Posted in 3º English, Routines

DAY 13: 12/05/2020

Hi there! How are you today? ENGLISH TIME! Empezamos a semana a Tuesday como sempre coas nosas clases de inglés, así de importantes somos que nos saltamos totalmente o lunes. Pois vamos ao asunto…esta semana non vai a haber conto vamos a cambiar de planes coma sempre, de entre tanto que hai para facer non nos da para aburrirnos.

ACTIVITY 1: Calendar (inicio de semana, non podíamos empezala con bo pé sen o noso prezado calendario que nos axuda a ver canto tempo levamos xa sen cole e canto vos bota de menos a vosa profe de inglés. E o orgullosa que está dalgunha de vós que mellorou a calidade do noso calendario e de feito, está feita toda unha profesional de ENGLISH! Sodes uns auténticos cracks!)

ACTIVITY 2: Vocabulary (xa case non vos lembrabades destas palabrejas tan complicadas, que xa non veñen dunha en unha, agora veñen tres na mesma imaxe e a ver se nos van quedando de tanto repetilas).

ACTIVITY 3: Online Worksheet (co que vos encantan as fichas online non me resistín a poñervos esta, que vai totalmente co que estamos a dar. O primeiro exercicio tedes que darlle ao botón de play que vos aparece e ir escoltando e seleccionando a imaxe da que fala. No segundo exercicio lemos o que di esa nena e ordenamos cando fai esas tarefas, se pola mañá, pola tarde ou pola noite. Facemos memoria a ver se nos acorda “in the morning” – pola mañá, “in the afternoon” – pola tarde, e “at night” – pola noite. A ficha pón TEST ahí arriba pero non lle fagades caso, sabedes que todas as tarefas que vos mando as corrixo, dentro do posible, pero NON son avaliables, así que non lle fagades ningún caso a iso).

ACTIVITY 4: Just Dance (e por último e a estas alturas xa nos vai facendo falta algo de marcha para mover o esqueleto, e que mellor maneira que combinando unha canción en inglés, cun videoxogo, e con bailar! NON HAI NADA MELLOR! E siii….como volo conto…no Just Dance aparécevos a letra da canción escrita, asique a ver quen se atreve agora a mandarme un vídeo bailando mentres canta a canción en inglés! Déixovos esta de exemplo e perdónovos a parte na que cantan en húngaro pero o resto de inglés está chupadísimo, pero se clicades en VIDEOS – Just Dance atoparedes unha colección dalgunhas que fun recopilando por se non vos gusta esta e queredes mandarme o vídeo si ou si).

FINISH! E así comezamos no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro outra clase máis de inglés cunha nova semana por diante con cousiñas para facer!

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 3º English, English, Routines

DAY 9: 23/04/2020

Good morning! Aquí estou outra vez con outras actividades para facer hoxe. Xa sabedes, ide facendo pouquiño a pouco e se tedes dúbidas aquí tedes o meu correo para calquera cousa: showandtext@gmail.com

READY? 3…2…1…GOOOOOO

ACTIVITY 1: Calendar (a estas alturas xa vos considero uns profesionais do calendario, igual dentro duns días vos cambio a outro para que non teñades aburrido este; ídeme dicindo que tal vos parece)

ACTIVITY 2: Vocabulary (esta semana é o último día que temos inglés, asique ide a tope coas palabras que ata martes non as volvedes ver; non vaia a ser que as botedes de menos pero estou segura de que non porque o de “have breakfast” seguro seguro que o facedes todos os días a que si?)

ACTIVITY 3: Worksheet (Son dous folios que tedes que completar coas palabras de vocabulario e a maiores pedinvos que empregárades tamén as expresións “in the morning” para dicir que pasa pola mañá; “in the afternoon” para dicir que pasa pola tarde e “at night” para dicir que pasa á noite. Vós fixádevos no exemplo e tedes que facer o mesmo con todas. Podedes traducilas ao castelán ou ao galego, o importante é que as poñades en inglés).

WORKSHEET 1 – online 1 (enlace para facer no ordenador, tablet ou móbil da 1º ficha)

WORKSHEET 1 – online 2 (enlace para facer no ordenador, tablet ou móbil da 2º ficha)

WORKSHEET 1 – print out (aquí están as dúas fichas xuntas para descargar e imprimir)

ACTIVITY 4: Game 1 (este xogo de hoxe é un pouquechiño máis difícil que os que fixéstedes ata agora. Tócavos escribir! Si, tooooodas as palabras de vocabulario perderon letras, e vós sodes os encargados de atoparllas para que poidan estar completas. Facede clic nos ocos e escribide cada unha das letras en maiúscula. GOOD LUCK!)

FINISH! Ata a semana que vén que virán clases mellores e fresquiñas para seguir aprendendo inglés xuntos dende a distancia. Que ganiñas de vervos a todos e a todas!

Greetings,

TEACHER SANDRA 😉

Posted in 3º English, English, Routines

DAY 8: 22/04/2020

Hello Hello! How are you today? Non me respondades, deixádeo para o calendario, non quero que vos cansedes antes de empezar a clase. It’s Wednesday and IT’S ENGLISH TIME! Aquí ven outra clase tranquiliña e relaxante de inglés, asique agarrádevos forte que alá vamos.

ACTIVITY 1: Calendar (outro día máis facemos clic sobre o noso querido calendario, tede paciencia cos 31 números e ídelle dando con calma).

ACTIVITY 2: Vocabulary (continuamos repasando as novas palabras de ROUTINES, que seguro que hoxe xa as sabedes todas, ou non? seguro que non vos acorda unha delas, cal será, cal será, seguro que a de “put on your pyjamas” que non estamos de pyjamas estos días nin nada).

ACTIVITY 3: Song (e para rematar unha canción cos días da semana, que seguro que non estades cansos de repetidos nin nada no calendario; pero que vos parece se os escribides nun folio con letras bonitas? e se aprendedes a canción xa sería xenial, así que dádelle ao play tantas veces como queirades, porque é tan pegadiza como “baby shark”, avisados quedades. Por certo, se vos fixades os ingleses empezan a semana en “Sunday”).

ACTIVITY 4: Worksheet (sabedes que? aquí ven outra ficha, esta vez vamos a repasar os DAYS of the week en inglés, que nunca sobra. Despois da canciocilla que vos esperabades? Un xogo? Pois non! Fichaaaaa)

WORKSHEET 1 – online (para facela online e non vos esquezades de premer “FINISH”)

WORKSHEET 1 – print out (para descargala e imprimila e podedes mandarma por correo)

ACTIVITY 5: Game (a mediados de semana non vos iba mandar seguido ficha, ficha, ficha- que se queredes tamén vos mando sen problema, pero hoxe ides repasar con un xogo, que sempre apetece máis e estades feitos uns profesionais).

FINISH! Xa está ben de tanto inglés por hoxe, a outra cousa vos deixo. Vémonos pronto!

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉