repasando máis vocabulario pero desta vez máis divertido, cun xogo! Apetécevos unha partida de puzzles? Tan de moda nestes días de confinamento, pois a profe de inglés dixo: “seguro que queren MÁIS puzzles que non han ter abondo”; xa me contaredes que puntuación tedes ao final!).

FINISH! Clase rematada e a outra cousa. Como vos digo sempre, estas actividades son voluntarias para quen as poida facer. Eu anímovos a seguilas xa que só tedes que darlles clic aos enlaces. Ultimamente o Internet está a facer das súas, pero con paciencia e calma que tempo temos de sobras. Se precisades de axuda ou non entendedes calquera cousa xa sabedes onde atoparme (no correo ou coma hoxe, retransmitindo en directo).

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 4º English, English, School

DAY 7: 21/04/2020

Good morning! How are you today? Estiven recibindo noticias dalgúns de vós estes días e estou moi contenta por ver que seguides a mellorar o inglés. Vou algo despacio coas corrección pero pronto as mandarei de volta. Seguide así!

IT’S ENGLISH TIME! Coma todos os Tuesdays, asique vamos a por unha unidade nova, si como ledes, comezamos unha unidade diferente e está é a UNIT 5: SCHOOL SUBJECTS (ou o que é o mesmo, as asignaturas do cole). Let’s go! A darlle caña ao vocabulario.

ACTIVITY 1: Calendar (comezamos co calendario coma sempre, espero que lle sigades tendo tanto cariño como ao que facíamos na clase)

ACTIVITY 2: New vocabulary (como xa vos dixen, palabras novas para aprender, tedes que clicar nas imaxes e repetir o que vou dicindo eu, tede coidado porque incluso vos puxen 3 niveis que van sendo cada vez máis difíciles, a ver que resultado tedes esta vez).

ACTIVITY 3: Worksheet (non nos esquezamos de escribir as palabras relucientes que acabades de aprender; agora que as sabedes dicir, a practicar como se escriben a ver se nos vai chegar unha carta en inglés e non sabemos o que pón).

WORKSHEET 1 – online (versión para facer no ordenador, tablet ou móbil; dádelle ao botón azul “FINISH” senón non vexo que tal vos foi)

WORKSHEET 1 – print out (versión para descargar e imprimir; mandádema por correo se a facedes escrita e con boa letra eh?, podedes pegala na libreta de inglés se a tedes por ahí).

ACTIVITY 4: Activity Book (os que teñan o “Activity Book” na casa abrímolo pola páxina 5 (open the book on page number five) e facemos o exercicio 1 desa páxina; déixovola aquí abaixo por se queredes facelos online ou descargala, non teñen moi boa calidade pero é o que hai 😉 )

ACTIVITY BOOK – Page 5 (enlace para descargar e imprimir ou ver)

ACTIVITY BOOK – Page 5 (enlace para facer online só o exercicio 1)

FINISH! Como me gusta a min aprender cousas novas todos os días! Se tedes calquera dúbida xa sabedes o meu correo, vémonos prontiño.

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 1º English, School

GAMES: School Supplies

REVIEWING COLOURS AND NUMBERS: